CLUB DE LECTURA: LEO, LEO....QUE LES?
Camiña sempre pola vida como si tiveses algo novo que aprender e faralo.
Vernon Howard.
A entrada do novo ano trouxo consigo novos propósitos e horizontes.
Entramos así no 2022 dándolle a benvida ao club de lectura LEO, LEO...QUE LES?
As primeiras sesións, as citas inaugurais, dos grupos de 3º, 4º , 5º e proximamente 6º espertaron no alumnado un amplo abano de emocións e sentimentos positivos; dende a ilusión, a intriga, a esperanza, pasando pola maxia e a curiosidade ata a atracción e motivación pola lectura.
Neste senso, cabe destacar que un club de lectura reporta innumerables beneficios:
- Ler en compañía divirte, multiplica os matices e expande horizontes.
- Fainos coñecer diversos puntos de vista, potenciando a empatía.
- Ábrenos os ollos fronte a xéneros literarios que tal vez non nos asomaramos por iniciativa propia.
- Permite aprender e desenvolver habilidades sociais e comunicativas para a vida persoal.
Son tanto, deste xeito, as vantaxes que ofrece como as actividades que nel se poden desenvolver. Deixámosvos coa reportaxe gráfica das sesións de apertura do CLUB. (Fai clic no enlace)
Club de Lectura: 3º As viaxes de Ruki.
Club de Lectura 4º: Pan con chocolate
Club de Lectura 5º: Douche a miña palabra.
Lembrade que mensualmente irémosvos contando novos capítulos desta fascinante aventura.
Deica logo!!