DÍA DAS BIBLIOTECAS
24 DE OUTUBRO DE 2024
DÍA DAS BIBLIOTECAS
24 DE OUTUBRO DE 2024
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS DA BIBLIOTECA:
Durante as primeras semanas do cole leváronse a cabo sesións de formación para usuarios/as da biblioteca, adaptadas a súa idade e os obxectivos a perseguir. Cos máis pequeniños/as traballamos as normas da biblioteca, o coidado do material e a través da lectura dun conto ("El pollo Pepe y los colores", "A vaca que puxo un ovo"...) intentamos ensinarlles as partes dun libro (portada, contraportada, lombo, etiqueta ou "tejuelo"...) así como o significado das palabras autor/a e ilustrador/a.
Cos mais maiores, ademais de repasar todo o anterior, as actividades propostas tiveron relación coa organización e interpretación da CDU, a comprensión da información que conteñen as etiquetas, e a búsqueda de información a partir dun sumario ou índice.
Finalmente entregouselle ao alumnado un tríptico coa información máis relevante relacionada coa biblioteca para a súa aula.
BENVIDA AO CURSO 2024-2025
HORA DE LER: UNHA NOVA LECTURA EN ESCENA.
A VIAXE DAS BOLBORETAS
Agora a misión é ir visitar a Xalín á biblioteca e escoller libros ben divertidos para pasalo xenial todos os días na hora de ler. Lembrade: sempre despois do tempo de lecer.
O pasado martes, 18 de Marzo tivemos a sorte e o pracer de poder levar a cabo o II Encontro Interxeracional, dentro da actividade " C...