jueves, 24 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS


DÍA DAS BIBLIOTECAS 

24 DE OUTUBRO DE 2024

 


Hoxe 24 de Outubro, é o DÍA DAS BIBLIOTECAS, unha conmemoración que se ven celebrando dende 1997 impulsada pola "Asociación de Amigos del libro infantil y juvenil" en recordo da destrución da biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico. 
Todas as bibliotecas cumpren múltiples funcións: patrimoniais e culturais, sociais e educadoras. Especiais son as bibliotecas escolares, por ser as primeiras que acollen aos nenos/as;  as primeiras que lles aprenden a usar outras despois, e porque nese espazo comparten momentos de lecer e pracer arredor dun eixe central: a lectura. 

Xalín, abriunos así hoxe as portas da súa casiña, a nosa biblioteca, para permanecer nela e desfrutar todo o período de lecer se o desexamos. Nela, este ano contaremos con algunhas sorpresas, que non teredes outro remedio que vir para descubrir; como hoxe o fixeron quenes a visitaron. 






Este día tamén foi especial grazas a invitación por parte da Biblioteca Municipal para asistir a dous contacontos dentro do seu proxecto "Ler conta moito": A fada do saco verde, con Aida Cobas e Contábanmo na casa con Carlos Alba. 





Moitísimas grazas. Gocemos da maxia da lectura!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

HORA DE LER: XALÍN CONVÍDANOS A VIAXAR A TRAVÉS DA LECTURA

  VIAXAMOS A TRAVÉS DA LECTURA: HORA DE LER Hoxe, 1 de outubro, comezamos coa hora de ler  dun xeito diferente xa que a biblioteca  do centr...