miércoles, 22 de enero de 2025

OBRADOIRO RADIO ESCOLAR- PONTE NAS ONDAS!



O           O 22 de Xaneiro desenvolveuse no cole un obradoiro de Radio Escolar " Falamos nas Ondas" grazas a   dous grandes profesionais, Damián Alonso e Pancho Álvarez, de Ponte das Ondas; unha Asociación Cultural e Pedagóxica que vén dinamizando dende fai moitos anos xa o Patrimonio inmaterial galego-portugués.

              Durante as 3 horas que durou o alumnado traballou na redacción da súa escaleta por un lado, e no ensaio de dúas pezas galegas: A Rianxeira e Aí vai, por outro.  Ademais tiveron o privilexio de tocar varios instrumentos musicais.  Finalmente, procederon a gravación dun podcast marabilloso, moi divertido e ameno.

             Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada e, por suposto, o podcast. Estades feitos tod@s uns/unhas artistas!















             Moitísimas grazas Pancho e Damián, un verdadeiro pracer poder contar con vós. 

miércoles, 8 de enero de 2025

CELIAQUÍA

CELIAQUÍA

    Dicía Einstein " cuánto más aprendo, más me doy cuenta de cuánto no sé" e é unha verdade irrefutable.

  Hoxe tivemos a sorte de aprender moitas cousas arredor desta enfermidade autoinmune grazas a Nuria Colmenero, responsable do departamento de Restauración e e Seguridade Alimentaria de "ACEGA", Asociación de Celíacos de Galicia.  


   Unha charla formativa e enriquecedora para toda a comunidade educativa que non deixou a ninguén indiferente. Canto nos queda por aprender! Aquí vos deixamos unhas  fotos da sesión. 



Grazas Nuria, un pracer. 



CALENDARIO 2025- AVELINO DÍAZ - ASOCIACIÓN CULTURAL

 

CANTIGAS A AVELINO DÍAZ

2025

Comezamos o ano estreando un almanaque precioso que pretende homenaxear e honrar a figura de Avelino Díaz. É o resultado do traballo conxunto entre a Asociación Cultural " Avelino Díaz", e o alumnado e profesorado do cole. Un exemplo da importancia de compartir proxectos e remar nunha mesma dirección. Mirade, mirade....que chulada!
















Os nenos e nenas, co seu máxico don da creatividade, fixeron unha adaptación da recompilación de varias cantigas populares galegas adicándollas ao poeta Avelino Díaz e ilustráronnas con todo luxo de detalles. A Asociación fíxose cargo de toda a parte da maquetación e agasallou a todas as familias  do centro con un. Ademais todas as aulas poderán ter un para compartir no día a día durante todo o 2025. 

Un pedazo de obsequio! Aproveitamos para dar as grazas a Asociación Cultural "Avelino Díaz", en nome de toda a comunidade educativa do CEIP PLURILINGÜE POETA AVELINO DÍAZ. 

REVISTA PETISCOS CURSO 2024/2025

 REVISTA PETISCOS  2024/2025 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca e nada mellor que degustar o menú elaborado polos  e  polas grandes ...