miércoles, 22 de enero de 2025

OBRADOIRO RADIO ESCOLAR- PONTE NAS ONDAS!



O           O 22 de Xaneiro desenvolveuse no cole un obradoiro de Radio Escolar " Falamos nas Ondas" grazas a   dous grandes profesionais, Damián Alonso e Pancho Álvarez, de Ponte das Ondas; unha Asociación Cultural e Pedagóxica que vén dinamizando dende fai moitos anos xa o Patrimonio inmaterial galego-portugués.

              Durante as 3 horas que durou o alumnado traballou na redacción da súa escaleta por un lado, e no ensaio de dúas pezas galegas: A Rianxeira e Aí vai, por outro.  Ademais tiveron o privilexio de tocar varios instrumentos musicais.  Finalmente, procederon a gravación dun podcast marabilloso, moi divertido e ameno.

             Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada e, por suposto, o podcast. Estades feitos tod@s uns/unhas artistas!















             Moitísimas grazas Pancho e Damián, un verdadeiro pracer poder contar con vós. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

REVISTA PETISCOS CURSO 2024/2025

 REVISTA PETISCOS  2024/2025 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca e nada mellor que degustar o menú elaborado polos  e  polas grandes ...