lunes, 29 de septiembre de 2025

CLUB DE LECTURA: LEO, LEO ....QUE LES?



CLUB DE LECTURA: LEO, LEO...QUE LES?




    O comezo deste curso está sendo moi diferente, con moitos cambios no colexio. Un deles, un dos máis importantes é a BIBLIOTECA, a casiña de Xalín, que como ben sabedes está sendo reformada.  As bibliotecas son espazos neurálxicos dos centros educativos que propician e acollen todo tipo de aprendizaxes e que cando faltan, botámolos moitísimo en falta. 

 

    Non obstante, mentres todo volve a normalidade e,  coa férrea convicción de que a espera valerá a pena, puxémonos xa man á obra formando os grupos para o Club de Lectura deste curso. A verdade é que estamos moi ledos/as pola acollida e esperamos que sigades participando coa mesma ilusión. 

 

Lembrade que aínda que xa pasou o 22 se vos queredes inscribir non o dubidedes, agardámosvos! Un lector/a sempre é benvido/a! 





 

lunes, 8 de septiembre de 2025

BENVIDOS/AS A UNHA NOVA VIAXE 2025-2026!!


XALÍN CONVÍDANOS A UNHA NOVA VIAXE NESTE 2025-2026!


Cada vez que viaxamos e coñecemos un sitio novo un anaquiño dese lugar queda impregnado en nós para sempre, en forma de sensación, sentimento, olor, imaxe... Ademais viaxar permítenos enriquecernos doutras culturas, idiomas e sobre todo formas de entender a vida;  facéndonos máis tolerantes e empáticos/as. 
A súa vez, no noso día a día na escola calquer aprendizaxe nova que acadamos supón unha gran viaxe, un gran logro e un marabilloso reto superado. As novas aprendizaxes enlázanse con todo o xa alcanzado e dominado pero tamén serven de base para todo o fascinante que está por vir. Xamais se deixa de aprender. 

Xalín, este 2025-2026 vainos convidar a viaxar polo mundo dun xeito moi especial!
 Estade moi atentos/as porque temos todo o planeta Terra enteiro por descubrir!
 





 

IMOS DARLLE A VOLTA AO MUNDO!

A VOLTA AO MUNDO! Ola,  viaxeiros/as! Xalín vaivos contar a historia dun neno moi  curioso e atrevido. Convidámosvos a coñecer a súa histori...