lunes, 29 de septiembre de 2025

CLUB DE LECTURA: LEO, LEO ....QUE LES?



CLUB DE LECTURA: LEO, LEO...QUE LES?




    O comezo deste curso está sendo moi diferente, con moitos cambios no colexio. Un deles, un dos máis importantes é a BIBLIOTECA, a casiña de Xalín, que como ben sabedes está sendo reformada.  As bibliotecas son espazos neurálxicos dos centros educativos que propician e acollen todo tipo de aprendizaxes e que cando faltan, botámolos moitísimo en falta. 

 

    Non obstante, mentres todo volve a normalidade e,  coa férrea convicción de que a espera valerá a pena, puxémonos xa man á obra formando os grupos para o Club de Lectura deste curso. A verdade é que estamos moi ledos/as pola acollida e esperamos que sigades participando coa mesma ilusión. 

 

Lembrade que aínda que xa pasou o 22 se vos queredes inscribir non o dubidedes, agardámosvos! Un lector/a sempre é benvido/a! 





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CLUB DE LECTURA: LEO, LEO ....QUE LES?

CLUB DE LECTURA: LEO, LEO...QUE LES?     O comezo deste curso está sendo moi diferente, con moitos cambios no colexio. Un deles, un dos mái...