lunes, 9 de marzo de 2026

SEMANA DA PRENSA- 9 AO 13 DE MARZO

 

SEMANA DA PRENSA

NA ESCOLA


Hoxe comezamos a semana cunha nova misión que nos encargou Xalín: entregar polas aulas diversos xornais infantís do Papagaio e revistas Caracola, Reportero Doc, Kids e Pantera xa que estamos na Semana da Prensa na Escola. 

Un recurso máis para achegar ao alumnado á lectura e á información nun formato diferente, atractivo e motivador.  De feito, sérvenos para aprender tanto nas Horas de Ler como nas áreas curriculares, xa que a partir deles pódese facer infinidade de actividades de expresión oral, escrita, plástica...

A ler moito, peques!



viernes, 6 de marzo de 2026

8M- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 8M- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Ao longo da historia a loita das mulleres pola igualdade de dereitos, condicións laborais, participación política, recoñecemento... foi unha realidade en todas as partes do mundo. O 8M conmemora e reivindica  a súa valía en igualdade ca do home e pretende visibilizar o seu papel imprescindible na sociedade do pasado, presente e futuro. 

Este curso o alumnado de todos os niveis educativos deu a volta ao planeta investigando en profundidade a biografía de moitas mulleres relevantes que acadaron fitos moi, moi importantes e romperon unha barreira no seu momento. Mulleres que abriron camiños e que nos amosaron a tod@s que os anhelos e as metas non teñen xénero;  so traballo, adicación e esforzo. 

 

Por continentes: 





    








As Mulleres do mundo cuxa traxectoria está recollida en montóns de libros  que temos na Biblioteca de Xalín. 



Cabe destacar que este traballo foi levado a cabo en toda a semana do 8M. Ademais tivemos a sorte e o privilexio de poder asistir a un espectáculo educativo a cargo do Mago Paco "Unha maxia diferente" grazas a xentileza do Concello de Meira. 






Mil graciñas a tod@s! 

miércoles, 4 de marzo de 2026

FORMACIÓN ELBE.2 PARA FAMILIAS

 

LECTURA E FAMILIAS 
DE 5º E 6º DE ED. PRIMARIA



As bibliotecas escolares dos centros educativos galegos de titularidade da Consellería, integrados no PLAMBE, como é o caso do noso cole, ofrecen unha plataforma online, unha biblioteca virtual, ELBE.2. Nela o alumnado, co seguemento da familia ao tratarse dun recurso en rede, pode acceder en forma de préstamo a diversos libros e mesmo audiolibros. 

O vindeiro martes, 10 de marzo ás 18:30 terá lugar unha sesión de formación sobre esta plataforma que está accesible neste curso para o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria. Para poder anotarse so tedes que pinchar directamente na imaxe, escanear o código QR ou entrar na propia plataforma: ELBE. 2
 







viernes, 27 de febrero de 2026

FORMACIÓN ALUMNADO- BIBLIOTECA DE XALÍN

 

FORMACIÓN ALUMNADO

BIBLIOTECA DE XALÍN




Este xoves e venres 26 e 27 de febreiro leváronse a cabo dúas pequenas sesións de formación arredor da biblioteca de Xalín e outros recursos de lectura dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria. 

Nestas sesións de formación explicouse a organización dos fondos da nosa biblioteca, a interpretación das etiquetas e as diversas formas de búsqueda en catálogo tanto físicamente como on-line a través do buscador OPAC.   Entregouse así mesmo un tríptico para cada aula no que figura a disposición dos recursos segundo a CDU tentando facilitar o uso autónomo. 

Ao mesmo tempo aproveitouse para explicar de novo o funcionamento da plataforma ELBE.2 e entregar os contrasinais actualizados. 
En vindeiras semanas continuaremos co alumnado doutros niveis. 


jueves, 26 de febrero de 2026

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

23 DE FEBREIRO,

 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


O 23 de febreiro é unha data moi sinalada. Tal día coma ese no ano 1837 nacía a escritora que iniciou o Rexurdimento das nosas letras, Rosalía de Castro. 

Tan grande foi o seu legado como o é o conxunto das súas obras. De entre todas elas, o poema, Miña casiña, meu lar, ocupa, sen dúbida, un lugar moi, moi privilexiado para todos nós. 

Por iso, este ano, tendo en conta o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia, O deseño, e partindo da fermosa obra  que leva por título Miña casiña, meu lar  ilustrado pola marabillosa Blanca Millán;  cada clase rediseñou e recitou uns versos para entre todos/as compoñer este fabuloso poema tan cargado de sentimento e tan galego. 



Todas as láminas forman parte dunha exposición que se pode ver na zona do galpón.


























 Aquí tedes o vídeo final. Quedou precioso!



Grazas rapaces e rapazas! Fabuloso traballo!


jueves, 12 de febrero de 2026

13 DE FEBREIRO- DÍA MUNDIAL DA RADIO


Hoxe, 13 de Febreiro, queremos conmemorar o DÍA MUNDIAL DA RADIO,  compartindo uns podcasts preparados e gravados por alumnado de 4º, 5º a 6º de Ed. Primaria nun fabuloso Obradoiro de Radio na Biblio. Esta formación radiofónica foi  levada a cabo no centro o pasado día 6 grazas ao actor de dobraxe e formador de Ponte nas Ondas!;  Damián Alonso.

Os nenos/as a partir dunhas tarxetas informativas sobre diferentes lugares e monumentos de Galicia,  redactaron en parellas a escaleta, fixeron os ensaios pertinentes e directamente a... locutar e a gravar!




Convidámosvos a todos/as a escoitalos e a desfrutar deste marabilloso traballo e da nosa fermosísima Comunidade Autónoma, chea de riqueza material e inmaterial, chea de vida!



Aproveitamos para agradecer a Damián Alonso toda a súa entrega e paixón e, por suposto, a todos os/as protagonistas do día! Mil graciñas!









miércoles, 21 de enero de 2026

CLUB DE LECTURA: LEO, LEO ....QUE LES?

 LEO, LEO...QUE LES?





Hoxe, 22 de Xaneiro tivo lugar a primeira cita lectora do Club de 3º e 4º de Ed. Primaria. Neste encontro o alumnado foi recibido por un montón de libros en roda que compartían algo moi significativo. Non tardaron demasiado en darse conta de que en todos aparecía o mesmo nome: EVA MEJUTO. 

Despois divididos en pequenos grupos leron un deles. Ao final da sesión cada grupo compartía en alto nunha actividade de expresión oral de que trataba o conto, chamándolles especialmente a atención o famosísimo Corre, corre cabaciña e o de Dez gatiñas viaxeiras, ao atoparse alí a Muralla de Lugo. 

Finalmente falamos do libriño que íamos a ler e das nosas tarefas para a seguinte xuntanza: lectura e expresión plástica. 





A Xalín xa lle tarda volvervos a ver!


SEMANA DA PRENSA- 9 AO 13 DE MARZO

  SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA Hoxe comezamos a semana cunha nova misión que nos encargou Xalín: entregar polas aulas diversos xornais infantí...