viernes, 25 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO

 Comezamos esta semana tan especial recibindo a Maleta Viaxeira emprestada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares con, nada máis e nada menos, 40 contos novos sobre a diversidade. Un agasallo perfecto para comezar a conmemoración do DÍA DO LIBRO. 

Pero, o seu peche foi tamén por todo o alto. Xalín, non puido conter a emoción do que aconteceu este venres no cole!!

 Por un lado,  nas primeiras horas do día comezamos co "TROCACONTOS",  un momento moi emotivo no que moitos nenos/as que desexaron participar intercambiaron os seus contos  con outros compañeiros/as. Porque.. sabedes qué? Un conto, sempre é un agasallo perfecto, un agasallo que podes abrir unha e mil veces e que podes compartir coa xente a que máis queres. 








Ademais, grazas á colaboración da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Lugo, todo o alumnado e profesorado recibiu neste día tan significativo un marcapáxinas para acompañar as súas lecturas diarias. 



  E, finalmente, o día rematou compartindo lecturas; como non podía ser doutro xeito. Dentro da actividade de "APADRIÑAMENTO LECTOR" os nenos/as de 6º e 3º de Ed. Primaria léronlles aos peques de Infantil, e 4º e 5º desfrutaron da lectura co alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria.  Sen dúbida, unha xornada inesquecible!



















martes, 22 de abril de 2025

23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO


Nesta semana tan especial queremos levar a cabo unha proposta  que adoita ter moito éxito entre os nenos/as e que fomenta a lectura como poucas :  O TROCACONTOS.  Sen dúbida, un libro sempre é un agasallo perfecto!!!

  Convidámosvos, por tanto,  a participar nesta iniciativa para a que o alumnado deberá traer entre os días 22, 23 e 24 de abril un conto que xa lese e que desexe intercambiar (para sempre) por outro cun compañeiro/a nun acto que faremos no cole o día 25.

Agradecemos a todos a colaboración e so vos pedimos que o conto sexa máis ou menos acorde ao nivel educativo que cursa o alumno/a xa que o intercambio será entre iguais.

Moitas grazas!!


Ademais non deixedes de visitar a Xalín estes días porque chegou unha maleta moi especial.... Que traerá? 


Mmmmm..... Efectivamente, libros! Libros novos, libros diversos! Hai algúns que vos van deixar moi abraiados/as...










FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@S!

REVISTA PETISCOS CURSO 2024/2025

 REVISTA PETISCOS  2024/2025 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca e nada mellor que degustar o menú elaborado polos  e  polas grandes ...