Nesta semana tan especial queremos levar a cabo unha proposta que adoita ter moito éxito entre os nenos/as e que fomenta a lectura como poucas : O TROCACONTOS. Sen dúbida, un libro sempre é un agasallo perfecto!!!
Convidámosvos, por tanto, a participar nesta iniciativa para a que o alumnado deberá traer entre os días 22, 23 e 24 de abril un conto que xa lese e que desexe intercambiar (para sempre) por outro cun compañeiro/a nun acto que faremos no cole o día 25.
Agradecemos a todos a colaboración e so vos pedimos que o conto sexa máis ou menos acorde ao nivel educativo que cursa o alumno/a xa que o intercambio será entre iguais.
Moitas grazas!!
Ademais non deixedes de visitar a Xalín estes días porque chegou unha maleta moi especial.... Que traerá?
Mmmmm..... Efectivamente, libros! Libros novos, libros diversos! Hai algúns que vos van deixar moi abraiados/as...
No hay comentarios:
Publicar un comentario