viernes, 28 de marzo de 2025

27 MARZO- DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 O lema das Bibliotecas Escolares de Galicia  para este curso 2024/2025 é " A biblioteca escolar, a escena! para ler, interpretar, escribir e sobre todo gozar co TEATRO!  Este xénero literario é un dos que máis ledicia e sorrisos provoca tanto entre os actores e actrices como entre o público. 

Hoxe, 27 de Marzo, é o día Mundial do Teatro; por iso  nesta data sinalada no cole, coa axuda de Xalín, decidimos facer algo especial. 

Na biblioteca contamos este día tamén con varios xogos de expresión corporal e mímica cos que pasalo ben e mellorar habilidades; pero sen dúbida o gran triunfador foi Gestos!


No período de lecer alumnos/as de 4º  deleitaron cunha interpretación do texto teatral "Semba, o medoñento" para todos os asistentes que así o desexaron na biblioteca, unha obra cunha mensaxe fermosa de paz, respecto e diálogo.  A continuación, se pinchades tedes a oportunidade de poder gozar tamén del!

Escoitade, escoitade:.....SEMBA, O MEDOÑENTO

Por outro lado, na hora de ler, alumnos/as de 5º e 6º levaron a cabo unha actividade de teatro lido ao alumnado de Infantil. Cada grupo de actores e actrices interpretou as personaxes dun conto que ten moitísimo éxito entre os neniños e neniñas máis pequeniños/as  e que seguro que vós tamén coñecedes .....nada máis e nada menos que ....CORRE CORRE CABACIÑA!


Escoitade que divertido este conto teatralizado: 









No hay comentarios:

Publicar un comentario

HORA DE LER: XALÍN CONVÍDANOS A VIAXAR A TRAVÉS DA LECTURA

  VIAXAMOS A TRAVÉS DA LECTURA: HORA DE LER Hoxe, 1 de outubro, comezamos coa hora de ler  dun xeito diferente xa que a biblioteca  do centr...