8 de Marzo, 8M, é unha data clave para conmemorar a loita pola igualdade de xénero e os dereitos das mulleres así como a súa participación en todos os ámbitos da sociedade. Non debemos esquecer que moitos destes dereitos dos que hoxe gozamos son o froito da incansable perseverancia das mulleres traballadoras do pasado.
No noso centro educativo neste día tan sinalado reflexionamos sobre as nosas mulleres : nais, irmás, avoas, bisavoas, curmás, tías, veciñas, amigas, ...que día a día nos axudan, nos queren, serven de exemplo e son faro nas nosas vidas.
Por iso, todos os nenos/as debuxaron a unha das súas mulleres, porque hoxe son as protagonistas, saen á escena. Entre todos /as crearon un fermoso e emotivo mural reinvindicativo sobre a súa importancia na sociedade. Toda homenaxe e recoñecemento sempre será moi merecido, e non so hoxe, senon os 365 días do ano.
E nesta data tan sinalada, tivemos tamén o pracer e a sorte de coñecer a Silvia Lucena, Sarxento da Garda Civil da provincia de Lugo, primeira muller que coordina os equipos de atestados de tráfico. Sen dúbida, un gran exemplo de que non hai barreiras para quen avanza con determinación, esforzo e traballo. Cada día é unha oportunidade para facer historia, e por que non?
Sementar valores,
para recoller futuro.
Un gran lema.
Grazas Silvia Lucena, polo teu labor educativo, pero tamén por ser unha inspiración para as novas xeracións, o reflexo de que se pode, sen limitacións. Grazas pola túa implicación, disposición e colaboración ante todas as nosas inquedanzas.
Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada, un día especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario