sábado, 22 de marzo de 2025

SEMANA DA PRENSA do 10 ao 14 de MARZO

 


A prensa é un excelente recurso no proceso educativo. Son innumerables os beneficios que aporta: esperta o interese por aprender, a creatividade,  estimula a lectura, e mesmo propicia o desenvolvemento das habilidades implicadas na escritura comezando polo ordenamento de ideas, a redacción e a expresión.  

 Así foi como Xalín pensou que sería unha idea estupenda enviar un exemplar do PAPAGAIO, xornal da biblioteca, a cada unha das aulas para conmemorar esta semana tan especial. E sorpresa maiúscula, cando  descubrimos que o xornal mensual de Marzo, fai referencia ao día da Muller coa sección: Miss Automóbil, onde puidemos aprender dispositivos do día a día inventados por xeniais  mulleres. 






Na biblioteca espéranvos máis PAPAGAIOS!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

II ENCONTRO INTERXERACIONAL

O pasado martes,  18 de Marzo tivemos a sorte e o pracer de poder levar a cabo o  II Encontro Interxeracional, dentro da actividade " C...