miércoles, 26 de marzo de 2025

II ENCONTRO INTERXERACIONAL

O pasado martes,  18 de Marzo tivemos a sorte e o pracer de poder levar a cabo o  II Encontro Interxeracional, dentro da actividade " Códices Vivos"  entre un grupo de alumnado voluntario e Obdulia, unha muller chea de vida, de vivencias e experiencias, que se volcou cos nenos/as e os acolleu cun agarimo especial no seu cuarto persoal. Compartiu con eles/as as súas lembranzas da infancia e da xuventude, a  marabillosa etapa de iniciarse na lectura co seu primeiro silabario, a súa paixón pola pintura, as pulseiras e o gancho, a súa primeira radio e máis momentos dun valor incomensurable.

A partir desta sesión,  que se nos quedou moi curta, onde o tempo voou, os catro alumnos/as privilexiados plasmarán por escrito as súas impresións, emocións e aprendizaxes. 

Reiteramos as infinitas grazas a Obdulia por brindarnos a oportunidade de aprender dende a experiencia e a emoción: e a Laura e Tania do centro Residencial Santa María de Meira pola organización e colaboración; sen elas este encontro non sería viable. 

Aquí vos deixamos unhas instantáneas porque, como sempre se di; unha imaxe vale máis que mil palabras!!






 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

II ENCONTRO INTERXERACIONAL

O pasado martes,  18 de Marzo tivemos a sorte e o pracer de poder levar a cabo o  II Encontro Interxeracional, dentro da actividade " C...