lunes, 24 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE E DA AUGA

 O día Mundial da Poesía celébrase cada 21 de Marzo dende hai 25 anos co obxectivo de que se recoñezan todas as linguas do mundo e que ningunha desapareza e tamén para reinvidicar a importancia que ten a poesía como forma fermosa e creativa de empregar as palabras. 

O día da Árbore, tamén o 21 de Marzo, comezou a conmemorarse aquí en España, en 1972, é dicir, fai xa 53 anos, para que pensemos e valoremos a importancia que teñen as árbores. Grazas a elas temos algo esencial sen o que non poderiamos vivir....o osíxeno! Ademais de que nos axudan a controlar a calor, dándonos sombra, froitos, flores, papel, madeira...Sen esquecer que os bosques son a casiña de moitos e moitos animais que nos encantan e que temos a obriga  e o deber de protexer e coidar. 

Finalmente, o 22 de Marzo, é o Día Mundial da Auga. Día sinalado no calendario para reflexionar sobre a necesidade de coidar a auga.  Porque igual que non podemos vivir sen osíxeno, non podemos vivir sen auga. Imaxinades unha vida sen ela?  Como saciariamos a sede? Como nos duchariamos?Como cociñariamos? Francamente sería imposible. 

 Así, todo o cole participou no recitado de poemas acompañando a plantación da primeira árbore froiteira  que incorporamos na zona verde do noso cole: UNHA PEREIRA, e que bautizamos como AVELEIRA! 




















Na biblioteca Xalín seleccionou entre os seus fondos aqueles libros que podían axudar ao alumnado e mesmo ao profesorado  para esta  proposta. 









No hay comentarios:

Publicar un comentario

HORA DE LER: XALÍN CONVÍDANOS A VIAXAR A TRAVÉS DA LECTURA

  VIAXAMOS A TRAVÉS DA LECTURA: HORA DE LER Hoxe, 1 de outubro, comezamos coa hora de ler  dun xeito diferente xa que a biblioteca  do centr...