viernes, 25 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO

 Comezamos esta semana tan especial recibindo a Maleta Viaxeira emprestada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares con, nada máis e nada menos, 40 contos novos sobre a diversidade. Un agasallo perfecto para comezar a conmemoración do DÍA DO LIBRO. 

Pero, o seu peche foi tamén por todo o alto. Xalín, non puido conter a emoción do que aconteceu este venres no cole!!

 Por un lado,  nas primeiras horas do día comezamos co "TROCACONTOS",  un momento moi emotivo no que moitos nenos/as que desexaron participar intercambiaron os seus contos  con outros compañeiros/as. Porque.. sabedes qué? Un conto, sempre é un agasallo perfecto, un agasallo que podes abrir unha e mil veces e que podes compartir coa xente a que máis queres. 








Ademais, grazas á colaboración da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Lugo, todo o alumnado e profesorado recibiu neste día tan significativo un marcapáxinas para acompañar as súas lecturas diarias. 



  E, finalmente, o día rematou compartindo lecturas; como non podía ser doutro xeito. Dentro da actividade de "APADRIÑAMENTO LECTOR" os nenos/as de 6º e 3º de Ed. Primaria léronlles aos peques de Infantil, e 4º e 5º desfrutaron da lectura co alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria.  Sen dúbida, unha xornada inesquecible!



















No hay comentarios:

Publicar un comentario

REVISTA PETISCOS CURSO 2024/2025

 REVISTA PETISCOS  2024/2025 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca e nada mellor que degustar o menú elaborado polos  e  polas grandes ...