Hoxe remata o primeiro trimestre do curso e chega o tan esperado Nadal. No cole tivemos unha visita moi especial. Papá Noel veu visitarnos e trouxo agasallos para todos. Pese o frío que pasamos, valeu moito a pena esperalo. Os rapaces e rapazas déronlle debuxos o Papá Noel que recolleu con moito cariño. Tamén houbo agasallos para todo o persoal do centro. Gracias Papá Noel!!!!
viernes, 20 de diciembre de 2019
VISITA DE ANXO MOURE
Onte visitounos Anxo Moure e foi xenial. Ensinounos a amar e respectar a Natureza. Tamén nos falou do Apalapador, tocounos a frauta, bailamos e sobre todo, aprendimos moito del, ao tempo que nos divertimos. Esperamos velo de novo polo noso cole!!!!
viernes, 13 de diciembre de 2019
DECEMBRO: MES DA FELICITACION
Este mes de decembro é moi especial no cole. Desde o Equipo de Biblioteca estamos a celebrar o MES DA FELICITACIÓN. Todos os nenos e nenas do cole están a facer as súas felicitacións navideñas para mandárllelas aos seus seres queridos. Ademais este ano intercambios postais navideñas cun centro educativo inglés, grazas á colaboración da nosa auxiliar de conversa, Amanda e por suposto a mestra de inglés, Toñita. Os nenos/as están moi ilusionados en recibir postais de tan lonxe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
REVISTA PETISCOS CURSO 2024/2025
REVISTA PETISCOS 2024/2025 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca e nada mellor que degustar o menú elaborado polos e polas grandes ...
