O 24 de outubro é o Día Internacional das Bibliotecas e desde o CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz queremos celebralo de unha forma especial. O alumnado de sexto enviou unha carta a todo o persoal do centro para convidar a unha representación teatral que tivo lugar hoxe día 25 de outubro na Casa da Cultura de Meira. Os obxectivos da obra de teatro foron: dar a coñecer o funcionamento da nosa biblioteca, animar aos nenos e nenas do cole a que usen este espazo para ler, presentar a nosa mascota Xalin aos máis pequenos e tratar de que os nenos e nenas vexan nos libros o grande tesouro que son para o coñecemento e que aprendan a valoralos.
Os nenos e nenas de 6º fixérono fenomenal conseguindo de sobra cumprir os seus obxectivos.viernes, 25 de octubre de 2019
viernes, 4 de octubre de 2019
Semana do Clima
Durante toda esta semana
estase a celebrar a nivel mundial a “Semana Internacional do Clima”. O 20 de
setembro de 2019 convocouse unha folga
escolar a favor da protección do medio ambiente. Esta folga foi
considerada a máis exitosa da historia e
foi secundada por adultos, organización ecoloxistas, etc. Detrás de todo este
movemento está a activista sueca Greta Thunberg, precursora de esta iniciativa
ambiental baixo o slogan “Fridays for
Future” (Venres para o Futuro).
Seguindo a pequena moza de
16 anos, decenas de miles de estudantes, maniféstanse cada venres nunhas 300 cidades de todo o
planeta, co obxectivo de concienciar os líderes mundiais sobre os desastres
climáticos que estamos a vivir.
O noso centro, CEIP
Plurilingüe Poeta Avelino Díaz, súmase a esta iniciativa ecolóxica, convocando
para este venres 27 de setembro, unha manifestación, donde o noso
alumnado mostrou as súas inquedanzas sobre o cambio climático. Os/as alumnos/as
de 5º e 6º de Educación Primaria, leron un manifesto elaborado por eles/as
mesmos/as tratando o tema, elaboraron pancartas que quedaron fixadas na entrado
do colexio, recitaron poemas… co único obxectivo de crear conciencia sobre o
problema ambiental que se está a vivir.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
II ENCONTRO INTERXERACIONAL
O pasado martes, 18 de Marzo tivemos a sorte e o pracer de poder levar a cabo o II Encontro Interxeracional, dentro da actividade " C...
