Aquí vos deixamos algunhas fotiños para todos aqueles/as que non puidestes asistir.
viernes, 31 de mayo de 2019
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS
O pasado venres celebramos no cole o días das Letras Galegas, adicadas este ano ao escritor Antón Fraguas. Todo o alumnado do centro participou no festexo, con bailes tradicionais, cancións e mesmo interpretacións.
viernes, 24 de mayo de 2019
VOLUNTARIADO
Este curso, dende a biblioteca do centro, organizouse de novo a actividade de voluntariado. Con ela, preténdese abrir a biblioteca máis alá do entorno educativo, e deste xeito, aproximar á lectura a toda a sociedade.
Para isto, decidiuse enviar unha nota a diferentes establecementos de Meira, como bares e perruquerías, para que todos aqueles que estivesen interesados en recibir nos seus locais diferentes exemplares da biblioteca do cole, o solicitasen. Aqueles que así o fixeron, recibiron caixas con lecturas de distintas tipoloxías.
Todo isto foi organizado polo alumnado de 5º que, ademais, se encargou de lerlles contos aos máis pequenos do cole.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes.
KAMISHIBAI
Durante a semana do día do libro, dende a biblioteca do centro organizouse unha actividade chamada "kamishibai". Este termo, orixinado en Xapón, consiste en contar historias a través dunha especie de maletín que se abre, como se dunha especie de teatriño se tratase. Nel, vanse colocando as diferentes láminas que os espectadores ven, e por detrás das mesmas, o texto que se vai contando en cada momento. De aí a importancia dunha colocación moi precisa.
A continuación podedes ver fotos cos resultados, que foron abraiantes.
A continuación podedes ver fotos cos resultados, que foron abraiantes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
II ENCONTRO INTERXERACIONAL
O pasado martes, 18 de Marzo tivemos a sorte e o pracer de poder levar a cabo o II Encontro Interxeracional, dentro da actividade " C...
