viernes, 24 de mayo de 2019

VOLUNTARIADO

Este curso, dende a biblioteca do centro, organizouse de novo a actividade de voluntariado. Con ela, preténdese abrir a biblioteca máis alá do entorno educativo, e deste xeito, aproximar á lectura a toda a sociedade. 
Para isto, decidiuse enviar unha nota a diferentes establecementos de Meira, como bares e perruquerías, para que todos aqueles que estivesen interesados en recibir nos seus locais diferentes exemplares da biblioteca do cole, o solicitasen. Aqueles que así o fixeron, recibiron caixas con lecturas de distintas tipoloxías.
Todo isto foi organizado polo alumnado de 5º que, ademais, se encargou de lerlles contos aos máis pequenos do cole.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

REVISTA PETISCOS 2025-2026

  REVISTA PETISCOS  2025 /2026 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca despois dunha intensa viaxe dentro e fóra das aulas. Nestes dez me...