miércoles, 8 de enero de 2025

CALENDARIO 2025- AVELINO DÍAZ - ASOCIACIÓN CULTURAL

 

CANTIGAS A AVELINO DÍAZ

2025

Comezamos o ano estreando un almanaque precioso que pretende homenaxear e honrar a figura de Avelino Díaz. É o resultado do traballo conxunto entre a Asociación Cultural " Avelino Díaz", e o alumnado e profesorado do cole. Un exemplo da importancia de compartir proxectos e remar nunha mesma dirección. Mirade, mirade....que chulada!
















Os nenos e nenas, co seu máxico don da creatividade, fixeron unha adaptación da recompilación de varias cantigas populares galegas adicándollas ao poeta Avelino Díaz e ilustráronnas con todo luxo de detalles. A Asociación fíxose cargo de toda a parte da maquetación e agasallou a todas as familias  do centro con un. Ademais todas as aulas poderán ter un para compartir no día a día durante todo o 2025. 

Un pedazo de obsequio! Aproveitamos para dar as grazas a Asociación Cultural "Avelino Díaz", en nome de toda a comunidade educativa do CEIP PLURILINGÜE POETA AVELINO DÍAZ. 

1 comentario:

UNHA HISTORIA DE SUPERACIÓN- MARISOL BRAVOS

  Hoxe tivemos o inmenso privilexio de coñecer  en persoa a Marisol Bravos, unha muller alegre e vital cunha traxectoria realmente admirable...