O lema das Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso 2024/2025 é " A biblioteca escolar, a escena! para ler, interpretar, escribir e sobre todo gozar co TEATRO! Este xénero literario é un dos que máis ledicia e sorrisos provoca tanto entre os actores e actrices como entre o público.
Hoxe, 27 de Marzo, é o día Mundial do Teatro; por iso nesta data sinalada no cole, coa axuda de Xalín, decidimos facer algo especial.
Na biblioteca contamos este día tamén con varios xogos de expresión corporal e mímica cos que pasalo ben e mellorar habilidades; pero sen dúbida o gran triunfador foi Gestos!
No
período de lecer alumnos/as de 4º deleitaron cunha interpretación do
texto teatral "Semba, o medoñento" para todos os asistentes que así o
desexaron na biblioteca, unha obra cunha mensaxe fermosa de paz, respecto e
diálogo. A continuación, se pinchades tedes a oportunidade de poder gozar
tamén del!
Escoitade, escoitade:.....SEMBA, O MEDOÑENTO
Por outro lado, na hora de ler, alumnos/as de 5º e 6º levaron a cabo unha actividade de teatro lido ao alumnado de Infantil. Cada grupo de actores e actrices interpretou as personaxes dun conto que ten moitísimo éxito entre os neniños e neniñas máis pequeniños/as e que seguro que vós tamén coñecedes .....nada máis e nada menos que ....CORRE CORRE CABACIÑA!