jueves, 7 de noviembre de 2019

¡¡¡¡¡O SAMAÍN NO COLE!!!!!!

O mércores 30 de outubro, celebramos a festa máis terrorífica do ano: ¡O SAMAÍN! Foron moitas as actividades que fixemos durante todo o día, Ímolas contar para que vexades o ben que o pasamos. O alumnado de 6º preparou para ser interpretados na biblioteca contos de medo. Os alumnos de 4º recrearon na súa aula unha casa do terror. Todo o alumnado do centro pasou por ela, e máis de un morreu de medo. Na entrada do cole había un pote donde todos os nenos e nenas botaron os seus medos dicindo a frase máxica: "SAPO, SAPOTE, MEDOS AO POTE" para ser queimados despois. Pasámolo fenomenal e aquí vos deixamos mostra con estas fotografías.
















viernes, 25 de octubre de 2019

24 DE OUTUBRO, DÍA MUNDIAL DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro é o Día Internacional das Bibliotecas e desde o CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz queremos celebralo de unha forma especial. O alumnado de sexto enviou unha carta a todo o persoal do centro para convidar a unha representación teatral que tivo lugar hoxe día 25 de outubro na Casa da Cultura de Meira. Os obxectivos da obra de teatro foron: dar a coñecer o funcionamento da nosa biblioteca, animar aos nenos e nenas do cole a que usen este espazo para ler, presentar a nosa mascota Xalin aos máis pequenos e tratar de que os nenos e nenas vexan nos libros o grande tesouro que son para o coñecemento e que aprendan a valoralos. 
Os nenos e nenas de 6º fixérono fenomenal conseguindo de sobra cumprir os seus obxectivos.



viernes, 4 de octubre de 2019

Semana do Clima


Durante toda esta semana estase a celebrar a nivel mundial a “Semana Internacional do Clima”. O 20 de setembro de 2019 convocouse unha folga  escolar a favor da protección do medio ambiente. Esta folga foi considerada a máis exitosa da historia  e foi secundada por adultos, organización ecoloxistas, etc. Detrás de todo este movemento está a activista sueca Greta Thunberg, precursora de esta iniciativa ambiental  baixo o slogan “Fridays for Future” (Venres para o Futuro).

Seguindo a pequena moza de 16 anos, decenas de miles de estudantes, maniféstanse  cada venres nunhas 300 cidades de todo o planeta, co obxectivo de concienciar os líderes mundiais sobre os desastres climáticos que estamos a vivir.

O noso centro, CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz, súmase a esta iniciativa ecolóxica, convocando para este venres 27 de setembro, unha manifestación, donde  o  noso alumnado mostrou as súas inquedanzas sobre o cambio climático. Os/as alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria, leron un manifesto elaborado por eles/as mesmos/as tratando o tema, elaboraron pancartas que quedaron fixadas na entrado do colexio, recitaron poemas… co único obxectivo de crear conciencia sobre o problema ambiental que se está a vivir.

















viernes, 13 de septiembre de 2019

EMOCIÓNATE COA VOLTA AO COLE

Empezamos o cole e este ano as EMOCIÓNS van estar presentes en moitas das actividades que imos desenvolver ao longo do curso. Todo aquelo que nos emociona, recordámolo, por eso dende o cole queremos facer que este curso sea "EMOCIONANTE"  e poder así recordalo para sempre. A nosa mascota de biblioteca, "Xalín",  xa esta desexando comezar.






















lunes, 10 de junio de 2019

ÁRBORES DE MEIRA: O BIDUEIRO, POEMA DE 1º


ÁRBORES DE MEIRA: CEDRO DO ATLAS

ÁRBORES DE MEIRA: O CARBALLO AMERICANO


ÁRBORES DE MEIRA: O TEIXO


ÁRBORES DE MEIRA: O CASTIÑEIRO DE INDIAS


ÁRBORES DE MEIRA: O FREIXO


ÁRBORES DE MEIRA: O AMENEIRO


ÁRBORES DE MEIRA: O ESTRIPEIRO


ÁRBORES DE MEIRA: O CARBALLO


ÁRBORES DE MEIRA: O SALGUEIRO


ÁRBORES DE MEIRA: A CERDEIRA


ÁRBORES DE MEIRA: O MAGNOLIO


ÁRBORES DE MEIRA: A FALSA ACACIA


ÁRBORES DE MEIRA: A NOGUEIRA


ÁRBORES DE MEIRA: CASTIÑEIRO


ÁRBORES DE MEIRA: AMEXEIRA VERMELLA


ÁRBORES DE MEIRA: ALBIZIA


ÁRBORES DE MEIRA: ÁRBORE DO AMOR


ÁRBORES DE MEIRA: O PLÁTANO COMÚN


HORA DE LER

 HORA DE LER: Se queres aventura,  lánzate á lectura Outubro tróuxonos un cambio de horario no cole e, con el,  un tempo extra para gozar do...