jueves, 17 de junio de 2021

 

                      PREMIO: " E-TÉXTILES E  NOVAS TECNOLOXÍAS CREATIVAS"


O pasado martes, 8 de xuño, o alumnado de 5º e 6º gozou cun sorriso de orella a orella do seu merecidísimo premio; outorgado pola súa participación como voluntariado nas Bibliotecas Escolares. 

Neste obradoiro, realizaron actividades STEAM, xogos e retos educativos que unen a tecnoloxía, a inxenería, a arte e creatividade e as matemáticas ao tempo que permiten o traballo en equipo e a resolución de problemas.   

O desenvolvemento da xornada foi un éxito total, so hai que verlles as cariñas😊 ... Mirade, mirade!!! 

Primeiro, presentámosvos ao alumnado de 5º, que se enfrontou ao reto de deseñar e programar un Robot Mariño, coa axuda de programas de robótica e placas, cables...

Ademais tiña que pensar en posibles utilidades dos mesmos, combinando a robótica coa Educación Ambiental.   

Non pestanexedes que volo perdedes! 







  E por outra banda, o alumnado de 6º atreveuse a crear circuítos coas placas "Makey- Makey" simulando mandos de videoxogos, ademais de conseguir TOCAR O PIANO NUN FOLIO!!! Para iso empregaron unha aplicación dentro de Scratch, cables, a placa Makey-Makey e un lapis ( material condutor)...
 Non hai desafío que non consigan estes atrevid@s nen@s!!!




Noraboa rapaces e rapazas!!!!

Mil grazas Paola Guimerans por enriquecernos a vida a tod@s, a  alumn@s e  a mestr@s con novas aprendizaxes.

lunes, 24 de mayo de 2021

  


Cada acción que facemos co corazón ten eco en todo o universo e hoxe estamos de noraboa. Todo a dedicación do noso alumnado voluntariado que participou nas Bibliotecas Solidarias foi recoñecido e premiado, tal e como se recolle na Resolución do 18 de maio de 2021 relativa á convocatoria de Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de 16 de novembro (Bibliotecas Escolares solidarias), ampliada pola resolución de 5 de abril de 2021, en referencia ás iniciativas denominadas SELO "BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA" e " VOLUNTARIADO DE LECTURA-A. (Primaria) correspondente ao curso 2020/2021.

Deste xeito, aos nenos e nenas concedéselle o privilexio de gozar e crear nun obradoiro de biblioteca creativa "E- téxtiles e novas tecnoloxías creativas" o día 8/6/2021 que se desenvolverá na xornada lectiva cotiá do cole. 

Xalín non pode estar máis orgulloso de todos os rapaces e rapazas participantes e agora só vos pide que vos preparedes ben para divertirvos a tope creando. 

PARABÉNS A TOD@S!




domingo, 9 de mayo de 2021

27 DE MARZO 

  DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O 27 de Marzo conmemorouse o día Mundial do Teatro. Xalín, que é un namorado deste xénero literario, convidou aos nen@s a que se animasen a rememorar esta data lendo unha obra, é dicir, como teatro lido. A proposta foi moi ben acollida, e Xalín non cabe en sí de ledicia polos beneficios que reporta esta actividade no desenvolvemento: da creatividade, das habilidades sociais, da expresión verbal e corporal, da memoria, da dicción....

Agardamos que gocedes tanto escoitando estas magníficas obras como o gozaron os seus actores e actrices!!!

Grazas rapaces e rapazas!! 

lunes, 26 de abril de 2021

DÍA D@ NEN@- 26 DE ABRIL

Hoxe, 26 de Abril, conmemórase o día d@ Nen@, un día para recoñecer e aplaudir a capacidade de superación e resiliencia dos nosos heroes e heroínas. 

O 26 de Abril de 2020, fai 365 días,  @s nos@s peques puideron volver a saír ás rúas, enchéndoas de vida e da ledicia contaxiosa que provoca a algarabía da infancia. 

Por iso, nesta xornada non podíamos deixar de homenaxeal@s, e non atopamos mellor maneira de facelo que a través do xogo:  o xogo como oportunidade para medrar cun sorriso perenne...porque como xa pintaban nos seus arcos da vella, deberiamos mirar o mundo a través dos ollos dos máis pequen@s coa mesma inocencia, esperanza e ilusión!!

Aquí vos deixamos unhas fotiños e vídeos destes fermosos momentos vividos, tanto no pavillón coma no espazo maker da biblioteca escolar.








 Grazas por ensinarnos tanto!!!

sábado, 24 de abril de 2021

 23 de ABRIL- DÍA INTERNACIÓNAL DO LIBRO

Xalín amenceu neste importante día, o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, cunha gratísima sorpresa:  recibiu 2 extraordinarios agasallos, dúas obras magníficas. 


Como sempre se di: o agradecemento é a memoria do corazón. Así que, en  nome de Xalín e de toda a Comunidade Educativa do centro, mil grazas tanto a Librería Pedregal, como ao noso compañeiro Raúl e, por extensión, a súa banda. 

 Grazas, non so pola obras en sí, senon tamén por brindarnos esas palabras con tanto agarimo. 



Aproveitamos a ocasión, por suposto, para convidarvos a todos/as a vir a coñecer estas dúas marabillas á casiña de Xalín, á biblioteca.

 Non obstante, se a intriga vos fai cóxegas e non podedes agardar máis para gozar das aventuras, a obra de " É TEMPO DE ENTROIDO 2" podedes  vela  clicando tamén neste enlace: É Tempo de entroido      ou escoitar a canción escaneando o seguinte código QR. 


MIL GRAZAS, DE CORAZÓN!!



 Que emotivo e reconfortante é ver a ilusión e a maxia na mirada dos nosos nenos/as, mentres participan na selección de novas adquisicións para a biblioteca. 

Que un conto esperte este sentimento nos máis pequenos/as é o mellor dos triunfos ante a conmemoración do Día do Libro. Sen dúbida, un momento inesquecible e impagable para toda a comunidade educativa. 

 



lunes, 12 de abril de 2021

21 DE MARZO

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Grazas ao Concello de Meira e a implicación de toda a comunidade educativa, este ano tomamos a decisión de darlle un impulso ao Horto Escolar, dentro do programa "Educación Saudable", convencidos da oportunidade que este brinda para traballar, ademais da alimentación sa, a Educación Ambiental.

O 21 de Marzo, coa idea de conmemorar o Día Mundial da Poesía e entrelazando ambas ideas e temáticas programamos a actividade "SACHANDO POEMAS". Nela os nenos/as puideron, a través desta arte literaria, estimular a súa imaxinación, expresar e recoñecer sentimentos e emocións, exercitar a memoria, ampliar o seu vocabulario....  

E como non, facernos vibrar e deleitarnos cos seus versos porque.."ao  contacto do amor, todo o mundo se volve poeta" (Plátón)

Esperemos que vos gusten tanto como a nós!















 

 

 

 

VOLUNTARIADO

En Marzo, comezou a súa andaina o alumnado de 5º Ed. Primaria como voluntariado da Biblioteca Escolar. O obxectivo é estimular a cultura  en relación coa lectura, favorecendo a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado.  

Aquí os tedes en plena acción: participando activamente na montaxe e deseño dun mural para conmemorar o DÍA DA POESÍA.

Mil grazas, rapaces e rapazas, polo voso impecable traballo!!



 


        ESPAZO MAKER

      O 1 de Febreiro inaugurabamos, na casiña de Xalín, un novo recuncho, O ESPAZO MAKER. Un lugar para a creación, a imaxinación, o xogo....

    Desde ese día moitos nenos/as non faltaron a súa inesquecible cita, medrando mentres resolvían puzzles individualmente,imaxinando novas figuras construindo legos, aprendendo habilidades sociais grazas a xogos en parellas (sempre respectando a norma de ser compañeiros/as de aula)...

    Xalín non pode resistirse a sorrir cada día un pouquiño máis e xa está pensando en novos recursos para que os seus visitantes asistan con ilusións e motivacións renovadas... Se tes algunha suxerencia non deixes de escribirlle unha nota ou unha carta!! Seguro que estará encantado de ler as túas palabras!!






martes, 9 de marzo de 2021

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 24 DE FEBREIRO-  DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO                                                                                                                                                                                                                       Cada ano, o 24 de Febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal cuxa obra segue mantendo intacta a súa viveza e forza, así como a súa universalidade.                                                                                                                                                                                                                                                                                                 O noso alumnado rendiulle unha fermosa homenaxe a través dun emotivo recitado dos seus poemas, coa mirada cargada de ilusión e o corazón de bos sentimentos e sensacións. Un verdadeiro agasallo para os sentidos!!!



 


lunes, 8 de marzo de 2021

 8M- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de Marzo, no Día Internacional da Muller, conmemórase no mundo a loita pola igualdade efectiva dos dereitos entre homes e mulleres. 

Todos os nenos/as do Ceip Plurilingüe Poeta Avelino Díaz participaron na elaboración dun gran mural para rendirlle unha fermosa homenaxe a todas as mulleres loitadoras e traballadoras que teñen nas súas vidas e que os inspiran no día a día. Sen dúbida, son as que mellor representan o espírito do 8M.  

Aportando as súas fotos, e como non podía ser doutro xeito moi orgullos@s das súas BISAVOAS, AVOAS, NAIS, IRMÁS, TÍAS, MADRIÑAS, CURMÁS... reivindicaron a necesidade dun mundo máis igualitario, onde homes e mulleres, nenos e nenas, teñan as mesmas oportunidades. 





lunes, 15 de febrero de 2021

 

 RECEITAS DE ENTROIDO

No Entroido a comida complementa á parte lúdica dos disfraces e á festa e temos  como protagonistas principais "As Laconadas" e "Os cocidos" acompañados de todo tipo de doces: filloas, orellas, rosquillas, chulas, bicas....

Os nosos nenos/as, axudados polas súas familias, decidiron facer unha magnífica recompilación de receitas típicas de entre o amplo abano que nos ofrece a gastronomía galega. A verdade é que Xalín, non sabe por cal decantarse, todas lle parecen tan apetitosas e saborosas... e vós? Deixámosvos unha pequena selección delas. 

Animádesvos a preparar algunha na vosa casiña? 

Se é así.... BO PROVEITO!!!

















sábado, 6 de febrero de 2021

 

   Xalín consciente da importancia do xogo no desenvolvemento cognitivo e social dos nenos/as pensou en habilitar un novo espazo na súa casiña. Así, esta semana inauguramos ese novo recuncho, un espazo maker, un espazo para o xogo e a construción. Un lugar onde crear, imaxinar, soñar e medrar.

 A acollida por parte do alumnado do centro foi formidable.... Se ti aínda non puideches vir, anímate!!! Non podes perder esta oportunidade!!!


Deixámosvos algunhas fotos desta inesquecible estrea!!!






HORA DE LER

 HORA DE LER: Se queres aventura,  lánzate á lectura Outubro tróuxonos un cambio de horario no cole e, con el,  un tempo extra para gozar do...