viernes, 10 de mayo de 2019

CONTACONTOS: BRAIS MOURE

Onte visitou a biblioteca do cole Brais Moure, un extraordinario contacontos que nos trasladou ata a Galicia Máxica, axudándose do seu personaxe de "o mouro Moure" e do bosque que viaxa no interior da súa maleta.
Foi unha experiencia estupenda que non esqueceremos!




















viernes, 3 de mayo de 2019

A DESPENSA DA APRENDIZAXE

Coa intención de que a biblioteca do centro non se limite a un único espazo, no corredor da planta baixa do colexio contamos cun pequeno recuncho no que vos podedes atopar diferentes exemplares, que son renovados periódicamente. Consideramos que é unha boa forma de dar a coñecer os fondos da biblioteca, non vos parece?




viernes, 15 de marzo de 2019

ACHEGÁNDONOS A OUTRAS CULTURAS

A semana previa ao día da Paz, dende a biblioteca do centro, en consonancia co equipo de convivencia, decidimos realizar unha actividade de aproximación ás distintas culturas/tradicións, concretamente ás de aqueles alumnos e alumnas do centro procedentes doutros países ou con raíces nos mesmos.
Primeiro recabamos información a través das familias sobre as comidas típicas, costumes, idioma, bandeira, etc., e logo o alumnado plasmou todo de xeito manipulativo.
Este foi o resultado!!









viernes, 18 de enero de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de  outubro conmemórase o día da biblioteca, e dende a biblioteca do cole non quixemos que unha data tan significativa pasara desapercibida! Levamos a cabo unha actividade na Casa da Cultura, que resultou moi divertida. Os nenos e nenas de 4º curso recitáronnos poemas, e os demais tiñamos que tentar expresar co corpo o que se transmitía en cada un dos versos.

Mirade qué dominio da expresión corporal!








domingo, 6 de enero de 2019

HORA DE LER

 HORA DE LER: Se queres aventura,  lánzate á lectura Outubro tróuxonos un cambio de horario no cole e, con el,  un tempo extra para gozar do...