miércoles, 18 de marzo de 2020

Clases de PT y AL

Ola familias!

Para facer un pouco máis levadeiro este tempo de obrigada permanencia na casa deixamos á vosa disposición algunhas ideas para traballar co alumnado.
Todas elas son recursos lúdicos que nos axudarán a estar entretidos á mesma vez que aprendemos xa que entendemos que "xogar é a forma favorita do  noso cerebro para aprender".

Con este fin, tamén informarvos de que o Ministerio de Educación coa axuda de diferentes editoriais pon a disposición das familias unha ferramenta educativa con contidos audiovisuais para nenos de entre 3 e 10 anos. Podedes acceder a través deste enlace:



Polo tanto, se vos animades só tedes que pinchar na habilidade que queredes practicar, moito ánimo!


LECTURAS COMPRENSIVAS INTERACTIVAS

MATEMÁTICAS INTERACTIVAS

LENGUA INTERACTIVA
XOGOS EDUCATIVOS E DIDÁCTICOS
EMOCIÓNS

Creemos que é moi importante traballar as emocións, polo que aquí vos deixamos o seguinte enlace para xogar en familia.

MEMORIA


Ademais, vamos a exercitar un pouco a memoria e a concentración a través deste xogo que temos na clase de AL e PT, polo que xa sabedes como se xoga!

CONTOS

Deixámosvos algúns contos para ler en familia co fin de axudarlles aos máis peques a comprender a situación que estamos vivindo e xestionar as súas emocións.


Ademais, no seguinte enlace podedes acceder a  unha serie de contos contados que nos ofrece Kalandraka TV, a desfrutar!



MANUALIDADES

Se queredes poñer a proba a vosa motricidade fina aquí tedes un montón de manualidades que podedes facer con materiais que tedes pola casa. Animádevos, seguro que vos quedan chulísimas!


EXERCICIOS DE RESPIRACIÓN, SOPRO E PRAXIAS BUCOFACIAIS
Para todos aqueles e aquelas que teñades dificultade coa articulación  dalgún fonema, deixamos aquí algúns enlaces:



ALTERNATIVAS ÁS PANTALLAS

 Deixámosvos algunhas ideas para que disfrutedes en familia.





Para as familias que queirades poñervos en contacto con nós, non dubidedes en escribirnos ao seguinte enderezo:

aleptmeira@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LECTURA E FAMILIAS - MOCHILAS VIAXEIRAS

  MOCHILAS VIAXEIRAS Familia é escola debemos remar xuntas porque viaxamos  no mesmo barco. Un nexo de unión é, sen dúbida, a lectura. Pouco...