viernes, 13 de marzo de 2020

Cuarto

4º EP 
                                        MARTES 5 DE MAIO DE 2020
Lingua galega: Bo día! Hoxe seguimos coas nosas cousiñas de Lingua e traballando coa consonante “b”. Lemos o recadro azul da páx. 131 e realizamos os exercicios 5 e 6. Lembramos que a páxina 130 nos presenta as palabras que se escriben con ”b”.
Copiamos o número e a páxina do exercicio, cada pregunta curiosiña e imos contestando a cada pregunta/exercicio tamén escribindo curiosiño.
Repasamos a unidade 7.
Deixo o correo ao que podedes enviar as cousiñas que vaiades facendo: musicameira20@gmail.com
Ata mañá!!

4º EP
                                         LUNS 4 DE MAIO DE 2020
Lingua galega: Bo día! Hoxe lemos o segundo recadro azul da páx. 130 e realizamos os exercicios 2, 3 e 4. Lembramos que a páxina 130 nos presenta as palabras que se escriben con ”b”.
Copiamos o número e a páxina do exercicio, cada pregunta curiosiña e imos contestando a cada pregunta/exercicio tamén escribindo curiosiño.
Repasamos a unidade 7.
Deixo o correo ao que podedes enviar as cousiñas que vaiades facendo: musicameira20@gmail.com
Ata mañá!!

4º EP
                                  XOVES 30 DE ABRIL DE 2020
Lingua galega: Bo día! Hoxe imos facer os exercicios 6 e 7 da páxina 129, para seguir traballando cos determinantes numerais. Despois imos á páxina 130. Esta páxina nos presenta as palabras que se escriben con ”b”, lemos con atención o recadro azul, e realizamos o exercicio 1 da páxina 130.
Copiamos o número e a páxina do exercicio, cada pregunta curiosiña e imos contestando a cada pregunta/exercicio tamén escribindo curiosiño.
Repasamos a unidade 7.
Deixo o correo ao que podedes enviar as cousiñas que vaiades facendo: musicameira20@gmail.com
Ata a semana que ven!!

4º EP
                                 MÉRCORES 29 DE ABRIL DE 2020
Música: Hoxe imos traballar co noso libro de texto. 
Repasamos o recadro da páxina 18, fixámonos nas liñas, os espazos, o compás..., todo o que aparece, con moita atención. 
Agora imos á páxina 27 e lemos e nos fixamos na información do recadro. Traballamos o compás de 3/4, un novo compás que ten tres pulsos de negra cada pulso. Agora para practicar o compás de 2/4 e o compás de 3/4 realizamos o exercicio 1 e 2 da páxina 37, como aparecen todas as notas da escala, repasamos tamén as notas da escala, para ver onde colocamos cada nota no pentagrama, na páxina 17. 
Deixo o enlace da canción do día anterior para que repasedes coa frauta 
https://www.youtube.com/watch?v=vAnAwBYwXrk
Deixo o correo para enviar as tarefas que vaiades facendo: musicameira20@gmail.com
Ata a semana que ven!

4º EP
                                  MARTES 28 DE ABRIL DE 2020
Lingua galega: Bo día! Hoxe imos traballar os determinantes numerais, para iso imos ir á páxina 129. Lemos o cadriño azul que fala dos numerais cardinais que indican os números como os números que empreagamos para as operacións de matemáticas, como son 1, 2, 3, 4,... E por outra banda temos os numerais ordinais que nos indican a orde que ocupa un animal, un libro, unha persoa,... por exemplo nunha fila, como cando nos preparamos para ir comer ao comedor do cole, cando temos que facer fila para ir á clase de música, para ir ao pavillón para a clase de Educación Física, ou para a super class da nosa teacher. Lembrade ler a información onde pon Fíxate, e ides facer o exercicio 5 da páx. 129. Copiamos o número e a páxina do exercicio, cada pregunta curiosiña e imos contestando a cada pregunta tamén escribindo curiosiño.
Repasamos a unidade 7.
Deixo o correo ao que podedes enviar as cousiñas que vaiades facendo: musicameira20@gmail.com

4º EP
                                        LUNS 27 DE ABRIL DE 2020
Lingua galega: Bo día! Como vos foi coas lecturas!! Espero que as desfrutárades! Hoxe imos traballar co noso libro de texto, atendendo aos posesivos que comezamos a ler o venres pasado. Para comprendelos e practicalos imos facer os exercicios 2, 3 e 4 da páx. 128. Realizamos os exercicios curiosiños no noso caderno, copiamos o número do exercicio, o número da páxina, e o enunciado do exercicio.
Repasamos a unidade 7.

4º EP
                                      VENRES 24 DE ABRIL DE 2020
Lingua galega: Hoxe imos traballar a páxina 128 do noso libro de texto. Comezamos a parte de gramática da unidade 8, seguimos cos determinantes. Nesta unidade aparecen os “posesivos” (que son determinantes), igual que os “artigos” na unidade anterior, que tamén son determinantes. Lemos o cadro azul dos posesivos e lembramos que os posesivos indican, como di a palabra, posesión. Lemos a poesía do exercicio 1 da páx. 128, e nos fixamos nas palabras marcadas en azul, que son posesivos.
Deixo o RAG https://academia.gal/dicionario
Seguimos repasando a unidade 7.
Onte, como sabedes, celebrouse o día do libro (23 de abril), e poidestes ver as actividades que colgou o equipo da biblioteca do noso cole, no blog da biblioteca de Xalin. No enlace da parte de Lingua Galega, temos o enlace de Baía Edicións, no que aparecen libros e autores en galego clasificados para as diferentes idades escolares. Ides onde pon Para 9-10 anos, e aí vesdes dous libros “Moko” e “Boa sorte”, podedes descargar o que máis vos guste e comezar a desfrutar da lectura, tarefa ideal para esta fin de semana. Sabiades que a autora María Solar é tamén xornalista e locutora na radio galega?
Moito ánimo!
Ata a semana que ven!

4º EP
                                      XOVES 23 DE ABRIL DE 2020
Lingua galega: No día de hoxe, na parte de vocabulario do noso libro de texto, seguimos traballando coas palabras, novas ou coñecidas, e que pertencen a diferentes familias, o que coñecemos como “familia de palabras”. No recadro azul da páx. 127, nos explica o que son, tendo en conta que a partir dunha palabra poderemos formar outras novas, incluíndo as derivadas e as compostas. Lembrade que as palabras derivadas son ás que se lles engaden prefixos ou sufixos, como as que tedes nos exemplos do exercicio 4 da páxina 127. Para levar á práctica todas estas cousiñas imos facer o ex. 5 e 6 da páx. 127.
Que desfrutedes coas palabras da nosa lingua!!
Seguimos repasando a unidade 7.

4º EP
                                   MÉRCORES 22 DE ABRIL DE 2020
Música: Hoxe propóñovos un reto, tocar unha canción coa frauta seguindo un acompañamento do piano, como si foramos concertistas!!! Lembrade que o piano vai tocando todas as notas que aparecen na partitura, é dicir, vai tocando a melodía que estamos escoitando. Xa a traballamos algún día na clase. Lembrade o compás, as figuras e as notas, imos alegrarnos, porque ooooooohhhh!!! coñecemos todo o que está escrito e o que soa!!!! Xenial!!!!
Desfrutádea!
Ata a semana que ven!

4º EP
                                     MARTES 21 DE ABRIL DE 2020
Lingua galega: No día de hoxe, na nosa hora de Lingua Galega, seguimos traballando co noso libro de texto, as seguintes tarefas: os exercicios 1, 2 e 3 da páx. 126. A temática de vocabulario desta unidade é o parque, como sabedes, en todas as unidades traballamos temáticas do vocabulario da nosa vida diaria, lembrade que na unidade anterior era o vocabulario da nosa roupa. Na imaxe, desa páxina 126, aparecen de forma ilustrativa, con debuxos, as palabras (pero sen que aparezan escritas) que temos que identificar con cada número.
Seguimos repasando a unidade 7.

4ºEP
                                      LUNS 20 DE ABRIL DE 2020
Lingua galega: No día de hoxe, seguimos traballando coa lingua, no noso horario escolar. No noso libro de texto seguimos cos exercicios da lectura da unidade 8, o ex. 3 páx. 124, e os exercicios 6, 7, 8 e 9 da páx. 125. Lembrade que nesta unidade tratamos os textos expositivos, que se escriben en 3ª persoa e expresan conceptos, ideas ou feitos de forma obxectiva, non reflexan sentimentos, opinións, ideas ou pensamentos do autor.
Tamén repasamos a unidade 7.
Deixo o enlace do dicionario https://academia.gal/dicionario

4º EP
                                  VENRES 17 DE ABRIL DE 2020
Lingua galega: Seguimos traballando na elaboración da nosa redacción, e para hoxe deixo un vídeo ilustrativo http://www.ea1ax.es/la_muralla.htm no que aparecen fotografías antigas en comparación coas mesmas imaxes na actualidade, das diferentes portas da muralla, de prazas, zonas da cidade… Nese mesmo enlace aparece un mini plano da muralla coas diferentes portas numeradas, seguimos o texto e vai explicando as súas características, e ao final do texto, detalla o día que foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Seguimos repasando a unidade 7.
https://academia.gal/dicionario
Espero que vos guste! Boa fin de semana!

4º EP
                                  XOVES 16 DE ABRIL DE 2020

Lingua galega: Hoxe imos traballar sobre a Muralla de Lugo, tendo en conta que se trata dun monumento que está tan preto de nós, a coñecemos o suficiente? 
Imos investigar: Buscamos na internet, por exemplo, na Wikipedia, pero pode aparecer a información noutras páxinas web, aínda que a Wikipedia é unha páxina moi completa.
Traballo de investigación:
A partir do que atopemos imos fixándonos nos seguintes datos sobre ela: onde está, en que século a construíron, quen ou quenes a construíron e para que a construíron, altura, altura das torres, lonxitude, extensión, anchura dos muros, materiais cos que foi construída, as diferentes portas, por que está relacionada coa UNESCO e co Camiño de Santiago.
Imos elaborando unha redacción con todas estas cousiñas na medida na que vaiades atopando a información. Para rematar a nosa redacción, podemos engadir a nosa valoración persoal sobre, un dos nosos monumentos, como é a Muralla de Lugo.
Desfrutádeo!
https://academia.gal/dicionario

4º EP
                                 MÉRCORES 15 DE ABRIL DE 2020

Música: Hoxe no noso horario escolar, temos a asignatura de Música.
Imos traballar a páx. 37 do noso libro de texto.
No exercicio 1 lembramos o compás de dous tempos e vamos colocando as liñas divisorias que correspondan en cada compás, como vedes trátase dunha canción galega e aparece a letra escrita por debaixo do pentagrama. Lembrade que cada compás de 2/4 (dous tempos) ocupa dous pulsos de dúas negras. Neste exercicio, fixádevos tamén en que aparecen máis notas escritas no pentagrama (si, la, sol) pero xa as vimos cando falamos da escala musical, coñecemos todas as notas da escala desde Do ata Do´.
No exercicio 2 completamos coas figuras que nos manda enriba do pentagrama, tedes que colocar esas figuras con esas notas en cada compás que corresponda.
Seguide traballando coa frauta a canción "A ritmo de bolero II" na páxina 32 do libro de texto.
Moito ánimo! Ata a semana que ven!

4º EP
                                      MARTES 14 DE ABRIL DE 2020
Lingua galega: Estimado alumnado, volvemos ao noso horario escolar despois deste descanso de Semana Santa! Hoxe imos rematar a unidade 7 coas actividades que nos faltaban por facer da páx. 121, da que faremos o ex. 5, 6 e 7. Tamén seguimos repasando a unidade 7.
Comezamos a unidade 8 coa comprensión lectora da páx. 122, e os exercicios 1 e 2 da páx. 124. No exercicio 2 podedes buscar a imaxe da árbore en google, previa localización dos seus nomes na lectura. Todos os exercicios os faremos no noso caderno, copiando o número do exercicio, o número de páxina, o enunciado, e despois comezamos a realizalos. Se os exercicios teñen preguntas, copiamos cada pregunta e a vamos contestando, como faciamos na clase. https://academia.gal/dicionario Desfrutade da lectura. Moito ánimo!

4º EP
                                     VENRES 3 DE ABRIL DE 2020
Lingua galega: Hoxe no noso horario escolar temos a asignatura de Lingua Galega. Para hoxe, do noso libro de texto facemos os exercicios 3 e 4 da páx. 121. Lede o texto con atención e contestade ás tarefas.
Deixo o dicionario da RAG https://academia.gal/dicionario
A semana que ven xa estamos na Semana Santa! Moito ánimo!

4º EP
                                      XOVES 2 DE ABRIL DE 2020
 Lingua galega: Hoxe no noso horario escolar aparece a asignatura de lingua galega. Para hoxe realizamos os exercicios 1 e 2 da páx. 120, e repasamos a unidade 7 (tarefa que podemos realizar durante a Semana Santa). Deixo e enlace do RAG por si necesitades consultar algunha palabra https://academia.gal/dicionario                               

4º EP
                                    MÉRCORES 1 DE ABRIL DE 2020
Música: Hoxe no noso horario escolar, temos a asignatura de Música.
No seguinte enlace https://es.padlet.com/maitehuertona/n474ck0mkm0b aparece un resumo/esquema explicativo das figuras musicais e os seus silencios, fixádevos ben en como se dividen ritmicamente cada un/unha deles/as, é dicir, o seu valor musical, a súa duración.
No seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?time_continue=201&v=Vx9YihLfR2Q&feature=emb_logo podedes ver un vídeo explicativo sobre a teoría musical do resumo/esquema que aparecía no enlace anterior.
Seguide traballando coa frauta a canción "A ritmo de bolero II" na páxina 32 do libro de texto.
Moito ánimo! Ata a semana que ven!

4ºEP
                                      MARTES 31 DE MARZO 2020
Lingua galega: Hoxe non mandaremos tarefas escritas. Seguide facendo os exercicios escritos que vos falten, e como tarefa para hoxe faremos o repaso da unidade 7 (repasar a unidade, non hai que escribir nada, o resumo escrito foi a tarefa de onte). Seguide traballando pouquiño a pouco. Moito ánimo!

4ºEP
                                      LUNS 30 DE MARZO 2020
Lingua galega: No día de hoxe, dentro do noso horario escolar, traballaremos o repaso da unidade 7 na páx. 120 do libro de texto. Copiades o resumo no voso caderno e ides completando a teoría da unidade consultando a información no voso libro de texto si vos fixera falta, intentade completalo pensando, antes de ver a resposta no libro. Deixo tamén o dicionario da lingua galega https://academia.gal/dicionario

4ºEP
                                     VENRES 27 DE MARZO DE 2020
Lingua galega: No día de hoxe, seguindo a actividade sobre os dolmens en Galicia, deixo unha páxina web na que podedes ver fotografías e información sobre os mesmos, a través da páxina de Tour Galicia, podedes botarlle unha ollada nos ratiños de descanso dos exercicios escritos https://tourgalicia.es/visita-5-dolmenes-galicia/ . Na marxe dereita da páxina, abaixo de todo, aparece como un servizo de mensaxería de preguntas para usuarios da páxina, non lle fagades caso. Na unidade 7 aparece o conto popular, que como na lenda (unidade 6) tamén conta historias populares que se transmitiron oralmente de xeración en xeración, pero que a diferenza da lenda, ocorreron realmente. Déixovos un vídeo dun contacontos galego, Celso Sanmartín (vos daredes conta que esta persoa saía no Luar, na sección "Contos na Lareira". Resultou un pouco difícil atopar vídeos seus. Este que vos deixo, xa é de hai uns anos (2010), pero igualmente pode resultar interesante. https://www.youtube.com/watch?v=ne4MMdHIkB4

4º EP
                                      XOVES 26 DE MARZO DE 2020

Lingua galega: no día de hoxe temos que facer un exercicio que nos invita a pensar. Primeiro temos que ler a páxina 118 que trata sobre os dolmens que podemos atopar en Galicia, fixándonos nas diferentes formas que poden ter os mesmos, que aparecen nas fotografías. A continuación, vamos á páxina 119 e lemos O Desafío, e onde pon Fíxate na marxe dereita da páxina. Agora, traballamos o plano para chegar ao dolmen que aparece no debuxo, para atopalo realizamos o exercicio 1 e 2 da páxina 119. Aproveito para colgarvos aquí o dicionario que xa coñecedes, o noso marabilloso RAG https://academia.gal/dicionario

4º EP
                                   MÉRCORES 25 DE MARZO DE 2020

Música: Hoxe no noso horario escolar temos a clase de Música, as actividades que hai que realizar son as marcadas no día 23 de marzo. Vou deixar aquí a imaxe da páxina do libro para quen non teña o libro na casa.




































4º EP
                                       LUNS 23 DE MARZO DE 2020

Marcamos os seguintes exercicios de repaso da Unidade 7:
Lingua galega: ex. 3 páx. 114; ex. 5 e 6 páx. 115.
Na páxina 115 fíxate no exercicio 4 e no exercicio 1 do obradoiro ortográfico, debuxa no teu caderno unha táboa con dúas columnas, nunha escribes (PALABRAS QUE SE ESCRIBEN CON EX-), na segunda columna escribes (PALABRAS QUE SE ESCRIBEN CON ES-).
As palabras que tes que buscar e situalas na columna que corresponda son as palabras marcadas en azul de cada texto de cada exercicio correspondente.
Música:
Seguimos practicando coa frauta a canción "A ritmo de bolero II" na páxina 32 do libro de texto.
No seguinte enlace aparece un trivial musical, entrades e pinchades na primeira imaxe que aparece Trivial Musical nivel 1, haberá algunha cousiña que non ides saber, pero a través do xogo a coñeceredes. http://musilinux.blogspot.com/2018/04/trivial-musical-nivel-1.html

4º EP
                                      LUNS 16 DE MARZO DE 2020
Lingua galega:
Neste día, cos compañeiros que asistiron á escola, correximos os exercicios que había de deberes:
4 páx. 110; 8, 9 e 10 páx. 111; 2, 3 e 4 páx. 112. Cómpre que o alumnado que non asistiu hoxe ao
centro educativo, corrixa estes exercicios por medio dos compañeiros que estiveron hoxe no centro.
Marcamos máis exercicios de deberes correspondentes á unidade 7: 6 e 7 páx. 113; 2 páx. 114.
É preciso que o alumnado estea pendente deste blog, dado que, seguiremos marcando máis contidos
correspondentes a esta unidade 7 nos próximos días.

Para Lengua, Mates, Ciencias... recordade que aparecerán os contidos en teachermariameira.blogspot.com

Música:
Traballar coa frauta a canción "A ritmo de bolero II" na páxina 32 do libro de texto. Traballala por semifrases, e poñerlle o nome a cada nota por debaixo, como fixemos na clase, unha vez preparada cada semifrase tocala coa frauta. Debemos traballar así cada semifrase para finalmente, tocar a canción enteira coa frauta. Se algún compañeiro/a non levou o libro para a súa casa, pode comunicarse cos seus compañeiros/as de maneira que todos poidades traballar a canción. Podedes traballar a canción nos descansos doutras asignaturas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LECTURA E FAMILIAS - MOCHILAS VIAXEIRAS

  MOCHILAS VIAXEIRAS Familia é escola debemos remar xuntas porque viaxamos  no mesmo barco. Un nexo de unión é, sen dúbida, a lectura. Pouco...