O venres 21 de febreiro celebramos o Entroido no cole. O tema escollido para este ano foi "O CAMBIO CLIMÁTICO", tema que deu para moito e luciu moito na praza de Meira. O alumnado de Infantil representou un bosque queimado; os de 1º de primaria foron de Xacios, os de 2º de mares contaminados, os de 3º de reloxos, simbolizando que xa é hora de facer algo polo noso Planeta. O alumnado de 4º sorprendeunos disfrazados de animais en perigo de extinción. Os de 5º foron moi orixinais, caracterizados de sprays contaminantes, coches eléctricos...leron un manifesto a favor da Terra, e para iso contamos coa mismísima "Greta Thunberg". Os nenos e nenas de 6º foron de animais como tartarugas, koales, peixes, gardabosques, buzos coidadores do mar...levando as súas pancartas reivindicativas.
O alumnado de Infantil bailou e cantou a canción de "Este árbol que les cuento" e o resto bailou unha canción vinculada co coidado da Nosa Terra. Foi un día moi divertido!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario