viernes, 13 de marzo de 2020

Quinto

12/06/20
Bos días!!!! Como vos foi a semaniña? Estades preparad@s para a fin de semana??? 
Vexo que aínda hai xente que non contestou ao documento para deixar o material!! Os que non poidades escribir nel, escribídeme ao correo! que xa o poño eu!!!

Hoxe vouvos propoñer algo distinto! 
Xa sabedes que a semana que vén é a última que hai cole... e que moitos de vós ides deixar o meterial o martes! de modo que, e como tanto queredes, esta fin de semana vouvos pedir que fagades unha listaxe escrita na que digades:

- Aspectos positivos do curso, que vos gustou, que repetiríades, se vos parece que vos servíu para aprender... independentemente da situación "rara" que tivemos!
- Aspectos negativos sobre o curso, o que pensades que non servíu para aprender e non vos gustou! aquelas cousas que non repetiríades... 

Escribides esas cousiñas nunha folla e mandades a foto ao correo! Pero aínda así, a función de telo escrito é para facer unha videochamada o luns e poñelo en común!! así que non a tiredes ao lixo! 

Polo tanto, o lunes imos facer unha videochamada para vernos, contar o que tedes escrito e despedirnos... porque XA NON VOS VOU MANDAR NADA MÁIS!!!!! Seguro que estades dando saltos de alegría! jejejejeje

A organización da videochamada é a seguinte! Como non podemos facela todos á vez, vou poñer dúas quendas, ok?
Deixo un link co horario! Confirmade!!! 

Videochamada!


E por último, como non, vou deixar unha carpeta con cousiñas para que repasedes no verán! ademais, leva unha sorpresiña polo medio... para que xoguedes ás películas!! Decidín no publicalo porque había xente que non quería, así só o vedes vós!
Se queredes saber cal é a película... preguntade ao autor/a!!!

Repaso verano!

Pois pouco máis, desexarvos un feliz verán, que disfrutedes moitísimo da familia e amig@s e do bo tempo!!! 
SEDE MOI FELICES!! 
Vémonos o luns!!!
Bicos e apertas!
Sandra


10/06/20
Bos días a tod@s! Como estades hoxe?  Espero que xenial!!! 
Como tedes por aí o tempo? Os que veñades para a costa... hoxe non é o día! nin gota de sol! 

Hoxe vouvos poñer un enlace ao Drive co horario para ir ao cole e deixar o material! 
Temos que rectificar unha data que se enviou por Abalar! Será para o martes 16 a partir das 11 da mañá! Avisade na casa e que escriban ok no apartado de confirmación! Se alguén non pode escribir, que me avise por correo! Para confirmar asistencia.

Pois ben, imos logo seguir un pouco que xa non queda nada! Estamos na recta final!!!

Mates!
Para rematar o curso, imos ver un pouco por enriba a probabilidade, para que saibades o que é... penso que a ficha que vos vou deixar (coa data de hoxe que se chama: "más probable y menos probable") é de lóxica! 
Vós pensade que tedes unha caixa con canicas, unhas vermellas e outras verdes. Hai en total 10, se 6 son de cor vermello, cal é máis probable que saia se colledes ao azar? 
Como é lóxico, é máis probable do que hai máis cantidade... Espero que non vos resulte complicado!


Lengua Castellana!
Xa sabedes que ler é do máis importante que se aprende no cole... e principalmente, entender o que se le! Así que unha vez máis, vouvos deixar unha ficha de comprensión lectora coa data de hoxe que se chama: Lectura comprensiva Los Dinosaurios

Lingua Galega!
Antes de rematar o curso, imos repasar algo que traballamos no cole! pero non sei se vos lembrades! espero que si!!! O grupo nominal!! Ollo, xa o vemos na clase, pero tedes aí un cadro que volo explica de novo! Lede ben!!!
Deixo unha ficha coa data de hoxe no drive que se chama grupo nominal!


Ciencias Sociais!
Como vos foi coa comparación das sociedades? É moi parecida, só que cambia o xeito de nomealo!
Agora ben, na Idade Moderna, deuse un novo estilo artístico, coñecido como o Renacemento e unha nova forma de pensar, o humanismo! 
Lede a páxina 121 do libro e a vosa tarefa é a seguinte:

Buscade unha obra artística propia do Renacemento, collede unha foto, poñédea nun word co seu título e autor, e buscade información sobre a obra, o que representa. 
Despois poñede a vosa opinión e por que escolliches esa obra e non outra! Explicádevos con máis dunha oración, escribide un parrafiño e pensade ben antes de escribir!

Ciencias Naturais!
E por último... o outro día púxenvos un pequeno reto eléctrico! tiñades que facer o esquema dos mapas que deixamos no cole a medias! Xa sabedes que utilizabamos unha pila, unha lámpada e uns encuadernadores que facían de interruptores cando íamos achegar outro cable... De modo que se xuntabamos os nomes correctos, a lámpada quedaba acesa.
Vouvos poñer a solución!
Entendédelo? 
Vós estábades unindo primeiro a unidade de relevo co nome! Os puntiños amarelos... faltábanos a parte de poñer a lámpada, a pila e os cables para unir... 


E ben, hoxe pasaremos ao magnitismo, que sei que tanto vos gusta! porque xogar con imáns é divertido, verdade? Collede o libro e lede as páxinas 120 e 121. 

A vosa tarefa será buscar distintos aparellos que teñades na casa que leven imán! fixádevos que moitos os levan e non o sabemos...! Investigade!

E para o noso compi Yasín!
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • Facer unha descrición da imaxe que aparece a continuación. Explicar o que ve e facer unha valoración final. 

El David de Miguel Ángel - Michelangelo Buonarrotti - Historia ...
David de Miguel Ángel.

E ata aquí chegamos por hoxe!!
Espero que vos resulte entretenida a tarefa!!!
Moito ánimo que non queda nada! xa o sabedes!
Bicos e apertas.
Sandra


08/06/20
Bos días!!!Como foi a fin de semana? Espero que moi ben!!! Descansastedes?

Por certo, gustouvos o Escape room?

Xa estamos na recta final!!! Quedan dúas semaniñas para comezar o verán!! Así que imos ver unhas últimas cousiñas que nos quedan! Parécevos?


Mates!
O venres pasado puxen unha ficha sobre a área do círculo, pero vin que cometedes dous erros:
  1.  Algúns de vós colledes o diámetro! Cal é a fórmula? fixádevos ben!!
  2. Cando vos pide que expresedes en dm2, acordádevos que nas unidades de superficie, cada subimos ou baixamos, temos que dividir ou multiplicar por 100, 10000, 100000... é dicir, dous ceros por cada escalón! Ou o que é o mesmo, mover a coma dous postos se é o caso!!

Vouvos deixar no Drive unha ficha coa data de hoxe que se chama:
 - Unidades superficie repaso

Ademais, abride o libro pola páxina 230 e facedes os exercicios 1 e 2! Ollo! lede o cadro azul! Para calcular a área de figuras compostas, tédelas que descompoñer en figuras das que sabedes calcular a súa área e teñades os as medidas claro!


Lengua Castellana!
Como xa sabedes que estamos a piques de rematar, así que imos facer unha ficha na que repasedes todo o que fixéstedes neste trimestre dende a casa! A ficha ten a data de hoxe e se chama repaso trimestral! Non fagades o exercicio 8!

Lingua Galega!
E para traballar un pouco a escritura en galego, ídesme facer unha redacción que ocupe UNHA FOLLA ENTEIRA!!! sobre o que queredes facer nas vacacións, o que ides facer ou se nón sabedes, inventades! Ollo, atendede aos conectores, non repitades palabras, usade puntos, comas... poñede til onde corresponda!!! Veñaa que é un tema divertido! e non queda nada para podelo facer realidade!!!


Ciencias Sociais!
Pois para sociais vouvos propoñer facer un cadro comparativo entre sociedades da idade media e moderna, é moi similar, explicade en cada un o que é! Para atopar a información, buscade no tema 7 e 8! non vos digo as páxinas que así ledes un pouco!  😁
Deixo no drive un cadro para que o completedes! Ten a data de hoxe e se chama cadro sociedade.

Ciencias Naturais!
En naturais, hoxe imos ver a electricidade! algo que tiñamos a medias no cole 😅 quedamos coas gañas de rematar o noso mapa interactivo do relevo! Jo!
Pois imos ver como sería ese circuito eléctrico!!
Abride o voso libro pola páxina 118 e 119, lede toda a información e fixádevos na última parte que fala de esquema eléctrico. Para que se utiliza? pois para representar o circuito que hai que facer para que a electricidade encenda unha lámpada. 
Como era o noso esquema eléctrico? 
Lembrade que tiñamos unha pila, unha lampada e dous interruptores que eran os encuadernadores! 
Cando pechábamos no circuito, a lámpada tiña que quedar acesa! 
Propóñovos que debuxedes ese circuito utilizando os símbolos que veñen na páxina 119!! Non pasa nada se non sae!! é para que pensedes! é como un pequeno quebracabezas!

E para o noso compi Yasín!
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • Xogo circuidos eléctricos  Aquí vos deixo un enlace para que Yasín mova os cables, peche o circuto eléctrico e acenda a lámpada.
E ata aquí chegamos por hoxe!!
Espero que vos resulte entretenida a tarefa de hoxe!!!
Moito ánimo que non queda nada! xa o sabedes!
Bicos e apertas.
Sandra

05/06/20
Olaaa!!! Que día é hoxe? Venres!!! beeeenn!!! Xa tedes toda a fin de semana para xogar e pasar o tempo coa familia!! Que polo que falei con vós... tantos deberes pola semana... jejejeje tedes máis conto....!!!!!!
Veña! que vos deixo algunha cousiña!!

Para comezar, hoxe vos vou deixar un xogo de Escape room!!! A ver que tal o pasades con Harry Potter!!

Mates!
Mirade, o mércores púxenvos o número PI! Como xa sabedes, é unha constante para facer cálculos. O outro día traballástedes a lonxitude da circunferencia e hoxe, do mesmo xeito, ides traballar a área do círculo! Se abrides o voso libro na páxina 229, atoparedes cal é a fórmula para calcular a área, porque ao igual que o triángulo e os rectángulos (por exemplo) utilizamos fórmula!
Lembrade, que as unidades de medida de superficie exprésanse en m2, cm2, mm2... 

Espero que vos acordedes de calcular unha potencia! cando vexades r2 (erre al cuadrado) é que multiplico o radio por sí mesmo dúas veces! 
De xeito que se o radio é 3; r2 = 3 x 3 
Deixo no drive unha ficha coa data de hoxe que se chama "área del círculo"

Lengua Castellana!

Neste caso, ides inventar unha noticia! Lembrade como estaba estruturada! Tiña un título, un subtítulo e logo o corpo... verdade? Pois veña! Ten que ser inventada! Diseñade a estrutura e máis engadide unha imaxe creada por vós! 
Espero que sexades creativos!!!


Lingua Galega!

En galego, ides facer unha ficha para traballar un pouco de vocabulario e sufixos, lembrades o que eran?
Deixo a ficha no drive coa data de hoxe! chámase "A tenda de antigüidades"

Ciencias Sociais!
Despois de ler que os cristiáns loitaron case 8 séculos contra os musulmáns, imos ver como quedaron as cidades e como vivían os cristiáns!!
Abride o voso libro pola páxina 110 e 111, lede con atención e despois facedes o cadro de traballar coa imaxe da páxina 110!!  

E contestádeme... por que pensade que os campesiños fixeron a denominada revolta dos irmandiños?

Ciencias Naturais!
E para rematar co traballo desta fin de semana, imos comezar co último tema que sei de sobra que coñecedes todo do que nel se fala!
Abride o voso libro de naturais dende a páxina 114 ata a páxina 117! Que vos parece?
A vosa misión é a seguinte! 

  • Busca na casa ou na túa contorna exemplos de: panca, polea, plano inclinado e unha máquina composta.
  • Fai unha foto e explícame que é cada cousa. 
  • No caso da PANCA indica onde está o punto de apoio, a resistencia e onde se exerce a forza! (Non valen os exemplos do libro)
  • Nas máquinas compostas, a ver se eres capaz de clasificar os tipos de operadores que leva!
Por último e para quen teña gañas de aprender un pouco máis, deixo unha imaxe dunha construción do Neolítico! mirade ben que é na Prehistoria!
Isto é o CROMLECH DE STONEHENGE
Cromlech de Stonehenge :: en Inglaterra ::Imágenes :: Fotos :: Videos
A miña pregunta é, como puideron levantar estas pedras sen ter maquinas? 


E para o noso compi Yasín!

  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • Reto ortográfico
  • E por último, voulle deixar na carpeta de drive coa data de hoxe un castelo medieval para que el intente facelo nunha folla e poña os nomes das partes! Non pasa nada se non queda ben! o importante é que o intente e escriba as palabras! Drive Yasín
E ata aquí chegamos hoxe!
Espero que pasedes unha boa fin de semana!!!
Coidádevos moito!
Bicos
Sandra


03/06/20
Bos días a tod@s! Xa vos vin a algúns de vós!! e vexo que estades estupend@s!! Para os que non estivestedes hoxe na videochamada, mañá volverei a facer o mesmo!! as 10:55 mandarei un correo cun enlace para que vos conectedes os que hoxe non o conseguiron!! Xa sabedes que os que estivemos xa de cháchara non vos tedes que conectar!!! Así que... vémonos de novo mañá? 

Pois entón, poñemonos a traballar un pouco, non? aínda que xa sei que non vos apetece moito.... jejejejejeje

Mates!
Hoxe imos ver un vídeo sobre o que é o número "PI" que se representa con este símbolo:
Aquí tedes o enlace para ver o vídeo:   Video Pi
A continuación, abride o voso libro pola páxina 228, fíxádevos na fórmula que vos explica para calcular a lonxitude dunha circunferencia!  e  deixo dúas fichas no drive coa data de hoxe! Unha sobre o número Pi! e outra que se chama "se dibuja de un sólo trazo"

Lengua Castellana!
Aquí vos deixo un enlace dunha compresión lectora interactiva! É moi sinxela!!! ler e contestar ás preguntas de abaixo e xa automáticamente corrixe a páxina!!

Lingua Galega!

E en galego, do mesmo xeito, aínda que un pouco máis traballoso porque non é online... deixo unha ficha no drive que pon: "comprendo un conto, lección de costura"

Ciencias Sociais!
Xa que o outro día víchedes al-Ándalus, hoxe imos ver os reinos cristiáns e a súa Reconquista!
Abride o voso libro pola páxina 108! fixádevos ben como era a sociedade! 

Para traballar un pouco sobre o que ides ler, facede da páxina 109 o exercicio 2 e 4! Ollo, tedes que escribir facendo unha redacción, non me vale poñer catro palabras!!!! Organizade a información e facede un texto utilizando conectores, puntos, comas... todo o que sabedes!!! 

Ciencias Naturais!
E para rematar co tema de naturais, ides facer o último esquema de enerxías! Tédelo na carpeta do drive coa data de hoxe e pon: "esquema enerxías"
E para o noso compi Yasín!
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • Hoxe vai escribir sobre a enerxía solar e eólica: ten que buscar información en intertet sobre o que é, se é ou non renovable, como a obtemos e se considera que é necesaria utilizala ou non!

E ata aquí temos traballiño por hoxe! Non é moito!! Que xa sei que todo vos parece moitísimo.... 
Ánimo que pronto rematamos o curso!!
Bicos e apertas!
Sandra

01/05/20
Bos días a tod@s!! Como foi a fin de semana??
Hoxe comezamos novo mes!! Xa estamos en xuño! que barbaridade que rápido pasou o tempo! non volo parece? 
Pois imos comezar coa recta final! que xa non queda nada!!

Mates!
Hoxe imos lembrar os tipos de triángulos e a súa clasificiación, ademais de calcular a súa área. Que vos parece?
A vosa tareda de hoxe é buscar un exemplo de cada uno dos tipos de triángulos e enviarme unha foto poñendo: Segundo o seus lados é isósceles porque ten 2 lados iguais!
Aquí vos deixo unha imaxe da clasificación!

Ademais, vouvos deixar unha ficha para traballar a área do triángulo, que como xa sabedes ten unha fórmula secreta.... (base x altura dividido entre 2) Tedes no voso libro de mates no tema 14 a explicación!!
A ficha ten a data de hoxe e se chama: área del triángulo.

Lengua Castellana!
En castelán vouvos deixar unha ficha no drive coa data de hoxe que se chama: "preposiciones e interjecciones" Para poder facela podedes mirar no libro na páxina 206.

Lingua Galega!
Do mesmo xeito, imos traballar en galego o mesmo que en castelán para que vexades as diferenzas!
Así que vos deixo unha ficha no drive coa data de hoxe que se chama: preposicions, conxuncións e interxeccións

Ciencias Sociais!
Neste caso, imos pasar ás páxinas  106 e 107. Aquí ides ver como era a vida en el al- Ándalus, a súa relixión, sociedade, cidades e arte! É moi interesante!
Fíxadevos ben como eran as cidades e facede a vosa libreta as tres preguntiñas do cadro de traballa coa imaxe da páxina 107!


Ciencias Naturais!
E por último, imos completar en naturais un esquema sobre as forzas que vos deixo na carpeta do drive! Xa sabedes que ten a data de hoxe e se chama: Esquema forzas

E para o noso compi Yasín,
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • Hoxe vaime facer unha pequena redacción do que fixo a fin de semana! en galego!
E ata aquí chegamos hoxe!
Espero que esteades todos ben!!!
Bicos e apertas!
Sandra

29/05/20
Vaia que xa estamos de novo a venres e eu sen enterarme de que pasou a semana!! Xa dentro de pouco andades algúns por aquí paseando pola praia... 😎 Xa queda pouco!!

Como foi a semaniña entón? Espero que ben!!!
Traballaremos algo a fin de semana??
- Siiiiiiiii!!!! 
Vale ben!! Xa sei que tedes moitas gañas de facer cousiñas! Imos ver o traballo para estes días!

Mates!
Hoxe vouvos deixar unha ficha no drive coa data de hoxe para traballar as áreas! imos comezar coas do cuadrado e o rectángulo que penso que todos sabedes como calcular... (A ficha chámase: "Área  cuadrado y rectángulo")
Abride polo libro de mates no tema 11 e comprobade que:
- No cuadrado pon:  área =lado x lado 
- No rectángulo pon: área = base x altura
Aquí vos deixo unha páxina para que comprobedes un pouco online:


Lengua Castellana!
Hoxe ides traballar a comprensión lectora! Deixo un link dunha páxina onde tedes un texto e varias preguntas debaixo. Esas preguntas facédeas na libreta e despois mandades a foto. Lembrade copiar os enunciados! Son 10 preguntas!


Lingua Galega!
Desta vez, non imos repetir comprensión como en castelán! Imos lembrar un pouco as normas de partición de palabras que levamos todo o curso traballando e aínda vexo que algunha escapa!!
Así que vos deixo no Drive unha ficha coa data de hoxe que se chama: " A partición de palabras. O guión"



Ciencias Sociais!
Para esta fin de semana vouvos pedir que leades as páxinas 104 e 105. 
Facedes os exercicios da páxina 105 que non é máis que buscar a información no libro!
E por último, deixo un enlace dun xogo online sobre a Idade Media! Espero que vos guste!




Ciencias Naturais!

Que tal vos foi con Arquímedes? E cos barcos? jeje foi interesante?
Hoxe ides facer dúas redaccións!! Explícovos!
- Na primeira, tedes que convencerme/argumentar por que debo utilizar enerxías non renovables
- Na segunda, tedes que convencerme/argumentar por que debo utilizar enerxías renovables
Buscade razóns e elaborade un texto! Mínimo media folla cada redacción.


E para o noso compi Yasín,
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • E unha ficha que deixo na carpeta do Drive coa data de hoxe para traballar as distintas Idades da Historia!     Ficha Drive

E ata aquí chegamos hoxe!
Espero que pasedes unha boa fin de semana!
Coidádevos!
Bicos e apertas!
Sandra

27/05/20
Olaaa!! como estades tod@s? Espero que xenial!!  Polo que voy vendo, estades traballando moito e moi ben! Noraboa!!!

Entón, poñémonos mans á obra? Comezamos logo...

Mates!

Imos rematar os exercicios sobre os polígonos do documento que tedes xa colgado no drive! Lembrade que ten a data do día 22/05/20 e se chama polígonos. Tedes que facer dende o 15 ata o 19!

Lengua Castellana!

Hoxe teño unha ficha que é moi interesante! Vaivos guiar para facer un esquema, un deses que tanto me gustan!! Así que poñede atención!
Tédela na carpeta do drive, coa data de hoxe e chámase: "Hacer un esquema"

Lingua Galega!

Para traballar un pouco a escritura, temos que coñecer o que son os adverbios! (mirade como se escribe, adVerBios!) Estes indican o modo no que se fan as cousas (como) o lugar (onde) o tempo (cando) a cantidade (canto), etc.
Son palabriñas que enriquecen os textos! eses textos que tanto vos costa escribir pasando de 6 liñas!!
Así que deixo na vosa carpeta unha ficha coa data de hoxe que se chama "adverbios" e ademais, un enlace a unha páxina con exemplos de adverbios tanto en castelán como galego!! 

Ciencias Sociais
Como xa rematamos a poboación e sabemos todas as características... hoxe imos comezar coa historia! Que sabedes sobre as distintas etapas da historia?Aconséllovos que leade as páxinas 100 e 101 do libro para facer memoria do que xa sabedes! 
No que queda de curso, veremos os aspectos máis importantes da Idade Media e da Idade Moderna! 
Comezaremos pola Idade Media, e para iso, vouvos deixar un video moi chulo! Agardo que vos guste!

Ciencias Naturais
E para rematar... que tal vos foi con Arquímedes? Moitos de vós investigástedes sobre o principio de Arquímedes! Entón, se vos pregunto... Por que flotan os barcos? saberíades buscar a resposta? Veña! a ver que atopades! Respondede na vosa libreta!
Por outra banda, vouvos deixar un enlace para que vexades unha das leis fundamentais! A enerxía non se crea nin se destrúe, só se transforma!
Ademais de ver o video, lede as páxinas 104 e 105 do libro!!


E para o noso compi Yasín!
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • Deixo unha ficha no Drive coa data de hoxe que se chama: O adxectivo e ortografía
       Ficha Drive

E ata aquí chegamos hoxe!! Espero que sexa divertido investigar!!
Coidaros moito!
Bicos e apertas!
Sandra


25/05/20
Bos días!! como foi a fin de semana? espero que xenial! Eu por aquí moi ben! facía un sol precioso pero tiñamos moito vento!! as gaivotas non podían voar na súa contra!

Comezamos logo co traballo da semana? Imos aló!
Mates!
O venres pasado subín ao Drive un documento coa data do 22/05/20 chamado polígonos, no que vos pedín que fixérades os exercicios do 1 ao 7. Ben, hoxe ides facer a páxina 5, é dicir, os exercicios do 8 ao 14! 
*Ollo, os que non imprimides as fichas, no exercicio 8 tedes que medir as figuras. Os que non imprima, debuxan as figuras na libreta e miden as súas figuras, ok?

Lengua Castellena!
Hoxe imos traballar a escrita! pois xa sabedes que é moi importante pensar antes de escribir, non repetir palabras, enlazar oracións... e utilizar os signos de puntuación correspondentes! entre outras moitas cousas! Pois vouvos deixar unha ficha coa data de hoxe que se chama: "Usar conectores" 
Fixádevos ben! porque isto debedes utilizalo sempre! Exiten máis palabras que: "y", "después", "entonces"...

Lingua Galega!
Para traballar a escrita, vouvos pedir que utilicedes os conectores de castelán, pero en galego e me escribades unha redacción contándome todo o que fixéstedes a fin de semana!!! Parécevos? Ollo ás faltas de ortografía!!

Ciencias Sociais!
Pois neste caso, ides completar o esquema das dúas últimas follas! lede ben a información!!
Páxina 92 e 93. Deixo no Drive o esquema coa data de hoxe que se chama: Esquema poboación de Europa"

Ciencias Naturais!
Posto que xa sodes uns expertos en buscar pola casa os materiais e identificalos, hoxe pasaremos ás forzas e os seus efectos. 
Lede as páxinas 102 e 103. E como traballo, vouvos propoñr que investiguedes sobre o seguinte.

Se eu poño un vaso cheo de auga ata o borde, e lle meto a man... por que sae a auga do vaso? 
Probade a ver se é verdade... 
Douvos unha pequena pista...  
Aprende de los errores - IME Business School - USAL
Este é Arquímedes!

E para o noso compi Yasín!
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • Facer experimentos sobre a flotabilidade. Para iso ten que coller un vaso de auga e meter distintas cousas (que non se estraguen) e anotar cales afunden e cales flotan!
E ata aquí chegamos hoxe!!
Espero que sexa divertido!! Moito ánimo!!
Lembrade mirar os blogs dos outros profes! e os correos onde tedes que mandar os traballos están postos nos seus blogs!

Bicos e apertas.
Sandra



22/05/20

Bos días a tod@s!! como foi a semaniña? Espero que ben! Polo menos tivemos bo tempo para saír á rúa!
Ben, entón que, traballamos un pouco para esta fin de semana?
Mates!
Hoxe vouvos deixar un documento de PDF onde ides atopar teoría e logo exercicios. A teoría é para ler! E os exercicios que ides facer son os da páxina número 4. Dende o exercicio 1 ata o número 7!
O documento ten a data de hoxe e chámase: “polígonos”

Lengua Castellana!
Para cambia un pouco do tema da ortografía, vouvos deixar unha ficha coa data de hoxe que se chama: “competencia lectora, un poema”. Xa sabedes que para traballar esa lectura que tanto nos fai falla!

Lingua Galega!
Do mesmo xeito, traballaremos a comprensión lectora, pero cun conto! Deixo na vosa carpeta unha ficha coa data de hoxe que se chama: “Comprendo un conto, Mil bicos”

Ciencias Sociais!
En sociais só nos queda a poboación de Europa! Para rematar de traballar este tema propóñovos que leades as páxinas 92 e 93 e fagades os tres puntiños amarelos de traballar coa imaxe da páxina 93. Veña, que é máis divertido mirar na foto para poder responder!!

Ciencias Naturais!
E para rematar o traballo da semana, xa que o último día investigástedes na vosa contorna sobre os materiais, hoxe imos facer o esquema desas dúas páxinas! Que non é nada!!
Deixo o esquema para completar na vosa carpeta, coa data de hoxe e chamado: “esquema completar materiais”

E para o noso compi Yasín
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • Facer un cómic en castelán que teña polo menos 4 viñetas!

E ata aquí chegamos hoxe!
Ánimo e moita forza para todos que xa queda menos!
Bicos e apertas.
Sandra

20/05/20

Bos días pola mañá! Como estades tod@s? espero que xenial!! Que tal levades esta semaniña chea de sol? Eu contenta! Espero que vós tamén!
Traballamos logo un pouco?


Mates!
Espero que as fichas do luns foran divertidas! Hoxe vouvos propoñer un traballiño para lembrar cales son as figuras planas que coñecedes... atrevédesvos?

  • Colle unha cámara, móbil... o que utilices para facer as fotos que me envías.
  • Busca na túa contorna 6 figuras planas planas en obxectos e failles unha foto.
  • Envíamas ao correo poñendo o nome da figura que é! (Intentade facer un documento de word e pegar todas xuntas!)

Lengua Castellana!
Hoxe imos traballar un pouco de ortografía! Como non! Poñer a raia nun diálogo, usar parénteses... cousas que sabedes de sobra pero que hai que repasar porque as veces, vexo que esquecedes como poñelo!
Así que deixo na vosa carpeta unha ficha coa data de hoxe que se chama: “Otros signos de puntuación”

Lingua Galega!
Imos deixar voar un pouco a nosa imaxinación! Sede creativos! Vouvos deixar unha ficha coa data de hoxe que se chama: “Completar unha historia” Fixádevos ben como comeza, como enlaza, como desenvolve... e ademais tedes que completar vós o que falta... Veña que pode quedar moi chula!

Ciencias Sociais!
Tedes na vosa carpeta coa data de hoxe un pequeno esquema para completar!! É das páxinas 90 e 91 que xa tedes lido e traballado, así que penso que será moi sixelo atopar a información!

Ciencias Naturais!
E por último, e moi divertido, como vos foron os experimentos? Gustáronvos? E o esquema foi fácil? Hoxe imos botarlle un ollo ás páxinas 100 e 101. A vosa tarefa consiste en ler as dúas páxinas e facer un traballo como o de mates, facer fotos, poñelas nun documento e describir o que é. As fotos que tedes que facer son:
  • Busca na túa contorna dous materiais naturais e explica porque son naturais
  • Busca dos materiais artificiais e explica tamén.
  • Busca un metal e cóntame cal é a propiedade que destaca nese caso, por exemplo, un martelo de ferro, é de ferro porque é resistente (e non é, neste caso, por que sexa condutor)
  • Busca un polímero e explica do mesmo xeito e un cerámico.


E para o noso compi Yasín
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • Busca na túa contorna un material artificial e un natural, e envíame as fotos explicando nunha folla por escrito, porque é natural ou artificial.

E ata aquí chegamos hoxe!
Lembrar aos que tiñades Rofórza-T que a profe Noelia ten unha carpeta no blog e vai colgando cousiñas!
Ánimo e moita forza para todos que xa queda menos!
Bicos e apertas.
Sandra


18/05/20

Bos días de novo!!! Que tal foi a fin de semana? Seguro que xenial! Que ben que comeza o bo tempo para poder saír á rúa a pasear!
Espero que esteades todos ben e con gañas de traballar! Comezamos?

Mates!
Penso que os ángulos é algo que sabíades dende hai moito tempo... pero as veces hai tratar de non esquecer certas cousiñas...! Ao igual que hoxe, vouvos poñer unhas fichas que penso que vos van gustar... Simetría!!! Sabedes o que é o eixe de simetría, non? Esa liña imaxinaria que corta polo medio facendo as dúas partes iguais.
Deixo na vosa Carpeta Drive Mates tres fichas coa data de hoxe para que vos entreteñades! Pon simetría, simetría 2 e simetría 3!

Lengua Castellana
Xa que o outro día fixemos o cómic en galego, hoxe tócanos en castelán! Así que vos deixo unha ficha na vosa carpeta coa data de hoxe que se chama cómic.


Lingua Galega
Neste caso, vouvos deixar unha ficha pequena na carpeta onde repasades un pouco o que vemos dos verbos, do xeito moi sinxelo! Se tedes algunha dúbida, podedes ver de novo o video que deixei sobre os modos (Video verbos)

Carpeta Drive LG ficha coa data de hoxe que se chama repaso verbos.

Ciencias Sociais
Hoxe imos pasar ás páxinas 90 e 91. A vosa tarefa consiste en ler as dúas páxinas e facer as preguntas que aparecen no cadro da páxina 90 mirando a imaxe! A ver as conclusións que sacades!

Ciencias Naturais
Esta vez, imos facer un super esquema da primeria parte do tema que estamos a ver. Vouvos deixar na carpeta, coa data de hoxe, un esquema para completar dende a páxina 94 ata a páxina 99. Fixádevos como vos estou resumindo a información, porque o que me importa de todo isto é que aprendades a entender o que ledes e saibades recoller o que é importante!


E para o noso compi Yasín
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • Deixo colgada na súa carpeta de Drive unha ficha de simetría coa data de hoxe: Carpeta Drive Yasín

E ata aquí chegamos hoxe!
Ánimo e moita forza para todos que xa queda menos!

Bicos e apertas.
Sandra


15/05/20

Bos días a tod@s! Como vos vai? Espero que ben! Eu sigo esperando a que saia o sol por aquí... e vós? Tedes bo tempo? Penso que estaremos nas mesmas...
Pois imos traballar algo, non? Xa imaxino a vosa cara cando fago esta pregunta... jejejeje

Mates
Vouvos deixar unha ficha coa data de hoxe que se chama clasificación de ángulos. Nela, teredes que saber distinguir en ángulo recto, agudo e obtuso. Son cousas que xa sabedes, pero por se alguén non se lembra, podédelo mirar no tema 10 do libro de mates.

-          Carpeta Drive Mates

Lengua Castellana 
Xa que vexo que moitos de vós tedes fame e comedes as tils cando escribides, vouvos deixar uns cantos exercicios para facer online!! Repasade as normas de acentuación!!!!

Lingua Galega
Tendo en conta que o día anterior traballastedes cunha biografía, hoxe vos vou pedir que fagades a biografía dalgún familiar voso... mirade ben que tamén tedes a entrevista e podedes aproveitar a información!
Lembrade que ten que ter unha orde cronolóxica, é dicir, non podedes poñer que estudou en Madrid e despois que cando tiña 10 anos xogaba ao tenis...
Ten que ser unha redacción e non unha enumeración de cousas!! Podedes ler de novo a de Marco Polo para facervos unha idea de como empezar, poñer datas, etc.

Ciencias Sociais.
Deixo na vosa carpeta un esquema para completar coa data de hoxe, sobre as páxinas 90 e 91.
Os que non podan completalo no ordenador, facédelo na libreta, pero sen imprimir, copiades o esquema e facedes os cadros mirando como colocalos e aproveitar o espazo quedando ben repartido.  Se o imprimides non queda ben, porque o espazo para escribir é pequeno.

Ciencias Naturais
Xa vin moitas fotos vosas facendo os experimentos na casa e observando os cambios químicos e físicos! Moi ben!! Agora imos ver iso que facedes case todos os días cando tomades o colacao! As mesturas!
Lede as páxinas 98 e 99  e facede os exercicios 1,2 3 da páxina 98. Despois, o voso traballo será experimentar!
-          Mestura vinagre e aceite (pouca cantidade) observa o tipo de mestura, faille unha foto e pon o tipo que é. Despois intenta separalo. Explica o que pasou e se separaches a mestura.
-          Colle auga e arroz, mestura nun vaso, faille foto e di que tipo de mestura é. Despois intenta separalo e indica como o fixeches.
-          Mestura auga e sal, faille unha foto e di que tipo de mestura é. Proba a separalo e indica como o fixeches.

E para o noso compi Yasín,
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • Escribe unha biografía sobre alguén da túa familia. Tes que incluír cando naceu, onde naceu, ao cole ao que foi, o que estudou de maior e no que traballa actualmente.
  • Fai o experimento da mestura de vinagre e aceite que está explicado enriba e cóntame o que pasou!

E ata aquí chegamos hoxe!
Espero que teñades unha boa fin de semana e que descansedes!!
Ánimo e moita forza para todos que xa queda menos!
Bicos e apertas.
Sandra




13/05/20

Bos días! Como estades hoxe? eu por aquí teño un día algo escuro... non para de chover e a verdade que saír pasear faise algo complicado. E vós? 
Gustáronvos as obras de teatro? Pois a ver se termino de recibir os videos dos xogos das películas! os que vin están xenial! pero faise difícil! 

Traballaremos un pouquiño?

Mates
Para repasar o que estivemos traballando, vouvos deixar unha ficha que ten problemas e exercicios de repaso, ademais, inclúo unha sobre o tempo! penso que tod@s sabedes contabilizar horas, minutos e segundos, é algo que sempre o estamos a facer pero que nin nos damos de conta! Así que, tedes dúas fichas coa data de hoxe: repaso e tempo!

Lengua Castellana

Vouvos deixar unha ficha de competencia lectora coa data de hoxe. Fixádevos ben que é unha biografía. Suponse que todos sabedes o que é, pero mirade que ten unha caracetrística importante, conta a vida dunha persoa e ten que ter unha orde cronolóxica. 

Lingua Galega

Hoxe imos traballar a entrevista! mirade, vouvos deixar unha ficha con instruccións na vos carpeta coa data de hoxe. Lede o que hai que facer e enviades ao correo o resultado final. 

Ciencias Sociais

Como foi o iso de completar o esquema? penso que foi sinxelo, non? fixádevos benm que pedía información moi concreta!

Hoxe ides facer a lectura das páxinas 88 e 89, intentade facer en sucio o esquema como volo fixen eu, non fai falla que o mandedes porque o próximo día vouvos poñer o que tedes que completar, simplemente é para que practiquedes.

Ciencias Naturais

Collede o libro e abride pola páxina 96 e 97. Xa sabedes do que vai, non? Lede as dúas páxinas e a vosa tarefa é:

  1. Busca na túa casa exemplos de cambios físicos reversibles e irreversibles. Fai unha foto do antes e do despois.
  2. Busca na túa casa un exemplo de cambio químico, fai unha foto do antes e do despois. Non valen os do libro.
  3. Proba a integrar as fotos nun documento de word e explicarme en que consistiron ditos cambios. Explicando cada un deles e a razón de porque son físico ou químicos. Se non consigues facer o documento, adxunta as fotos ao correo e explícao na mensaxe do correo.
E para o noso compi Yasín,

E ata aquí temos por hoxe!!
Espero que esteades todos ben! 
Agardo polos vosos correos!!

Bicos e apertas!
Sandra







11/05/20

Bos días a tod@s!! Todo ben por aí? espero que si!
Xa subín o último video das obras de teatro, podédela ver aquí:

Espero que vos gustara o voso traballo! SOdes uns artistas!
Ben, entón traballamos un pouco?

Mates
Imos repasar un pouco, só un pouco, as unidades de medida de superficie.
Na Carpeta Drive Mates, tedes unha ficha coa data de hoxe que pon repaso m2 múltiplos y submúltiplos.
Penso que é fácil, pero se tedes dúbidas, preguntádeme!

Lengua Castellana
Hoxe vos vou pedir que fagades un resumo da vosa película favorita. Tedes que ter en cuenta que a explicación ten unha orde, non podedes empezar polo final, e pensade que eu non a vin. Comezade cunha presentación dos personaxes, falade do lugar onde se desenvolve... e contádeme a trama e o final!  Quero que a fagades a man, nunha folla, que utilicedes plantilla e deixedes marxes. BOA LETRA! E SIN FALTAS!!!
Veña, a ver se hai algunha que non coñeza e me sorprenda!

Lingua Galega
Na vosa Carpeta Drive LG tedes unha ficha coa data de hoxe que pon: "creas un cómic" 
Tedes que ler a primeira parte e despois podedes coller unha folla e facer as 4 viñetas máis grandes!Despois mandádeme unha foto!!

Ciencias Sociais
Imos cambiar o tipo de esquema.
Tedes na vosa Carpeta Drive CCSS un arquivo que pon: "esquema para completar" É posible que algún de vós non poda abrilo e completalo aí, de modo que o facedes unha folla. Os que podan completalo no osrdenador, só teñen que borrar as liñas e poñer as palabras que faltan! 
Mandádeme unha foto ou o arquivo completado. 

Ciencias Naturais
Supoño que moitos de vós xa tíñades xogado cun cubito de xeo, e que coñecedes máis que de sobra que pasa.
Aquí tedes un xogo para repasalo de xeito moi sinxelo:

  • Xogo cambios de estado, xa me diredes cal é a sublimación iversa que non vén no voso libro!
  • Ademais, na vosa libreta, facede os dous exercicios da páxina 95 do libro. Son moi sinxelos!
E para o noso compi Yasín, 

  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • Explícame nunha folla que pasou cando lle aplicas calor ao xeo, e se segues quentando que lle sucede?

E ata aquí por hoxe!!
Lembrade que é luns e que Cova vai colgar traballo de música! 
Mirade os exercicios de inglés!!! que sei que algúns deben perserse pola rede!
E entrade no blog de Educación Física!! 

Bicos e apertas!
Sandra



08/05/0
Bos días de novo! Estades preparando eses videos de artístas que sodes? Xa teño ganas de vervos en acción! jejeje
Como levades o de saír á rúa para dar un paseiño?espero que moito mellor!

Pois ben, imos traballar un pouquiño nada máis... 

Mates
Na vosa Carpeta Dive Mates, tedes dúas fichas coa data de hoxe para traballar os as unidades de supercicie. Chámase ficha 1 y ficha 2 m2

Lengua Castellana
Na Carpeta Drive LC, tedes unha ficha coa data de hoxe que se chama: "Escribir un itinerario" Trátase de traballar a expresión escrita e pensar en como explicar as cousas de mellor xeito, intentade facela con oracións ben formadas e no como se fórades indi@s.

Lingua Galega
Dende o equipo de biblioteca faise unha proposta moi chula, a actividade colgarase ao longo do día de hoxe no blog, de xeito que para saber cal é o traballo que tedes que facer, tedes que mirar na ultima entrada do blog. Só vos vou dicir que se chama  #Momentiñosdecorentena. Mirade ben o que hai que facer en enviádesme o resultado! Despois colgaremos o voso traballo neste blog!

Ciencias Sociais
Xa que estivemos a ver as institucións de España e da Unión Europea, xa sabemos quen son as persoas que dirixin o noso país, verdade? Pois ben, estas persoas, puxeron unha norma para poder saír segundo a poboación da zona. Que é iso? Imos a aproveitar de novo esta situación para poder entender a que se refiren cando nos falan da poboación, da natalidades e mortalidade, das migracións... Todo isto que escoitamos na tele estes días!
Primeiro, ides ver este video:

E despois abrides o voso libro pola páxina 86 e 87 e a ledes con atención, veredes que son cousas que xa sabedes. Non fagades o esquema aínda!

Ciencias Naturais
Imos comezar traballar o tema 5! que é un tema moi chulo para facer experimentos!!
Para comezar... deixo un video para que vexades explicada a páxina 94 do voso libro.

Para traballar os cambios de estado da materia, propóñovos que botedes un ollo a información da páxina 95 e que, coa axuda dalgún adulto, collades auga e fagades as probas! O único proceso que non podedes acelerar é a solidificación... pero unha vez feito o xeo, podedes probar a aplicarlle calor ou deixalo a temperatura ambiente para ver canto tarda en desafacerse. Para aplicarlle calor, lembrade, tedes que estar cos vosos pais. Se queredes podedes mandarme fotos ou videos.

E para o noso compi Yasín,

  • Facer unha ficha do cuadernillo de: Mis problemas favoritos
  • Facer unha ficha do cuadernillo de: lecturas comprensivas
  • Ver Video materia
  • Facer o experimento cos cambios de estado da auga explicado no apartado de ciencias naturais.
E ata aquí chegamos hoxe!!
Espero que pasedes unha boa fin de semana!
Espero os vosos videos do xogo das películas!
Por certo, lembrade mirar as actividades de Educación Física, Inglés e Música! que os profes esperan os vosos traballos!!
Bicos e apertas




06/05/20
Bos días a todos! Como estades? Eu, hoxe estou contenta, saíu o sol e o día está precioso! parece que xa empezamos co bo tempo! Vouvos ensinar un pouco do paseo que puiden dar hoxe!
 Espero que pronto pase todo isto e podamos saír a pasear onde nos apeteza! verdade? XA QUEDA MENOS!

Ben, pois entón, imos comezar coas Mates, coma sempre.
Hoxe imos ver un video sobre as unidades de medida de superficie, xa sei que as coñecedes, e que é todo o mesmo... 

En Lengua Castellana e Lingua, imos traballar de xeito conxunto a expresión corporal a través dun xogo. Que vos parece se xogamos ás películas? propóñovos o seguinte.

Grava un video CO MÓBIL EN HORIZONTAL (TUMBADO) representando unha película mediante a mímica. As instruccións son as seguintes:
  1. Pensa unha peli e tres momentos que consideres importantes para que se poda identificar.
  2. Colocas o móbil en horizontal e representas as 3 accións das películas. Separa cada escena  dicindo un, dous, tres, cos dedos da man!
  3. Podedes utilizar algún obxecto e incluso crear un pequeno escenario.
  4. NON SE PODE FALAR NIN FACER RUÍDOS
  5. Mandádeme ese único video ao correo e escribídeme no correo o nome da película! 
  6. Dicídeme no correo se queredes que o voso xogo se publique no facebook para que a xente xogue. Se non queredes, non pasa nada, pero facédelo igual.
E para facer isto, tedes tamén a fin de semana! 

En Ciencias Sociais,  só ides facer o exercicio 6 da páxina 82, que servirá para sintetizar de xeito máis claro a información máis relevante do tema!

E por último, en Ciencias Naturais, queríavos contar que hoxe no paseo que din atopei isto...




Que vos parece? a min paréceme que a natureza é impresionante!!
Collede a vosa libreta de naturais e explicádeme que é iso, que tipo de animal podería atopar aí dentro e buscade na internet os tipos de cunchas que podería atopar e como se forman estas cunchas! 


E para o noso compi Yasín:

  • Facer unha ficha de cada cuadernillo e mandádeme unha foto.
  • Carpeta Drive. Aquí tedes unha ficha coa data de hoxe para traballar moedas e billetes
  • E por último, na mesma carpeta do drive, hai outra ficha coa data de hoxe que pon: competencia lectora.
E ata aquí chegamos hoxe! Espero que vos guste o traballo e que o pasedes ben!
Moito ánimo!
Bicos e apertas!

Sandra




04/05/20
Bos días!! Como foi a ponte? Estades descansadiñ@s? espero que si!
Como vos foron as tarefas? Xa sabedes que se tedes dúbidas, podedes preguntar!

Pois imos logo co traballo de hoxe?

Para comezar, Mates! Estes días estades a traballar cos cambios de unidades, pois imos facer uns problemiñas para aplicar o que sabemos! 
Deixo unha ficha na Carpeta Drive Mates coa data de hoxe con problemas de unidades de medida.

E un xogo online! Xogo unidades medida

En Lengua Castellana, imos facer unha ficha de repaso de ortografía, esa letra que tanto esquecedes cando escribides! Lembrades cal é? siiii!!! A letra “H” que moitas veces, como non ten son... comédela! Jejejeje
Deixo a ficha na Carpeta Drive LC, ten a data de hoxe e pon repaso ortografía.

En Lingua, ao igual que en castelán, imos repasar un pouco o usa da coma... que é unha olvidada na vosa escrita! Sabedes que se non poñedes comas podedes cambiar o significado dunha oración?
Deixo aquí a entrada á Carpeta Drive LG onde tedes unha ficha coa data de hoxe que pon repaso coma.

En Ciencias Sociais, fáltanos por facer o esquema da última parte, páxinas 78 e 79. Aquí atoparedes as insitucións da UE.

Como traballo de investigación, vouvos pedir que busquedes cales son vosos dereitos e deberes como nenos e nenas. Facede unha pequena redacción co que entendedes e explicando e poñendo exemplos. Non fagades unha enumeración!!
Deixo na Carpeta Drive CCSS un documento que pon: “La constitución española para niños-as”

E por último, para Ciencias Naturais, vou deixar unha ficha para que poñades en práctica o que sabedes!

Tedes a ficha na Carpeta Drive CCNN coa data de hoxe que pon: repaso naturais

E para o noso compi Yasín, entrades na Carpeta Drive Yasín, onde atoparedes:
  • Unha ficha de castelan para traballar a caligrafía coa data de hoxe
  • Unha ficha de galego para traballar a descrición
  • Una ficha de problemas de sumas e restas
  • E por último, unha páxina para adivinar acertixos sobre animais: https://www.100adivinanzas.com/Animales/6/
  • Dos seus libros de traballo, pode facer unha ficha de lengua e otra de mates.


E ata aquí chegamos por hoxe! Espero que esteades todos ben!
Bicos e apertas!
Sandra

MÚSICA: Hoxe é o noso día musical, para desfrutalo seguimos traballando co noso libro de texto.
Repasamos as posicións de cada nota na frauta na páxina 8.
Realizamos o ex. 1 e o ex. 3 da páx. 28.
Antes lembramos que o compás de 2/4 ocupa dous pulsos e que cada pulso equivale a unha negra, e que unha negra ocupa dúas corcheas, e que catro semicorcheas que son as catro figuras que se unen con dúas liñas, tamén equivalen a unha negra. Lembrade que si son corcheas se unen cunha soa liña. Entón cada dúas negras escribimos liña divisoria, temos en conta as corcheas, as semicorcheas, os silencios… No ex. 1 de momento non escribimos nin os pulsos nin os acentos.
Practicamos coa frauta a canción “Dónde están las llaves”.
Deixo o correo ao que podedes enviar os vosos traballos: musicameira20@gmail.com
Ata a semana que ven!

30/04/20

Bos días rapaces e rapazas! Como estades hoxe? Espero que esta semana fora máis levadeira, con iso de poder saír á rúa...!
Gustáronvos as dúas obras de teatro? Sodes uns artistas!!! Quedaron xenial!! Están colgadas no noso Facebook, pero se alguén non pode entrar... aquí tedes os links!



Pois ben, poñémonos logo a traballar?

Comezamos, coma sempre, coas Mates! Para estes días, que tedes unha ponte, vouvos deixar un pouco de traballo cos cambios de unidades!
- Entrade na Carpeta Mates Drive Tedes 4 fichas coa data de hoxe (unha para cada día)
  • Olimpiadas longitudes
  • E 3 fichas de relacións entre as distintas unidades

En Lengua Castellana, deixo unhas fichas para seguir traballando un pouco a comprensión e un pouco dos verbos!!
Para facer unha das fichas, tedes que ver primeiro este video:


Despois entrades na Carpeta Drive LC, onde tedes dúas fichas coa data de hoxe:
  • Competencia lectora
  • Verbos regulares e irregulares

En Lingua Galega, aproveitando o video de LC, imos facer o mesmo! Traballar eses verbos regulares e irregulares ademais dunha comprensión lectora. Do mesmo xeito, entrades na Carpeta Drive LG, onde tedes dúas fichas:
  • Comprensión lectora
  • Verbos regulares e irregulares
En Ciencias Sociais, imos ver un pouco a Unión Europea, iso do que andan a falar na tele as veces... Primeiro Vouvos deixar un xogo sobre a colocación dos países membros, para que vos familiaricedes con eles e despois, facede o esquema de chaves da páxina 76 e 77. Na páxina 77 poñede os nomes de todos os países. 
E por último, en Ciencias Naturais, xa vin moitos dos vosos resumos! lembrade que non debemos facer recadros coa clasificación igual que no libro, senón facer a listaxe hacia abaixo poñendo puntos ou guións por cada nome! Trátase de facer resumos que axuden no estudo!
  • Incorporamos ao noso resumo as páxinas 64 e 65

E para o noso compi Yasín, pinchades aquí para abrir a Carpeta Drive Yasín, onde atoparedes
  • Unha ficha do verbo en presente e palabras con X de lingua.
  • Unha ficha do verbo en castelan e palabras con br e bl
  • Unha ficha dun puzzle de mates (sumas e restas)
  • E por último, que busque información sobre a xirafa, que diga que tipo de animal é, o que come, que a describa físicamente e que faga un debuxo.
Sempre que podades, mandádeme foto de todo o traballo que vai facendo!


E ata aquí chegamos hoxe... espero que esteades todos ben e que sigades traballando como ata agora!
Bicos e apertas.
Sandra

27/04/20
Bos días! Como foi a fin de semana? espero que ben! que esteades ben descansadiñ@s! aínda que supoño que coa novidade de poder saír... seguro que os vosos tenis botaron fume! jejejeje 
Por outra banda, téñovos que dar a noraboa! porque estades a traballar moi ben e moitísimo!!

Gustaríame pedirvos que cada vez que fagades unha ficha na libreta ou impresa, que lle poñades a data da ficha e o nome  cando enviedes a foto, así facilitádesme un pouco a tarefa de saber de que día e que ficha é!

Dito isto, comezamos coas Mates? Pois visto que facedes moi ben os cambios de unidades de lonxitude e capacidade, imos ver logo as de masa, que é o mesmo só que cambio o nome.
Aquí vos deixo unha táboa con todas as unidades que levamos vistas, para que teñades todo xunto.

E para traballar un pouco, deixo na Carpeta de Drive dúas fichas coa data de hoxe
1 para traballar a masa
1 Para traballar a capacidade e masa a través de receitas

En Lengua Castellana, ficxemos repaso trimestral máis verbos. Aínda faltades uns cantos por mandar as tarefas! a ver se non xuntades moito que se non vos agobiades!!
Tamén teño que dicir que as obras de teatro van quedar xenial! aínda me falta xente por mandar... así que veña!! que todos dependemos de todos para poder facer algo chulo!

Para hoxe deixo unha ficha para repasar ortografía, que polo que vexo... non vén nada mal... ejemmm!!  E unha comprensión lectora Online!
En Lingua, tedes aínda pendente facer o microrrelato. Pero vouvos deixar un par de fichiñas para que sigades traballando outros aspectos tamén moi importantes!
  • Carpeta Drive. Tedes dúas fichas coa data de hoxe, unha de comprensión lectora e outra que pon O verbo 2! Lembrade identificar as fichas que me enviades por foto coa data e nome da ficha porfa!
En Ciencias Sociais, como vos foi coa búsqueda de información? espero que ben.. Pois do mesmo xeito que fixéstedes o esquema coas palabras clave de das institucións de España, hoxe tócanos centrarnos en Galicia.
Na páxina 74 e 75 do libro tedes toda a información, pero repito, buscade información sobre as personas das que estades a falar, por exemplo: quen é o Presidente da Xunta? buscade o nome e o que poida poñer foto tamén, pois mellor que mellor!

E por último, Ciencias Naturais. O outro día pedínvos que fixérades uns exercicios online que polo visto non funcionaron moi ben. Hoxe vou deixar un link para xogar cos animais invertebrados


E para o noso compi Yasín,



Espero que esteades todos ben!! 
Bicos e apertas.
Sandra

MÚSICA: Hoxe é o noso día musical, para desfrutalo seguimos traballando as cousiñas do día anterior. Xa me diredes como vos vai!
Para as podicións da cada nota na frauta:
Enlace coas diferentes cancións: partituras, acompañamento + frauta, acompañamento para acompañar coa nosa frauta a melodía que está escrita na partitura da canción ou cancións que escolladles:
Que as desfrutedes moito!
Ata a semana que ven!

25/04/20
Bos días a tod@s! Como foi o traballo da semana? Aínda estou por recibir algunha tarefiñas vosas!! Xa vin algúns videos das obras de teatro! Estádelo facendo xenial! Penso que pode quedar moi chulo sempre que todos o fagades...
Pois hoxe vouvos deixar un pouco de tarefa para que non vos aburrades a fin de semana... que vos parece?

Comezamos coas Mates! Xa vin que non tedes dúbidas coas unidades de medida de lonxitude, así que vos poño un xogo para facer un pouco de repaso con cálculo mental e logo unha fichiñas engadindo as unidades de capacidade. Adxunto unha imaxe para que vexades que é o mesmo que na lonxitude, só cambian os nomes.


  • Carpeta Drive Aquí tedes 3 fichas coa data de hoxe sobre as unidades de capacidade e as relacións entre unidades.

En Lengua Castellana, vin que algúns de vós tiñades un pouco de dúbidas cos verbos, de modo que vos deixo un video sobre o modo, para poder facer outra ficha de verbos e unha de repaso de todo o que traballamos no cole! 


En Lingua, hoxe temos algo especial, dende o IES Pedregal de Irimia, invítannos a participar nun certame literiaio, e como vós xa sodes expertos en crear historias, penso que podemos facelo xenial!
O traballo a facer é o seguinte:
  1. Hay que facer un microrrelato. Pero, que é iso...? non é máis que contar unha historia pequena, con poucos personaxes. Ollo, que non é unha fábula. Aquí tedes dous enlaces para informarvos e ler algún exemplo:Enlace 1   y   Enlace 2
  2. A temática deste certame está relacionada co final desta pandemia. Trátase de ver a escrita como unha ferramenta para poder evadirnos do actual confinamento para poder evadirnos do actual confinamento que nos ata ás nosas casas coma se fosen gaiolas. Intenta transmitir unha mensaxe de esperanza ou de como desta pandemia podemos aprender como sociedade!
  3. Como é lóxico, ten que estar escrito en galego.
  4. Tédelo que facer a ordenador e non pode ocupar máis dunha folla. Eu utilizaría unha fonte de 12. (Tamaño da letra.
  5. E por último, enviádesmo ao correo.
  6. Tedes ata o próximo venres para envialo!  Día 1 de maio.
En Ciencias Sociais, aproveitando que hoxe en día vemos na tele tantas noticias galando do goberno, do presidente, dos ministros... e demais, imos comprender un pouco como funciona, aínda que xa sei que estades postos no tema!
      Na páxina 72 e 73 do noso libro, comeza a falar da Constitución española. Abride nesa páxina e lede todo con atención. Despois facede un equema de chaves coas palabras clave e función principal. SUPER RESUMIDO!
      O importante de todo isto é que comprendades como están organizadas as institucións de España e a súa función.
      Ademais, se sodes capaces de facelo nun folio, podedes buscar unha foto dunha persoa que desenvolva ese cargo e pegala co seu nome posto! Os que non teñades impresora, buscades a para ver ás persoas e escribides os nomes.

      E por último, en Ciencias Naturais, aquí vos deixo un enlace para facer uns exercicios sobre a reprodución das plantas.
      Tedes que pinchar una unidade 3 e escoller os exercicios onde pon as funcións vitais. A reprodución e o outro que tamén inclúe a relación. En total son 5 exercicios.
         -  Actividades

    E para o noso compi Yasín,
        - Lectura comprensiva
     - Escribe unha pequena historia, como se fora un conto, utiliza unha folla e manda unha foto! Escolle ti os personaxes.
       -  E estas dúas fichas: problemas de mates e repaso trimestral





E aquí tedes a tarefa desta fin de semana, espero que non sexa difícil
Bicos e apertas!

Sandra

22/04/20

Bos días! Hoxe xa queda un día menos!Ánimo que sodes uns campeóns!
Como van ese videos? espero que moi ben!!! Teño ganas de ver o resultado final... 😁

Ben, pois hoxe vos traio algo máis de traballiño, para non perder a rutina, comezamos?

Matemáticas! Xa vin algúns dos vosos planos!! moi ben! espero que fora divertido e fácil! A diferenza do que fixemos hai tempo no cole é que tiñades que facer vós as medicións!!
Para hoxe vouvos deixar unhas fichas para lembrar algún concepto e mais repasar!

En Lengua Castellana, vouvos deixar unha ficha para repasar o verbo tamén, ao igual que en galego. Pero nada máis que entendo que aínda tedes traballo cos videos.
En Lingua, vouvos recomendar que entredes neste blog e ler Papagaio! está moi interesante, podedes atopar varios exemplares!! Ademais, vouvos deixar un par de cousiñas máis: un video dun conto para que escoitedes e despois fagades un resumo escrito! Escrito a man! Logo mandades foto! así que xa sabedes, boa letra! E máis unha ficha de repaso de acentuación que vexo que as veces escribides con fame!!
En Sociais, Deixo unhas páxinas con xogos online de repaso de ríos, relevo, comunidades e un mapa para que intentedes completar coas comunidades e provincias intentando non mirar! a ver cales son as que lembrades!
En Ciencias Naturais, imos rematar de facer o resumo da páxina seguinte!  aquí deixo o enlace á carpeta para que o collades!

E para o noso compi Yasín!



  • Ficha do adxectivo


E ata aquí temos por hoxe!
Espero que esteades todos ben!!!
Ánimo!!!
Bicos e apertas!
Sandra

20/04/20

Ola de novo! Como foi a fin de semana? Espero que moi ben! Eu aquí, lendo os vosos traballos e moi contenta de todo o que estades a facer dende a casa!!! Sodes xeniais!!A seguir así!

Pois hoxe toca comezar nova semaniña, non? tedes enerxía? imos aló!

Coma sempre, comezamos coas Mates, que sei que vos encantan a moitos de vós. Pero que seriamos sen as mates? pensastedes algunha vez que é unha das cousas que máis utilizades na vosa vida diaria?

Ben, pois imos seguir repasando todo o que sabemos!


En Lengua Castellana, vouvos propoñer un traballo que penso que vai quedar moi chulo, se o facedes sen vergoña claro!
Imos facer unha pequena representación teatral!! Para isto temos que:

  1. Abaixo tedes un enlace que vos levará a unha listaxe cos vosos nomes e pon o texto que vos toca e o personaxe que tedes que facer.
  2. Disfrazarvos na casa do personaxe que vos tocou.
  3. Aprender o diálogo que vas gravar. Nada de aparecer lendo! Expresarse ben, xestualizar... non parecer unha árbore!
  4. Gravar en horizontal
  5. Facer unha gravación por cada diálogo e poñer o número de orde. 1ª, 2ª, 3ª... o texto que estás a facer e o personaxe que che tocou.
  6. Enviarme todo nun mesmo correo.
Aquí tedes unha listaxe de como repartín os personaxes
E aquí tedes os textos.
Texto 1

Posto que esto vos vai levar algo de tempo, hoxe non vos vou pedir nada máis. Penso que se vos dou marxe para traballalo ben, ides tratar de configurar os personaxes, buscar atrezzo e intentar facelo o mellor posible!
Aínda así, xa sei que ata o mércores é pouco tempo, que seguro que precisades axuda dos vosos pais, de modo que tedes ata o venres para envialo! 

E para o noso compi Yasín,
  • Mirade a listaxe da obra de teatro que ten un personaxe que facer!!!! 
  • Fichas sumas e restas







E aquí tedes o traballo de hoxe! Espero que vos resulte divertido!! Xa veremos como queda e a ver se o podo montar ben logo...!

Por certo, Iván proponvos esta actividade dende Educación Física...  Aquí vos deixo un enlace para que vexades as instruccións.


Ánimo!! que xa queda menos!!
Bicos e apertas
Sandra

Música: Hoxe no noso horario escolar temos a materia de Música, imos continuar coas actividades do luns anterior, que foi o luns anterior ás vacacións da Semana Santa.
Cando traballedes as partituras, antes de tocar coa frauta e o acompañamento, primeiro a traballamos por partes, si aparece A, B, A+B, pois primeiro preparamos ata A, despois de A ata B, e así sucesivamente, lembrade tamén que os silencios tamén nos indican as partes de repouso da canción, entón tamén podemos traballar ata cada silencio, por frases musicais. Lembrade ca linguaxe musical ao igual ca linguaxe verbal, ten as súas pausas para respirar, no caso da linguaxe musical, si cantamos ou tocamos, as pausas cos silencios serven, á súa vez, para expresar a música. Cando saibades as notas, entón incorporades a frauta, podedes copiar a canción no caderno de música e escribir o nome das notas por debaixo, se non o tedes, pois non a copiedes, vos deixo a posición de cada nota na frauta no seguinte enlace https://aprendomusica.com/const2/01posicionesFlauta/posicionesflauta.html 
Veredes que neste enlace aparecen a partitura da canción, a canción co acompañamento + frauta, e a canción co acompañamento sen frauta, para que toquedes vos con ese acompañamento http://musicaymascosas.blogspot.com/p/quinto-de-primaria.html
Lenmbrade que no enlace das posicións das notas na frauta, aparecen tamén as notas con sostenido (#) (diese) e con bemol (b).
Seguide traballando coa frauta nos ratiños que poidades.
Ata a semana que ven!

16/04/20

Bos días! Como estades hoxe? Espero que ben! 
Xa vin moitos traballiños vosos! estades facendo todo xenial! estou moi contenta!
Pois hoxe vouvos deixar algo de traballiño xa para mañá e mais a fin de semena. Comezamos?

Para as Mates, imos lembrar o que traballamos no cole. Non hai nada novo, o único é que se chama dun xeito distinto. Imos ver as porcentaxes. Neste caso, ides ver a relación dunha porcentaxe cunha fracción. Sendo o denominador sempre 100. É dicir, comemos 38 pedazos de 100, quere decir que comemos un 38%.
¿Pero como se fai para calcular unha porcentaxe dun número que non sexa 100? pois é o mesmo que facíamos no cole cando calculábamos unha fracción dun numero. Vouvos deixar uns videos e mais unhas fichas, xa veredes que é todo o que fixemos na clase.

En Lengua Castellana, ídesvos fixar na introdución de diálogos nos textos. Xa o falamos moitas veces, verdade? pois a ver se o aproveitades para cando me fagades un conto! que os diálogos moitas veces non aparecen como deben 😅
  • Aquí tedes unha ficha para facer! (Mandade foto da ficha)




En Lingua Galega, pedinvos que fxérades uns poemas! por agora os que recibín están moi ben! colgarei algún neste blog!
Hoxe vouvos deixar unha ficha tamén en galego, pero esta vai sobre os verbos.  (Mandade foto da ficha)


En Ciencias Sociais, ides facer os esquemas finais do tema, da páxina 65 o número 2 e 3. Adxunto unha imaxe para aqueles que aínda non teñan o libro! (Foto do esquema)
E por último, en Ciencias Naturais, xa vin que os resumos están saíndo estupendos! que vos parece se seguimos a traballar esta destreza? É moi importante que utilicedes a numeración e os códigos de cores, non vos esquecedes das veces que volo dixen na clase! Aprender a facer esquemas é esencial!
Aquí vos deixo as seguintes páxinas! (Foto do resumo)

Ademais, neste caso, vouvos propoñer un traballo de investigación. Quen teña ordenador, pode facelo nel, pero OLLO, non quero que copiedes e peguedes a información. Trátase de ler e informarse, e despois contarme o que entendestedes, ok? Se non tedes ordenador, podedes escribir a man e mandarme unha foto.

A investigación é sobre as ABELLAS, 
  • A importancia das abellas no noso planeta
  • Por que son importantes? que fan? 
  • Hai algunha problemática hoxe en día con elas? se atopas algún problema que teñan as abellas, poderíasme dicir unha solución inventada por ti?
Enviádeme o traballo ao correo ou a foto do que fixéstedes!

E para o noso compi Yasín, hoxe temos...


E por hoxe, rematamos a tarefa ata o luns que ven!
Espero todos os vosos correos! 😍

Ánimo que xa queda menos!
Bicos e apertas!

14/04/20
Bos días a todos! Como estades? que tal vos foi nas vacacións? espero que ben! pois temos que retomar un pouco iso de traballar e comezar a facer algo! 
Como xa vedes e sabedes, este trimestre témolo que comezar dende a casiña, entón, todo o que vos propoña, é necesario que o fagades e o enviedes ao correo! 
Algún dos enlaces que vos poña, serán documentos que colgue a través do Google Drive, tratarei de poñelos abertos para que todos podades entrar, igual que o horario que puxen de recollida de material.  Os que non podades abrir estes enlaces, avisádeme, posiblemente será porque non tedes correo de gmail...

Dito isto, poñerémonos a traballar un pouco, non?

Comezamos coas Mates? Pois hoxe imos repasar as fraccións e os decimais. Lembrades que unha fracción é unha división verdade?
  • Video decimal a fracción Neste video podedes ver como se pasa un número decimal a fracción
  • Fracción decimal a número decimal Neste outro video, veredes o cambio dunha fracción decimal a un número decimal. Lembrade que non deixa de ser unha división que sabedes facer.
  • Xogo fracciones decimales Para que practiquedes antes de facer as fichas
  • Ficha 1 Drive quen non teña o acceso ao drive pode atopala aquí Ficha web AVISADE SE TEDES PROBLEMAS PARA VER A FICHA NO DRIVE que haberá algunha que non estea na internet e será imposible que a atopedes por outro lado.
  • Ficha 2 fracciones decimales Este é un enlace a Drive, non está colgado na web, quen non o vexa que me escriba por correo.
En Lengua Castellana, pedínvos o outro día que fixérades un video sobre como vos atopades. Aínda estou por recibir máis dun video!
Hoxe vouvos pedir que escribades unha redacción sobre o primeiro que ides facer segundo saias da casa. OLLO, escribide máis de media folla, así que pensade na orde de cousas que me ides contar e explicar, facédeo en sucio e despois pasádeo a limpo. Utilizade plantilla para escribir recto e deixando as marxes libres. BOA LETRA. Quero unha foto, polo que ten que ser escrito a man. E se vos apetece, un debuxo ao final sempre alegra a vista! 😄

En Lingua Galega, como este mes tocaba traballar os poemas dende a biblioteca, o outro día pedín que o recitárades como se fórades uns artistas! pero hoxe vouvos pedir que inventedes un. Tedes novas entradas con exemplos de poemas doutros cursos, botádelle un ollo e así tedes unha idea. Vouvos pedir que cumpla os seguintes requisitos, que sei de sobra que tedes imaxinación para inventar un poema co que traballamos na clase:
  • Dúas estrofas de tres versos cada unha.
  • Podedes facer rima asonante ou consonante.
  • Tedes que intentar contar que teña 11 sílabas cada verso. (Se non sae, non pasa nada, pero que sexan máis ou menos iguais)
  • Nas dúas estrofas ten que rimar o primeiro verso co terceiro, mirade a imaxe:
Xa sei que está en castelán, vós tedes que facelo en galego. 

En Ciencias Sociais, seguimos logo facendo os nosos resumos? Aquí vos deixo as imaxes. Mandádeme unha foto dos esquemas, para ver como ides.



E por último, en Ciencias Naturais, gustaríame ver como van esas sementes que puxestedes a remollo! medraron? 
Hoxe imos recordar un pouco cales son as funcións vitais das plantas. Xa as sabedes de sobra, así que a vosa misión é facer o esquema e uns exercicios online!
  • Exercicios pinchade na unidade das plantas e despois en funcións vitais, nutrición. Ahí tedes 4 preguntiñas que facer, así traballades un pouco a comprensión lectora!


E  para o noso compi Yasín:
  • Repaso masculino, femenino
  • Escribe un poema (dous versos que rimen estaría ben) en galego sen ter en conta as características que puxen enriba. Enviádeme unha foto.
  • Repaso números Que repase os números ata o 100. Tedes que ter flash. 
Pois aquí tedes o voso traballo!!
Espero recibir todas as cousas que pedín de TODOS!

Bicos e apertas!
Sandra

3/04/20

Bos días! Que tal estades? Espero que xenial! con moitas ganas de facer cousiñas novas! 😁😁
Ben, xa sabemos todos que hoxe era o último día de Semana Santa, así que colgarei traballo e ata a semana do 13 teredes as vosas merecidas vacacións! 
Pero OLLO! á volta coas pilas ben cargadas! que quero ver os traballos que vos pida de todos e cada un de vós! aínda non me chegaron todos os contos... resumos orais... redaccións... etc! 

Pois imos aló! Matemáticas. Vouvos poñer unhas imaxes de fichas de repaso para que as fagades ao looongo desta semana, non vos apuredes.










Ademais, lembrade que todas as fichas que tedes sen facer de días anteriores, ao igual que os xogos, podédelas ir facendo estes días. 
Engadide dúas follas máis dos problemas: 

  • Problemas 
  • Reto para que non vos aburrades e o fagades en familia
En Lengua Castellana, pedínvos o outro día un resumo oral, algúns de vós gravástedes un resumo lido, iso é trampa! jejeje así non é como o facemos na clase, verdade?
Pois como o que eu quero e que faledes vós, coas vosas palabras, vouvos pedir que fagades un pequeno video contándome:
  • Como estades, como vos atopades.
  • Que vos gusta máis e que vos gusta menos de estar na casa.
  • Pensades que estades repasando ben... 
  • Que faríades vós se fórades o presidente do goberno para arranxar esta situación.
  • Facédeme algunha proposta de algo que vos gustaría que fixéramos entre todos, a  ver se somos capaces de artellar algo bonito!
En Lingua Galega, como xa sabedes que estivemos traballando os poemas, ides buscar un que vos guste, memorizalo, e despois tedes que ser vós os artistas con todo o sentimento que teñades para recitalo e gravalo! Gustaríame vervos como si estivérades nun teatro recitando para todo o cole! 
Que vos parece? veeeñaaa! que en realidade só os vexo eu!

En Ciencias Sociais, imos practicas os nosos esquemas de chaves.
Ademais, para comprobar que tedes entendido o que resumides, facede as actividades da páxina 61
E para rematar, en Ciencias Naturais, deixo unhas imaxes para que fagades o resumo. Lembrade os códigos de numeración. Comezamos coa unidade das plantas, logo o primeiro título é o número 1 e os apartados dentro desde título son o 1.1, 1.2 e 1.3


Ademais, para que traballedes un pouco de Arte, deixo unhá páxina que traballa distintos artistas, entre eles Miró  y Mondrian

  • Arte (Lembrade permitir ao flash, que non teña ordenador, que busque os nomes dos astistas na internet)
Despois de xogar un pouco coa arte, que vos parece se intentades facer a vosa propia obra artística seguindo o estilo dalgún dos dous? despois, facédelle unha foto e a enviades ao correo, xa sabedes: alumnadomeira@gmail.com


E para rematar as tarefas de Semana Santa, vouvos propoñer algo máis divertido...
Posto que estabamos a piques de comezar coas unidades de medida, masa, capacidade.... que vos parece se lembrades un pouco todo iso facendo unha receita?
Aproveito a devirvos que eu xa estou aburrida de pensar no que facer de comer... e se queredes, podedes facer un video contándome como facedes unha receita e como medides, e os instrumentos que utilizades, así como se fórades youtubers encinando como cociñar algo!

E para o noso compi Yasín,

  • Faremos o mesmo no caso das linguas. En castelán, gravar un video contándome como se atopa e as preguntiñas que lles puxen enriba e en galego, ten que memorizar un pequeño poema e recitalo.
  • Comprensión lectora
  • Neste periodo de vacacións, é importante que repase as datas e días da semana: juego online
  • Ademais, aquí deixo unha páxina de repaso de normas de ortografía: Repaso ortografía
  • Para escribir un pouco, ten que ver a foto que engado a continuación, e describir con frases curtas o que ve. Escribilo nunha folla, facerlle unha foto e enviarmo ao correo. EN CASTELÁN
  • Dibujo de Niña con mochila pintado por Lukittty en Dibujos.net el ...
  • E para traballar os números, aquí tedes unha páxina para que indique se o número é maior, igual ou menor: <, > ou = Números
  • Yasín tamén pode facer o debuxo de arte e mais a receita!
Pois isto é todo pequech@s!
Espero que o pasedes ben nas vacación e xa nos vemos á volta! 
Xa sabedes que estou no correo por se tedes dúbidas!
Agardo polos vosos videos.
Bicos e apertas!

Sandra

1/04/20

Ola chic@s! como estades hoxe? Espero que xenial!!Así que para empezar o día con alegría... imos traballar un pouco e así non esquecemos todo o que sabemos!

Veña logo, comezamos coma sempre coas Mates, parecevos? 


En Lengua Castellana,  vouvos pedir que me fagades un resumo oral do conto que vos poño. Facedes unha gravación de vídeo e enviádesme o video ao correo. Lembrade que na clase sempre o facemos. Primeiro lemos o conto e logo o resumides coas vosas palabras! acéptanse tomas falsas! 😁
En Lingua Galega...
  • Sopa de letras
  • E aquí deixo unha ficha de repaso das cousiñas que xa sabedes.

En Ciencias Sociais, que tal vos foi co resumo? que vos parece se me escribides nunha folla o tipo de paisaxe que hai onde vivides e explicades a razón e mais o tipo de paisaxe da seguinte imaxe e tamén o explicades coas vosas palabras.

En Ciencias Naturais, o outro día mandeivos un video sobre as plantas, agora vouvos poñer un pequeno xogo sobre as plantas que tedes que facer sen andar buscando información, só para que vexades que sabedes sobre estes seres vivos!

  • Xogo plantas
  • Ademais, propóñovos plantar na casa unha semente. Podedes utilizar unha lentella, unha faba, un anaco de pataca (onde vexades que teña xermolo), un allo, por exemplo. Poñédeo nun frasco ou bote de iogur con algodón mollado e... esperade! lembrade botarlle auga e que teña claridade!

E para o noso compañeiro Yasín...

  • Comprensión lectora
  • Escribe en galego nunha folla como estás, que estás facendo estes días, como o estás pasando... E logo envíasme unha foto ao correo : alumnadomeira@gmail.com
  • Xogo plantas (permitir ao flash)
  • Aquí tes unha ficha sobre as plantas para que completes!

REPASO Y AMPLIACIÓN CIENCIAS NATURALES 2º PRIMARIA - Docsity
Ben, por hoxe xa tedes traballo, agora toca poñerse mans á obra! 
Espero vervos pronto con eses resumos orais!

Unha aperta beeeeeennnn grandeeee!!!!!
Sandra

30/03/20

Bos días a tod@s!

Como estades hoxe? Espero que ben! un día máis é un día menos! así que ánimo e forza que sodes uns campións!

Ben, como vos foron os exercicios de mates da fin de semana? Xa sei que eran moitos... pero algún deles fixestedes, non? Se tedes algunha dúbida escribídeme ao correo.

Hoxe non vos vou poñer nada de mates, por que entendo que aínda tedes cousas pendentes da fin de semana, que puxen moitas. E así tamén descansades!

En Lengua Castellana, vouvos deixar unha ficha para repasar o pronome!


Ademais, aquí tedes dúas comprensións lectoras!

Para Lingua Galega... unha comprensión lectora tamén! que nos vén xenial!

En Ciencias Sociais, imos seguir facendo os nosos resumos! que vos parece? xa sei que non vos gusta moito, que aprender a facer os esquemas é esencial! non vos pido que os estudedes, pero si que entendades o que ledes e saquedes a información máis importante. Xa os explicaremos todos á volta!

Aquí tedes as imaxes por se alguén non ten o libro.

E para repasar os ríos... un xogo que podedes facer mirando o libro ou a foto que enviei o día anterior...

E en Ciencias Naturais, imos ver un video sobre as plantas, cousas que vós xa sabedes máis que de sobra, pero como quedamos pendentes de facer a horta, así cando volvamos ao cole, xa imos sabendo algunha cousiña.

E para o noso compañeiro Yasín, deixo un pouco de traballo tamén!




Aquí tedes o traballo de hoxe, aínda agardo a que me cheguen máis contos...
Xa sabes, se tedes algunha dúbida, escribídeme ao correo!

Bicos e apertas.
Sandra

Música: Hoxe no noso horario escolar, temos a asignatura de música. Espero que vos fora ben coa canción do luns anterior. No seguinte enlace, aparecen exercicios e cancións para practicar coa frauta. Si vos fixades, primeiro aparece o exercicio/canción, despois un audio co mesmo exercicio/canción  cun acompañamento + frauta, e por último outro audio co acompañamento soamente para que vós acompañedes tocando coa frauta ese mesmo exercicio/canción. Este é o enlace:
http://musicaymascosas.blogspot.com/p/quinto-de-primaria.html
A ver si vos gusta!
Deixo tamén a posición do fa díese (sostenido) e o si bemol, que vos aparecerá nalgúns exercicios e nalgunhas cancións. Non tedes que saber todas as cancións, escolledes e preparades a que máis vos guste ou vos pareza máis fácil, tede en conta que preparar unha canción por semana xa é tarefa dabondo, dado que ten moitas cousiñas que mirar e practicar.
Fa # : https://www.google.com/search?q=fa+%23+flauta+dulce&sxsrf=ALeKk004n8_8uFP4Ff_LB0RO_-_Xc1gUBw:1585562701364&tbm=isch&source=iu&ictx=1&fir=QezfkTauzlxnjM%253A%252CuID6_bp9BBP9EM%252C_&vet=1&usg=AI4_-kSdKsw8UyvN9t4qm5d2hS2TXQ-glA&sa=X&ved=2ahUKEwiuvtWs-cHoAhUIyIUKHZFrD-IQ9QEwAHoECAcQFQ#imgrc=QezfkTauzlxnjM:
Si b : https://www.google.com/search?q=si+bemol+flauta+dulce&tbm=isch&ved=2ahUKEwj53Mev-cHoAhUEexoKHffOD_wQ2-cCegQIABAA&oq=si+bemol+flauta+dulce&gs_lcp=CgNpbWcQAzICCAAyAggAMgYIABAHEB4yCAgAEAcQBRAeMggIABAHEAUQHjIICAAQBxAFEB4yCAgAEAcQBRAeMggIABAHEAUQHjIICAAQBxAFEB4yBggAEAUQHjoECAAQQ1CB1AZY6fsGYP2GB2gAcAB4AIAB3giIAeMikgENMC45LjQtMS4xLjEuMZgBAKABAaoBC2d3cy13aXotaW1n&sclient=img&ei=U8SBXrnnGYT2afedv-AP#imgrc=mne9DhxCz1f1bM

27/03/20

Bos días!!

Como estades hoxe? Como vai ese conto? Xa empezo a recibir algún eh! Isto promete! sodes uns artistas!

Ben, pois para esta fin de semana gustaríame que traballedes un pouco máis os decimais. Mirade, estiven vendo as fichas que fixemos o último día. Lembradesvos? pois non sei que pasou, que penso que estábades algo despistadiños e despistadiñas! Entón, como pasei o día de onte botando fume polas orellas vendo os exercicios que fixéstedes, penso que é mellor que o traballedes tranquilamente dende a casa e practicando moito cada unha das cousas que vos poño hoxe.

Os exercicios nos que pon ficha, non precisades o ordenador, os que son online si. Lembrade permitirlle ao Flah!
  • Más ejercicios (Non é para facer todo o mesmo día, nin toda a páxina na fin de semana, é moito. Collede uns poucos cada día dos distintos tipos)
Fixádevos ben en:
  1. A colocación dos números nas sumas e restas.
  2. A colocación da coma na multiplicación.
  3. O movemento que facedes das comas na división.
  4. A multiplicación e división pola unidade seguida de 0!
  5. E repasade as tablas!
Penso que se lle dedicades esta fin de semana de repaso intenso ás mates, seguro que despois teredes mellores resultados. 
Se tedes algunha dúbida, escribídeme ao correo!

Para o noso compañeiro Yasín, imos trabllar tamén as mates:

Por certo, para os que se atrevan a xogar co Scratch, aquí vos deixo a páxina para programar online:


  • Scratch ( pinchades en crear e xa o tedes)



Ánimo que xa queda menos!

Bicos e apertas!

Sandra.

25/03/20

Bos días chic@s!

Como foi coa tarefa do outro día? espero que ben! xa me chegaron uns cantos correos cos vosos traballos! estades facendo todo xenial! 😍

Ben, pois hoxe vai ser unha tarefa completamente distinta! estades preparados e preparadas?

Lembrades que vos pedín que fixérades uns bonecos con material de refugallo?

- E para que son? (preguntaríades vós...)

Pois moi sinxelo, ides traballar a creatividade, a expresión oral, as tecnoloxías da información... e moitas cousas máis!

A tarefa consiste no seguinte:

  1. Tedes que ter 3 bonecos creados por vós. Se aínda non os fixéstedes, estades a tempo!
  2. Unha vez teñades os bonecos, ides coller papel e boli ou mesmo no ordenador... e crear un CONTO, lembrades a estrutura? Introdución, nó e desenlace.
  3. Unha vez teñades creado o voso conto cos vosos personaxes, montade un pequeno escenario.
  4. Por último, tedes  que representar o conto cos bonecos e á vez, grabar a representación!
  5. Enviar o vídeo ao correo! alumnadomeira@gmail.com
Que vos parece que subamos algún ao noso facebook?

Por certo, podedes facer o conto na lingua que vós queirades! 

OLLO, SEDE CREATIVOS!! E FACEDE UNHA HISTORIA! non me vale: Érase unha vez un gato que comía pescado e un día atragantouse e morreu. Fin.
   
Pois aquí tedes a vosa tarefa, e como sei que isto leva máis tempo, non vos poño máis cousiñas.

Espero que o pasedes ben creando!

Bicos e apertas.

Sandra

23/03/20

Bos días a tod@s!

Como foi a fin de semana? espero que moi ben! e que esteades descansadiños e descansadiñas!
Estiven mirando correos que me chegaron, MOI BEN!! Bo traballo!!!!

Pois imos aló co traballo de hoxe non? jejeje, xa imaxino os vosos comentarios... noooooooonnnnnnn, pon poucooooooo! iso é moitooooo! hai que copiar os enunciados??????😄
Lembrade que todo o que fagades na libreta supón copiar os enunciados! xa sabedes a razón de sobra, verdade?

Ben, pois de Matemáticas, imos repasar o que deixamos traballando!  (Lembrade permitir o Flash)


Vamos con Lengua? Me gustaría que hiciérais una redacción de una hoja contándome que tal fue la semana pasada, como es vuestro día, que es lo que más os gusta y lo que menos, como os encontráis... 
- Para los que tengáis ordenador, hacedlo en Word o el procesador de texto que tengáis.
- Para los que no tengan ordenador, la podéis hacer escrita y mandar una foto al correo.
Por cierto, mínimo una hoja! que en menos espacio no da tiempo a que me contéis nada.

Despois, enviarmo ao correo: alumnadomeira@gmail.com


OJO A LAS FALTAS DE ORTOGRAFÍA, seguro que tenéis corrector en el ordenador... hacedle caso! mirad los errores y aprended de ellos.

En Lingua Galega, imos facer o repaso trimestral do que xa temos aprendido, parécevos?
Aquí tedes unha imaxe dos exercicios que deberíades facer.

Exercicios 1,2 e 3

Por certo, estades lendo algo? Sabedes que o máis importante para mellorar en TODO é a lectura! Déixovos unha páxina con recomendacións de libros en galego, por se tedes a oportunidade de conseguir algún.

Que vos parece traballar un pouco de Ciencias Naturais? Completades o esquema do tema?
Aquí vos deixo unha imaxe. Se queredes poñer máis información tamén se pode.
E en Ciencias Sociais? Como foron eses bubble maps? imos co esquema de chaves do relevo e as augas de Galicia? Penso que o ides facelo xa mellor do que podería facelo eu!

  • Un xogo para comezar... Ríos



E para o noso compañeiro Yasín:

Ben chic@s! aquí tedes cousiñas que facer... e para ir pasando os tempos baleiros con manualidades, propóñovos preparar bonecos con material de refugallo. Xa vos direi para que... Velaquí tedes algún exemplo para que vaiades creando! Facede 3 como mínimo.
Buscade na internet e SEDE CREATIV@S!!!


Resultado de imagen de manualidades para niños recicladas Resultado de imagen de manualidades para niños recicladasResultado de imagen de manualidades para niños recicladas


Bicos e apertas!!
Sandra

20/03/20


Ola a tod@s!

Como ides chic@s? Xa sei que hoxe estariamos de ponte, que non habería cole... pero aínda así, déixovos unhas cousillas para que non vos aburrades...

De Matemáticas...  

De Lingua Castelá...
De Lingua Galega... Aquí tedes unha imaxe de exercicios de repaso da unidade, facede os exercicios 4, 5, 6,e 7. Lembrade que sempre copiamos enunciados por iso de fixarnos nas faltas...!


  • Gustaríavos participar? Aquí tedes unha iniciativa moi bonita, botádelle un ollo e animádevos! ollo, escribide en galego, que se trata de seguir traballando a nosa lingua! Se enviades carta, gustaríame que tamén a enviedes ao correo que utilizamos no cole, alumnadomeira@gmail.com (así a vexo eu!)
De Ciencias Naturais... propóñovos un traballiño para utilizar un pouco a búsqueda na internet. 
  1. Buscade animais en perigo de extinción en cada un dos sete continentes.
  2. Abride un documento Word e escribide o nome deses animais e do continente ao que pertencen. Quen non teña ordenador, en follas en branco.
  3. Engade unha foto de cada animal do que falas. (Se non tes ordenador, fas o debuxo do animal!)
  4. Explica, se atopas, os motivos polos que se está a extinguir dito animal.
  5. Pensa posibles solucións que estean nas nosas mans para axudar a frear este problema.
  6. Envía o documento ao email alumnadomeira@gmail.com , tedes o contrasinal anotado por se non poden axudarvos a mandar o correo, só tedes que abrir a conta e enviar o documento á mesma conta. Lembrade poñer o voso nome!
De Ciencias Sociais... gustaríame que fixérades un bubble map tanto do relevo como das augas de España. Déixovos un exemplo...


E para o noso compañeiro Yasín...
Aquí tedes traballo para non aburrirvos a fin de semana!!
Espero que vos guste 😁
Bicos e apertas!
Sandra.

18/03/20


Bos días!

Como ides por aí? Como foron esas actividades do luns? Estou segura de que foron xenial, ademais de divertidas non?
Ben, hoxe imos facer algunha cousiña máis...

Comezamos coas Mates coma sempre? O outro día tiñades de repaso as multiplicacións, e hoxe, vouvos deixar uns links para repasar...   TACHÁN!  (Isto que tanto vos gusta...) ABRIDE DENDE UN ORDENADOR!!!

Para Lingua Castelá, deixo uns links de comprensión lectora. Fixádevos que ao final do texto pon: "JUGAR", pinchades aí e aparece unha pantalla en negro, xusto na esquina de abaixo á dereita pon: "Skip ad" (pasados 5 segundos), dádelle e xa tedes o xogo de comprensión.

En Lingua Galega, deixo un link que vos levará a un PDF onde tedes dúas fichas de comprensión lectora, neste caso non é para facer online, así que collede papel e boli quen non teña a libreta na casa!
Imos con Ciencias Naturais! Como saíu ese resumo? espero que xenial! Xa que non podemos facer o rei da pista, teremos que xogar e repasar o que xa temos visto e estudado!

E por último, en Ciencias Sociais, que vos parece se practicamos os nosos esquemas de chaves?  Veña, que é o momento de amosar do que xa sodes capaces! ;) 
Aquí tedes as imaxes das páxinas 54 e 55 por se alguén non ten o libro! 



Para o noso compañeiro Yasín, 
Ben, aquí tedes traballiño para dous días! espero que vos resulte divertido seguir aprendendo!!

Bicos e apertas!!!  😊

Sandra.

Día 16 de marzo, 2020.


Bos días a tod@s!

Como xa sabedes, aínda que non veñades ao cole, hai moitas cousas que facer para non esquecer! Imos repasar un pouquiño de todo, que vos parece?

Que tal uns exercicios de Mates?
Aquí tedes uns links que vos levarán directamente ás distintas actividades online! Comezamos coas multiplicacións que tan ben sabedes facer! Só tedes que pinchar sobre as seguintes palabras:
Para repasar algunhas cousiñas de Lingua Castelá...



 En lingua galega, imos repasar a estrutura do conto. Collede unha folla en branco e escribe un conto que conteña...

  1. Personaxes: Marta e unha lagartixa
  2. Lugar: no parque de atraccións
  3. Obxectos: cama e autobús.
Respecto ás Ciencias Naturais, en primeiro lugar, aproveitade a páxina que vos deixo, despois imos traballar eses resumos que xa sabedes facer moi ben, posto que sodes uns expertos!! 

Aquí tedes unha foto das páxinas das que tedes que facer o voso resumo:

E por último, vouvos pedir un pouquiño de repaso de Ciencias Sociais, xogamos?
  • Repasamos xogando o relevo
  • Vemos os ríos? (ollo, estes xogos están en castelán, é posible que non vexades os mesmos nomes, por exemplo río Douro é Duero, río Texo é o Tajo)

Para o noso compañeiro Yasín, engado unhas páxinas para que practique o que estabamos a facer no cole:


Todos estes exercicios deberíades facelos ao longo de hoxe e mañá. O mércores volverei con máis traballo para vós!
E lembrade, repasade todo o que traballedes!!



Disfrutade da familia! Vémonos pronto!

Bicos e apertas!!!!  ☺️


Actividade para Música 5º primaria:
Bos días! Como xa vos comentou a vosa titora, hai que seguir traballando, poco a poco, nestes días
adversos. Dado que na clase de música comezabamos co traballo desta canción, vola deixo para que nos ratiños de descanso doutras asignaturas, poidades tocala coa frauta, se o nome das notas vos dificulta o traballo, podedes copiala no voso caderno de música (pautado) e poñerlle o nome a cada nota debaixo.
Lembrade tamén que na partitura aparece un signo de repetición, a ver si lembrades que significaba.
Moito ánimo!



18/03/20

Bos días!

Como ides por aí? Como foron esas actividades do luns? Estou segura de que foron xenial, ademais de divertidas non?
Ben, hoxe imos facer algunha cousiña máis...

Comezamos coas Mates coma sempre? O outro día tiñades de repaso as multiplicacións, e hoxe, vouvos deixar uns links para repasar...   TACHÁN!  (Isto que tanto vos gusta...) ABRIDE DENDE UN ORDENADOR!!!

Para Lingua Castelá, deixo uns links de comprensión lectora. Fixádevos que ao final do texto pon: "JUGAR", pinchades aí e aparece unha pantalla en negro, xusto na esquina de abaixo á dereita pon: "Skip ad" (pasados 5 segundos), dádelle e xa tedes o xogo de comprensión.

En Lingua Galega, deixo un link que vos levará a un PDF onde tedes dúas fichas de comprensión lectora, neste caso non é para facer online, así que collede papel e boli quen non teña a libreta na casa!
Imos con Ciencias Naturais! Como saíu ese resumo? espero que xenial! Xa que non podemos facer o rei da pista, teremos que xogar e repasar o que xa temos visto e estudado!

E por último, en Ciencias Sociais, que vos parece se practicamos os nosos esquemas de chaves?  Veña, que é o momento de amosar do que xa sodes capaces! ;) 
Aquí tedes as imaxes das páxinas 54 e 55 por se alguén non ten o libro! 



Para o noso compañeiro Yasín, 
Ben, aquí tedes traballiño para dous días! espero que vos resulte divertido seguir aprendendo!!

Bicos e apertas!!!  😊

Sandra.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

LECTURA E FAMILIAS - MOCHILAS VIAXEIRAS

  MOCHILAS VIAXEIRAS Familia é escola debemos remar xuntas porque viaxamos  no mesmo barco. Un nexo de unión é, sen dúbida, a lectura. Pouco...