17/06/2020
Aquí estamos!
Levo moitos días sen poder poñer fotos do que me ides enviando porque, como vos dixen, teño unha serie de problemas técnicos que aínda non solucionei. Non vos sintades decepcionad@s, por favor... Eu agradézovos igualmente que compartades comigo tantas cousas ❤.
De novo vos dou as grazas a tod@s.
LINGUA GALEGA
Tráiovos un pouquiño de lectura, máis ben para que vos acordedes de cando erades máis pequenos, xa que se trata dun conto que hai na nosa biblioteca e que seguramente lestes en Infantil.
MATEMÁTICAS
Vamos a jugar un poco con las Matemáticas. Aquí os dejo unos miniproblemas facilísimos.
También es muy facilito este juego para repasar las multiplicaciones.
LENGUA CASTELLANA
Pon a prueba tu atención a la hora de localizar los detalles en una lectura. Lee esta brevísima historia y luego trata de responder a las preguntas formuladas
CIENCIAS SOCIAIS
Onte comenteivos que o último tema de Ciencias Sociais fai referencia ao paso do tempo. Hoxe ímonos remontar á Prehistoria e para iso ides ver este vídeo. É moi curtiño, pero moi ilustrativo.
Estamos xa coa conta atrás para o remate deste curso tan, tan peculiar... Quen nolo ía dicir cando, antes do entroido, poñiamos esta canción a todo trapo e cantabamos coma se fósemos unha banda de rock...
Acordádesvos?
Eu tamén estou cantando...
Espero que non haxa queixas dos veciños...😆😅
Ata mañá! 👋😘
16/06/2020
Bo día!
Estamos tendo uns días un pouco máis fresquiños, pero non pasa nada... Así cando saímos non nos queima o sol!😉 A todo hai que verlle o lado positivo!!!
Como estamos nos últimos días do curso xa empezamos a estar un pouquiño cansos, pero aínda con ánimo de entreternos aprendendo.
MATEMÁTICAS
Vas a utilizar la cabecita y todo lo que has aprendido para tratar de resolver alguno de estos problemas. Pero no necesitarás ni el libro ni el cuaderno, porque después de leer el enunciado tendrás que elegir una de las opciones posibles y pinchar en ella. Si es la correcta ya te lo indica...
Para hacer las operaciones necesarias puedes utilizar un cuaderno o un papel en sucio. Si estás muy, muy, pero que muy perezos@ puedes utilizar una calculadora que aparece en la parte superior izquierda cuando pinchas sobre la palabra "calculadora" (eso sí, con algún programa no se abre...😕).
Ben, despois de tanto problema se cadra che empeza a saír algo de fume polas orellas... É así? Vaaaaaale! Para logo un pouco...😉😊
A semana pasada lestes o conto "Orellas de bolboreta" e encantoume cando me escribistes para dicirme que vos acordabades de cando ilustramos ese conto e despois llelo contamos aos nenos e nenas de Infantil de 4 anos (que este ano están en Inf. de 5 anos). Moitos tamén fixestes referencia ao espírito da historia: tod@s somos diferentes, particulares, especiais... E iso nunca debe ser un motivo para que ninguén nos faga sentir mal.
Hoxe imos viaxar de novo ao pasado (cando estabamos en 2º) e imos escoitar pero tamén VER esta canción que nos recorda que todos e todas, altos, baixos, loiros, morenos, branquiños, morenos, falangueiros, silenciosos, rebuldeiros, tranquilos, cada un coas nosas capacidades... tod@s, tod@s, tod@s... temos un sitio no mundo e un sitio nalgún corazón que nos queira querer...
Lembrades que xa nos saía moi ben o estribillo en lingua de signos?✌ 😊
LENGUA CASTELLANA
Una de las cosas más complicadas para escribir en español con buena ortografía es utilizar bien la B y la V. Recordad que hemos hablado de ello en distintas ocasiones y habíamos dicho que hace muuuuuuucho tiempo esas dos letras representaban sonidos diferentes (como sigue sucediendo en otras lenguas como el portugués o el francés). Bien, pues en español ya hace mucho que suenan igual, por lo que saber, por ejemplo, que la palabra BESO se escribe con B es una cuestión de práctica. Para que practiques un poco, prueba suerte con este juego. ¡Verás como aciertas un montón!
Juego de ortografía B/V.
CIENCIAS SOCIAIS
O último dos temas que aparece no libro de 3º é bastante longo e aborda o paso do tempo, desde a Prehistoria ata a actualidade. No seguinte vídeo aparece isto "comprimido"... É un pouco difícil de seguir, porque é moita información en poucos minutos, pero pode ser interesante para que te fagas una idea xeral.
...E creo que por hoxe vai abondo.
Xa sabedes, se alguén queda con ganas de facer algo máis tedes á vosa disposición todos os enlaces dos días anteriores.
Apertiñas!!!
👋😘Ata mañá!
15/06/2020
Que tal estades?
Supoño que un pouco cans@s... Cando chega xuño xa non hai ganas de traballar moito e iso é normal 😌
Pero como sodes rapaces e rapazas moi animados 😏 , imos facer alguna cousiña...
LINGUA GALEGA
Algo que non cansa nada é ler un pouquiño. Probade con este conto curtiño.
LENGUA CASTELLANA
Y seguimos leyendo, pero esta vez para comprobar si "pescas" los detalles cuando lees un texto. Léelo tranquilamente y luego realiza las actividades interactivas propuestas. ¡Es muy facilito!
Ahora realizaremos otra actividad diferente. ¿Te acuerdas de lo que era un antónimo? Más o menos, el antónimo de una palabra es su opuesto. Un ejemplo de antónimos sería alto-bajo, seco-mojado, limpio-sucio... Bien, pues en el juego que encontrarás a continuación aparecerá un palabra y en la parte inferior muchas otras entre las que tendrás que buscar su antónimo. ¡A por ellas!
CIENCIAS SOCIAIS
Nos últimos días estivemos vendo os sectores produtivos e parámonos un pouco no sector primario. Agora estaría ben que vexamos algo sobre os sectores secundario e terciario. Con estes vídeos saberás algo máis.
...E por hoxe máis nada. Pero recordade que se rebuscades nas entradas de días anteriores deste blog podedes encontrar un montón de enlaces con xogos matemáticos, de lingua, etc. para seguir un pouco máis se che apetece.
Pasádeo ben!
Ata mañá!
12/06/2020
Bo día, a pesar da chuvia!
Pero xa sabedes o que dicimos, pode ser que a chuvia nos fastidie un pouco o paseo en bicicleta, pero é tan, tan, tan importante que chova...
Mentres escampa imos traballar un pouquiño...
MATEMÁTICAS
Hace algún tiempo que non hacemos ningún problema de repartos (división). ¿Probamos a ver si nos acordamos? Ve a la página 113 y trata de resolver los tres primeros problemas del ejercicio 5.
Y ahora, algo un poco más difícil. En la página 116 trata de hacer los ejercicios 1, 2 y 3. Se trata de hacer justo al revés de lo habitual: te da la operación que tienes que realizar para llegar a la solución, pero tú tienes que colocar los datos del problema en su sitio. Puede parecerte raro, pero enseguida lo pillarás...
Y ya para acabar con Matemáticas... ¿Qué tal se te da pilotar en una pista de coches de carreras? Te advierto que da un poco de vértigo...
LINGUA GALEGA
Lemos un poemiña? Vai á páxina 182 e prepara o poema ata que che saia xenial e poidas obsequiar á familia coa súa lectura😉.
Un pouco máis abaixo hai un cadriño azul no que se recorda que as formas verbais acabadas en -aba sempre se escriben con -b.
Tendo isto en conta, vai preparando o pequeño ditado que hai na páxina 183. Xa sabes: le varias veces o texto, saca "fotos" na túa cabeza daquelas palabras que che parezan máis difíciles e... sairache bordado!!!
CIENCIAS DA NATUREZA
Hai uns días celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente, por iso é importante que recordemos cousas básicas que cada un de nós pode facer para non contribuír a deteriorar o noso planeta.
Ata pronto!!!😍😘
11/06/2020
Estupendos días a tod@s!
Como levades a semaniña? Supoño que cada vez mellor, a medida que xa podemos facer máis cousas, ver a máis xente...
O tempo vai pasando e vós ides crecendo… Ah! Falando de crecer! Alguén deste grupo cumpriu anos onte… Eu non me acordara, pero díxomo un paxariño...
Douvos unha pista: o ano pasado soprou una candea que lle puxemos sobre una estupenda, riquísima, quentiña e deliciosa tortilla de patacas... Quen foi???
LINGUA GALEGA
Imos empezar a facer algo.
Que tal algo de lectura? Vai ás páxinas 174 e 175 e le o texto titulado "Un merlo de ferro". Cando remates pasa a páxina e fíxate nas froitas que aparecen no exercicio 3... Cal delas é unha milgranda?
Búscao no dicionario: Dicionario RAG
Agora fíxate nas fotografías do exercicio 7 e trata de relacionalas cos nomes que aparecen ao carón delas. Se tes dúbidas con algún dos nomes, busca no diccionario o termo correspondente e, pola descrición que vas encontrar, deseguida o vas atopar.
MATEMÁTICAS
Para ir haciendo el "calentamiento" vamos a hacer algunas operaciones sencillitas: alguna suma, alguna resta, multiplicamos un poco... Para ello vas a ir a la página 229 y harás el ejercicio 3. Seguro que acabas enseguida.
Ahora vas a hacer un problema sencillito de varias operaciones. Es el ejercicio 7 de la página 215. Ya sabes lo que digo siempre: léelo más de una vez, imagina la situación descrita en el enunciado, haz un dibujo si lo necesitas y... ¡ya lo tienes!
¿Te atreves con este juego de rapidez mental haciendo restas? ¡Bien! Las instrucciones están en inglés, pero es muy sencillo. Vas a ver que desde la parte superior van deslizándose cuatro "Slimes" que contienen restas (4-3, 5-2, 7-1...) y en la parte de abajo hay un lanzador de rayos láser que contiene la solución de uno de los slimes (por ejemplo 3). Lo que tienes que hacer es clicar con rapidez en el slime que contiene la resta que se corresponde con el láser...
LENGUA CASTELLANA
Hace poquitos días hemos hecho un dictado, pero como soy muy pesada... hoy vamos a hacer otro.
El dictado que aparece en la página 171 está repleto de palabras acabadas en illo o illa. Ya sabemos que a veces podemos confundirnos y escribir la letra ñ donde no corresponde. Seguro que ya casi non te pasa nunca, pero si practicas todavía lo harás mejor. Lee el texto todas las veces que lo necesites y luego pídele a un adulto que te lo dicte. ¡Seguro que sale perfecto!
CIENCIAS SOCIAIS
Hoxe podes ler as páxinas 100 e 101, nas que fala da gandaría e da pesca. O vídeo que aparece no seguinte enlace seguro que che axuda moito a entendelo,
Bfffffffff! Ides cans@s? Seguro que non porque tedes moita enerxía 😊.
Xa sabedes quen ten desde onte un ano máis?
Siiiiiiiiiiiiii!
Parabéns, Antón!
Mandámosche moitíiiiiiiiiiiiiiisimas apertas virtuais!
Tapa os oídos, porque estouche cantando dende a miña casa e se cadra non afino moi ben...😖😆😅😄😁😂
😍😘 Ata mañá!
10/06/2020
Ola! Andamos polo medio da semana...
Pero seguimos cargad@s de enerxía. Pode ser que os humanos sexamos coma esas baterías solares, que nos imos recargando coa luz 😎.
Pois iso... que temos enerxía para dar e tomar...
Non hai actividade que se nos resista!
MATEMÁTICAS
Como sé que cuando piensas y piensas siempre llegas a la solución, te propongo que leas con atención el problema 9 de la página 185. Ve con calma y verás que no es difícil.
Ahora puedes practicar unas restas, que el tiempo pasa volando y podemos perder práctica. Es el ejercicio 2 de la página 99 y debes realizar cada resta y luego hacer la prueba. Recuerda que para ello debes sumar el sustraendo y la diferencia y, si la cuenta está bien hecha, te dará el minuendo.
Puedes ponerte a prueba con el siguiente juego. Son problemas muy, muy sencillitos en los que tú tienes que elegir la respuesta entre las que se proponen. Como son números muy bajitos, intenta hacer las sumas y restas mentalmente.
LENGUA CASTELLANA
Te voy a pedir que leas una poesía desternillante... Es la titulada "Preposiciones" y que aparece en la página 171. Léela varias veces hasta que te salga con fluidez. Cuando lo consigas, léela tocando cada parte del cuerpo que se va mencionando... Una variante es que se lo hagas a mamá, a un hermano, a un tío, a una abuela, a... 😂
LINGUA GALEGA
Lestes o luns o conto que vos propuxen no enlace "Orellas de bolboreta"? Xa recibín varios correos vosos nos que me contades cousiñas deste conto... Se vos soa de algo, se lestes otros parecidos... Grazas a tod@s por regalarme uns momentos estupendos lendo os vosos correos...
Cambiamos de tema. Sabes xogar ao "Aforcado"? Pois aquí tes unha variante coa que ademais de ampliar vocabulario, mellorarás a túa ortografía.
CIENCIAS DA NATUREZA
Hai uns días celebrouse o DÍA DO MEDIO AMBIENTE. Seguramente oístes nos informativos que a raíz do uso masivo de mascarillas e guantes, estánse encontrando nas augas mariñas grandes cantidades destes residuos que xente irresponsable tira de calquera maneira, esquecendo que este planeta é a casa común de todos. Que pensaríamos se alguén vén de visita á nosa casa e vai tirando polo chan o envoltorio dun xeado, unha lata de refresco baleira...😖
Pois por desgraza, a invasión dos nosos mares por todo tipo de refugallos, particularmente plásticos, non é nova... Mira estes vídeos e pensa que cada un de nós pode contribuír a mellorar esta situación comprando con sentidiño e separando o lixo adecuadamente.
Recordade o noso disfrace de Entroido... Ao noso planeta non lle queda tempo que perder.
Non estropeemos esta gran casa de tod@s!!!
Ata mañá!
09/06/2020
Bo día, moz@s!
Que tal seguimos? Con ganas de vacacións? Podo entendelo…
Pero mentres non chegan, imos intentar seguir facendo alguna cousiña para que todo o aprendido non se esfume...
MATEMÁTICAS
A estas alturas ya sé que me repito muchísimo, pero es importante que sigas repasando las tablas de multiplicar con cierta frecuencia para evitar que se te vayan borrando de la cabeza. Practica ahora un poco con este juego que aparece a continuación. Un consejo: después de escribir la respuesta, dale a intro, porque te permite avanzar más rápido. ¡A ver si consigues tu diploma!
Ha estado bien ¿verdad? Ahora pon en práctica tus conocimientos en el mundo de las multiplicaciones. Ve a la página 169 y busca el ejercicio 4. Hay seis operaciones, pero tú haz solamente las tres multiplicaciones.
LENCUA CASTELLANA
Aquí te traigo un texto cortito, cortito, pero con mucha miga... Léelo y marca en las casillas las respuestas que consideres adecuadas. Hay muchas en las que dice "Razona tu respuesta"... Pues se lo explicarás oralmente a un adulto que te ayude a ver si estás o no en lo cierto. ¡Seguro que lo haces perfectamente!
CIENCIAS SOCIAIS
A semana pasada falamos dos sectores produtivos e paramos un pouco no sector primario (e en concreto na agricultura). Hoxe imos retomar isto e vas ler a páxina 98, onde se fala dalgún dos labores que se teñen que realizar na agricultura. Na páxina 99 segue falando de cuestións relacionadas coa agricultura, como son os tipos de rega. Algúns destes modos de regar non son tan frecuentes en Galicia, xa que o noso clima e o tipo de cultivos máis frecuentes non os fan tan necesarios. Fíxate que a remolacha que se menciona non é a que utilizamos aquí como forraxe para os animais, senón que é outro tipo do que se obtén azucre.
Seguro que ti xa coñeces moito do que aquí se explica, pero non está de máis que o leas.
Estádelo facendo moi ben, porque é moi difícil traballar sós, sen que os compañeiros vos axudedes os uns aos otros...
Ánimo!!!
😍 ATA MAÑÁ!
08/06/2020
...E comezamos outra semana!
E con moitas ganas de que chegue o verán, aínda que nos días pasados xa houbo un "anticipo" co bo tempo que tivemos.
Que tal a fin de semana? Vistes á familia? Xogastes por fóra? A fin de semana sempre se presta a facer algunha cousa diferente e sempre divertida...
LINGUA GALEGA
Hoxe propóñovos una actividade… diferente. Déixovos aquí un enlace co que accederedes a un conto... Pero non é un conto calquera! Quen se atreve a dicirme de que lle soa???
LENGUA CASTELLANA
Vamos a leer una historia que seguro que te gusta. Se titula "Eulato" y la encontrarás en las páginas 164 y 165. ¿Has disfrutado la lectura? Eso es lo más importante... Ahora pide ayuda a un adulto y ve leyendo las preguntas sobre la lectura que se formulan en la página 166, pero no es necesario que las escribas. Simplemente trata de recordar los datos que se dan en el fragmento que has leído y cuando no te acuerdes, trata de localizarlos volviendo a echar un vistazo.
CIENCIAS SOCIAIS
A semana pasada falamos do solsticio de verán, que xa está chegando… Vimos un vídeo curtiño no que nos aproximamos a este termo. Imos hoxe afondar algo máis...
Podes seguir averiguando cousas sobre o sistema solar se clicas no seguinte enlace:
Nalgunhas culturas era un momento máxico, pero en todas segue sendo importante...
Ata mañá! 😍
05/06/2020
Rematamos outra semana...
Que si, que si... Que xa sei que sempre digo o mesmo... Pero é que os días pasan a una velocidade vertixinosa. Cando me quero parar a pensar o que faremos durante unha semana... resulta que xa rematou!
Pois como queremos que cada día nos dea tempo de facer moitas cousas, imos empezar xa a facer algo.
MATEMÁTICAS
Pues volvemos a la carga con más problemas. Ya sé que a veces cuestan un poco, pero es importante que hagas lo que siempre te pido: léelo con calma las veces que necesites hasta que "visualices" la situación de la que se habla, si te ayuda puedes hacer un dibujo (en clase solemos hacerlo) y cuando crees haberlo entendido, asegúrate de comprender también qué es lo que se está preguntando.
Voy proponerte dos problemas de la página 153, el 7 y el 8. En el 7 tendrás que realizar dos operaciones, pero en el 8 bastará con una. No es necesario que copies los enunciados. ¡Ánimo y a pensar!
Ahora te propongo otra actividad en la que te darás cuenta de lo importante que es leer bien la información y saber qué es lo que se pregunta. También nos acostumbraremos a no responder "a lo loco" cuando nos preguntan qué operación creemos que hay que realizar...
En este juego, para cada problema (son sencillitos), te propone varias posibilidades para que elijas la correcta. Piensa bien y elige la que creas... ¡Verás que entretenido!
LINGUA GALEGA
E falando de problemas, os que nos dan a letra b e a letra v! É complicado non equivocarse nunca, porque soan igual...
Vai á páxina 167 do teu libro e le o cadriño azul. Despois prepara ben o ditado que hai nesa mesma páxina. Si..., xa sei que onte fixeches un ditado en Lengua Castellana, pero é importante que non deixes de practicar este tipo de exercicio. Primeiro le o texto varias veces (tamén llo podes ler a alguén en alto) e despois pide que algunha persoa cho vaia ditando. Por último, autocorrixe. Seguro que che sae moi ben!
CIENCIAS DA NATUREZA
Que tal xogar un pouco con todo o que aprendiches sobre os animais no 1º trimestre?
Este xogo está en castelán e nos estudamos estes termos en galego (por exemplo nos dicimos "preeiro" e aquí aparece "carroñero"), pero non creo que iso che cree ninguna dificultade. Ah! Recorda "permitir" o Adobe Flash.
Animalandia
Sei que neste grupo de 3º hai grandes artistas que fan auténticas obras de arte cando se poñen a debuxar.
Hoxe déixovos aquí dúas propostas con dous niveis de dificultade para debuxar dous animaliños. A primeira é máis sinxeliña, é a cabeza dun coelliño, e a segunda xa é para máis atrevidos porque é un pouco máis difícil. Animádesvos?
Cómo dibujar un conejito
Dibujar un pájaro
Deséxovos que teñades una fin de semana moi, moi feliz e que mimedes moooooooito á vosa familia...
Unha super aperta!😍
Aproveita ao máximo este marabilloso regalo de luz que se nos brinda cada ano e "recárgate" con esa luz que nos fai ver todas as cores que nos ofrece o mundo...
Ata mañá!
03/06/2020
Este xogo está en castelán e nos estudamos estes termos en galego (por exemplo nos dicimos "preeiro" e aquí aparece "carroñero"), pero non creo que iso che cree ninguna dificultade. Ah! Recorda "permitir" o Adobe Flash.
Sei que neste grupo de 3º hai grandes artistas que fan auténticas obras de arte cando se poñen a debuxar.
Hoxe déixovos aquí dúas propostas con dous niveis de dificultade para debuxar dous animaliños. A primeira é máis sinxeliña, é a cabeza dun coelliño, e a segunda xa é para máis atrevidos porque é un pouco máis difícil. Animádesvos?
Cómo dibujar un conejito
Dibujar un pájaro
Deséxovos que teñades una fin de semana moi, moi feliz e que mimedes moooooooito á vosa familia...
Unha super aperta!😍
04/06/2020
Ola a tod@s!
Cada día que pasa estamos máis preto do verán. Se vos fixades, nestes días temos luz solar ata moi tarde pola noite e se madrugamos veremos que amence moi pronto. Dentro de moi pouquiños días teremos o SOLSTICIO de VERÁN. Na clase falamos disto nalgunha ocasión, cando vimos o primeiro tema de Ciencias Sociais. Tamén falamos do equinoccio... Se non te acordas, non te preocupes porque máis abaixo recordarémolo de novo.
LINGUA GALEGA
Imos empezar o día lendo un pouquiño. Vai ás páxinas 158 e 159 do teu libro e le o texto titulado "A cidade de todo é posible". Trátase dun fragmento dun libro titulado "Don Inventos", da escritora Mª Dolores Pérez-Lucas, no que se nos describe a vida nun curioso lugar.
Despois de lelo en silencio, proba a lelo en voz alta. Seguro que hai alguén na túa casa a quen lle encantará escoitarte. Cando remates, trata de responder oralmente as cuestión 1, 2, 5, 6 e 7 das páxinas 160 e 161. Por escrito, na libreta, realizarás a actividade 3.
LENGUA CASTELLANA
Seguramente si te digo que el año pasado ya leímos algo acerca de los "gentilicios" no recuerdes a qué nos referimos, pero si te pido que veas estos vídeos, seguro que luego dirás... "¡Ah, claro que sí! Fíjate:
Ahora puedes ir a la página 153 del libro de Lengua Castellana y leer el cuadrito en el que se habla de los gentilicios. A continuación intenta leer el ejercicio 12 de esa página y hacerlo oralmente.
MATEMÁTICAS
Y ahora voy a meterte en un problema... ¡literalmente! Busca la página 139 y trata de resolver e problema 12. No es necesario que escribas el enunciado, pero sí que lo leas con mucha atención y pienses que quizás necesites más de una operación...
CIENCIAS SOCIAIS
Ben, imos rematando. Hoxe comezamos falando destes fabulosos días nos que estamos e que parecen non ter fin, con tantas horas de marabillosa luz solar. Estamos nun momento en que cada día parece ser máis longo ca o anterior, ata chegar a un punto máximo: o solsticio.
Xa traballaches moito, así que só imos ver este vídeo que nos aclara en que consiste:
Solsticio de verano
Y ahora voy a meterte en un problema... ¡literalmente! Busca la página 139 y trata de resolver e problema 12. No es necesario que escribas el enunciado, pero sí que lo leas con mucha atención y pienses que quizás necesites más de una operación...
CIENCIAS SOCIAIS
Ben, imos rematando. Hoxe comezamos falando destes fabulosos días nos que estamos e que parecen non ter fin, con tantas horas de marabillosa luz solar. Estamos nun momento en que cada día parece ser máis longo ca o anterior, ata chegar a un punto máximo: o solsticio.
Xa traballaches moito, así que só imos ver este vídeo que nos aclara en que consiste:
Solsticio de verano
Ata mañá!
03/06/2020
Bo día!
Que tal imos? Seguides axudando un pouco na casa?
Xa sei tamén que algúns botades unha man na horta, o cal está moi ben. Cando comades o que agora estades plantando e coidando saberavos moitísimo mellor!
Como vos dicía o outro día, nesta época na que temos tantas horas de sol parece que nos dá tempo a facer máis cousas. Pois imos empezar a facer algo...😄
MATEMÁTICAS
Estos días estamos en el empeño de no olvidar nada de lo que ya sabemos. Hoy toca que repasemos multiplicaciones, así que puedes ir a la página 139 y realizar el ejercicio 5. Si notas que la memoria empieza a flaquear y las tablas non salen tan bien como debieran, repásalas un poquito. Desde que lo hayas hecho, si eres valiente, atrévete con..
¡Te advierto que puedes ponerte muy nervios@ intentando conseguirlo!
LENGUA CASTELLANA
Hacer un dictado de vez en cuando es muy conveniente, ya que te ayuda a mejorar tu ortografía, aprendes palabras nuevas y además consigues escribir cada día mejor.
En la página 157 de tu libro aparece un dictado que puedes hacer (ya sabes, tienes que pedir la colaboración de un adulto) y en el que aparece varias veces ese signo ortográfico del que hablábamos el otro día: la coma. Recuerda que antes de empezar debes leerlo varias veces y fijarte muchísimo en cómo se escribe cada palabra. Al acabar puedes autocorregirte y sentirte muy orgullos@.
LINGUA GALEGA
Que tal se lemos algo divertido? Hai un conto que se cadra xa coñeces, pero sempre é bonito volver a ler libros coñecidos. Propóñoche que vaias a este enlace no que poderás ler o conto e despois encontrarás un montón de divertidas actividades arredor del. Anímate!
CIENCIAS DA NATUREZA
Hoxe propóñovos o visionado deste vídeo para que recordemos cousas que xa vimos no primeiro trimestre. Lembras?
Empeza o día cun sorriso e todo será máis doado.
Apertas... Moitas!
02/05/2020
Bo día a tod@s!
Que gusto isto de empezar a poñer o pantalón curto, verdade? Pero tamén é verdade que non pasa nada se chove un pouco, que hai tempo para todo. Cada día que pasa apetece máis estar por fóra.
Ben, pois non vos vou sacar moito tempo, pero imos facer algo para ter a mente en forma.
Tedes ganas de facer algo con números?
MATEMÁTICAS
Como dije el otro día, es imprescincible que sigamos practicando aquellas cosas que sabemos hacer para evitar que se nos olviden.
En la página 139, en el ejercicio 3 encontrarás sumas y restas que serán una práctica estupenda de estas operaciones.
Y para que pongamos a prueba nuestro razonamiento matemático, intenta hacer los problemas 11 y 12 de la página 121. Fíjate en que habrá que realizar más de una operación. No hace falta que copies el enunciado... ¡Pero sí que lo leas con muchísima atención 👀!
Y para que tengas un día muy matemático, puedes repasar las tablas y obtener un montón de puntos.
LENGUA CASTELLANA
Hoy vas a leer el texto que aparece en la página 158, primero hazlo en silencio y después en voz alta. Cuando termines trata de responder a las cuestiones 4 y 6. Sé perspicaz a la hora de pensar la respuesta de la actividad 6... Tienes que leer y pensar!
CIENCIAS SOCIAIS
Onte liches no teu libro en que consistía a actividade do sector primario. Unha desas actividades é a agricultura. Non sei se recordas que nunha ocasión falamos na clase da necesidade de consumir preferentemente aquilo que se produce na nosa zona. É moi importante que consumamos productos de proximidade. Mira este vídeo e verás o importante que é que consumamos con cabeciña...
Acabaches rápido? Xenial. Pois tes o día por diante para pásalo ben, axudar un pouco na casa, facer deporte...
Que teñas un día moi, pero que moi cheo de cousas boas!
Unha apertiña 💗 e ata mañá… 😊☀
👋
01/06/2020
Estreamos mes!
Non vos parece que o tempo vai super rápido e que o verán xa está petando á porta? Pois si, xa estamos en xuño...
Gustáronme moito as cousiñas que enviastes sobre o voso día favorito. Estou desexando compartilas con tod@s!
Empezamos a traballar un pouquiño?
LINGUA GALEGA
Na páxina 157 aparece un fermoso poema. Se o les varias veces e o practicas en voz alta, seguro que conseguirás recitalo fabulosamente. Recorda que ler poesía require esmerarse coidando a entoación e facelo sen présa. Podes obsequiar á túa familia coa lectura desta poesía... Seguro que será todo un éxito!
Proba a realizar as actividades que se propoñen nesa mesma páxina e que son moi doadas de facer.
E agora… Queres xogar un pouco?
LENGUA CASTELLANA
Los signos de puntuación son muy importantes. Recordad que al leer debemos respetarlos como si fuesen señales de tráfico!
La coma es uno de esos signos que debemos utilizar para que nuestros escritos queden perfectos. Cuando realizamos enumeraciones debemos separar cada uno de los elementos con una coma.
Ve a la página 156 y lee todo lo que se cuenta sobre el uso de la coma. A continuación lee el texto del ejercicio 1 y trata de responder a las dos preguntas que se formulan.
CIENCIAS SOCIAIS
Levamos uns días lendo cousas acerca do traballo, a poboación activa, inactiva... Imos ver como se clasifican os traballos por sectores. Se che parece, podes ler a páxina 97, na que se fala dos tres principais sectores. Se ademais ves este vídeo, entenderalo perfectamente.
Ben... Gañaches a pulso descansar. Aproveita o día canto poidas para correr, saltar, cantar...
Que pases un día xenial!!!
Ata mañá!!!👋😘
29/05/2020
Estamos de venres...
Non sei por que, pero o venres sempre foi un dos meus días favoritos da semana. E vós? Tedes día favorito?
LINGUA GALEGA
Se tes un día na semana que che gusta máis por algún motivo gustaríame que nolo contases. Escribe catro ou cinco liñas con moi boa letra explicando cal é o teu día favorito e cóntanos por que motivo: porque preparades una comida que che gusta, porque visitas aos avós, porque xogas no parque, porque te deitas máis tarde, porque... o que sexa!
O título pode ser ese, O meu día favorito, pero podes poñerlle outro. Para que quede mellor podes ilústralo cun debuxo.
Ánimo, escritores e escritoras!😉
MATEMÁTICAS
Seguimos empeñad@s en non perder ni un poquito de las destrezas matemáticas adquiridas.
Como ya multiplicáis muy bien vais a intentar hacer las multiplicaciones que se proponen en el ejercicio 4 de la página 121. Cuando acabes, intenta hacer las divisiones del ejercicio 5, que son muy facilitas. Si necesitas refrescar la memoria sobre cómo hacerlo, recuerda que tienes los vídeos explicativos si los buscas en este blog en días anteriores.
Y ahora... ¿por qué no divertirnos un poco con los números?
El primer juego que te propongo es francamente fácil pero te hará recordar cosas de principios de curso:
Ahora pon en juego tu habilidad para ordenar números de menor a mayor o al revés:
CIENCIAS DA NATUREZA
Acórdaste do que era un ecosistema? Se pinchas no seguinte enlace has ver diferentes ecosistemas. Elixe un, agora sitúa o rato sobre cada un dos animais e irá aparecendo o seu nome
E os venres é o día de PLÁSTICA. Se segues estas instrucións, quedarás entusiasmad@ cos resultados:
Como debuxar un paxaro
Estades traballando moi ben!
E chegou o momento de descansar por esta semana.
Deséxoche, de corazón, que aproveites todo o cariño da túa familia e todas as cousas bonitas que te rodean e que ás veces non vemos. Regálalles moitos sorrisos, bicos e abrazos. Son gratis, pero é o mellor regalo que podes dar e recibir...
Por iso...
eu tamén che envío...
a miña aperta xigante!
😍 Goza da fin de semana!
28/05/2020
Que tal empezamos o día?
Con moita enerxía, seguro. Desde que podemos saír un pouco, tomar o sol, correr, montar en bici... Parece que o sol nos carga de enerxía! Aproveitádeo!
Pero tamén dá tempo de traballar co cerebro...😊
LINGUA GALEGA
Imos cun pouco de ortografía. Quen non se equivoca ás veces e se confunde coa utilización do b e do v? Ben, pois imos practicar un pouco para que cada vez nos pase menos.
Vai á páxina 150 do libro e le o texto que aparece ao principio da páxina. Le tamén o que se di no cadriño azul sobre as palabras que empezan por bu-, bur-, bus-... Todas con b-! Despois completa as palabras do exercicio 1 e se non coñeces o significado dalgunha das palabras, búscao no Diccionario da RAG.
A continuación sigue lendo na páxina 151 algo que xa sabes moi ben: que antes de l e antes de r debes escribir b. Para comprobar que non tes ningún problema con esta norma, intenta facer o exercicio 5. Xa por último ponte a proba facendo o ditado que aperece nesa páxina. Pídelle colaboración a algún adulto para que che vaia ditando... pero recorda lelo antes varias veces 👀!
MATEMÁTICAS
Como no queremos perder práctica con las sumas y las restas, vamos a hacer algunas facilitas. Ve a la página 121 y realiza las operaciones que aparecen en el ejercicio 3.
Como tampoco debes olvidar las tablas de multiplicar, puedes ir un rato a trabajar en esta hamburguesería que ya conoces:
LENGUA CASTELLANA
¿Qué te parece leer una historia de carreras? Lee la historia que aparece en las páginas 150 y 151 y después trata de contestar oralmente a las preguntas 3,4 y 6 formuladas en la página 152. Para hacer una perfecta lectura, ya sabes que antes debes leerla en silencio para comprender qué es lo que se cuenta. Si lo haces así, te saldrá perfecta 😄
CIENCIAS SOCIAIS
O último día liches o que era poboación activa e poboación inactiva. Hoxe vas ver este vídeo no que che avanza algo máis:
Canto traballaches! Mereces un bo descanso e moito tempo de xogo...
Pásao moi ben e corre,
brinca,
salta!
Goza do día! Ata mañá!!!
27/05/2020
Espléndidos días!
De novo gozamos destes días nos que temos tantas horas de luz que parece que recargamos baterías para facer todo o que nos propoñamos. Supoño que agora xa saídes fóra moito máis. Ademais, os que teñades hortas andaredes axudando algo, porque nesta época sempre hai algo que facer.
Ben, imos traballar un pouquiño, que tamén é unha boa maneira de empezar o día.
MATEMÁTICAS
Hace algún tiempo que no leemos números de cuatro y cinco cifras. Como no queremos que se nos olvide, vamos a hacer el ejercicio 2 de la página 121 del libro. Ya sabes lo que tienes que hacer: si el número está escrito con letra, debes escribirlo con cifras, y si está escrito con cifras, debes escribir con letra cómo se lee.
Como tampoco es conveniente que te olvides de las tablas, puedes jugar un poco y repasar. Es un juego muy facilito para ti y en el que vas a subir de nivel a toda velocidad.
LENGUA CASTELLANA
Te propongo que leas el texto que aparecerá en el siguiente enlace. Además de practicar lectura, nos deja una bonita enseñanza.
Leyenda china
Y ahora, para seguir reforzando lo que viste ayer en el dictado con palabras con mp y mb, puedes hacer los ejercicios 6 y 7 de la página 145.
LINGUA GALEGA
A quen se lle dá ben dicir trabalinguas? Hai algúns que son francamente difíciles de dicir sen acabar coa lingua retorcida un facéndoselle un nó!
Quen é tan valente de ir á páxina 156 do libro e tratar de ler o que aparece no exercicio 3? Se alguén acaba coa lingua retorcida, a min non me botedes a culpa 😏...
CIENCIAS DA NATUREZA
Para hoxe tráiovos algo que a min me encantou. Supoño que agora, máis ca nunca, gozades dos paseos na natureza. E cando digo gozades, refírome que despois da época de confinamento todos temos os nosos sentidos máis alerta e percibimos doutra maneira as cores, os sons... Neste enlace vas encontrar sons da natureza que quizais coñezas e outros que te sorprenderán. A min gustoume moito.
A que está moi ben?
Pero o realmente bonito é percibir as cousas con todos os sentidos neses marabillosos paseos por rutas apartadas dos ruídos: ver o verde intenso da herba e das follas, ulir o arrecendo das flores, oír o cantaruxar dos regatos, saborear a auga fresquiña dunha fonte, tocar a rugosa cortiza dunha árbore...
Que afortunad@s somos!
Gozade da vida cos cinco sentidos!
Moitas apertiñas...😊
Ata mañá!
26/05/2020
Ola de novo!
Día a día imos case rematando este mes de maio… Non vos parece que o tempo voa? Sobre todo cando un está ocupado, e vosoutros estades moi activ@s porque me contades tantas cousas que me quedo sorprendida.
Un día máis vouvos proponer algunha cousiña para que manteñades tamén a mente activa.
Ya hacía unos cuantos días que no hacíamos ningún problema. Estaría bien que hiciésemos alguno en el que además repasásemos el concepto de mitad, tercio y cuarto. ¿Te acuerdas? Si no estás muy segur@ puedes ver de nuevo el vídeo que pusimos hace unos días.
Ve a la página 101 y en el ejercicio 5 encontrarás unos problemas en los que poner en práctica lo que has aprendido.
Cuando termines intenta hacer el cálculo mental que aparece debajo. ¡Te sorprenderás de lo fácil que te resulta!
Y más todavía... Pon en práctica tu rapidez calculando mentalmente pinchando en el siguiente enlace:
Hoxe é martes e polo tanto tes VALORES ou RELIXIÓN. Estaría ben que vexas esta breve historia. Verás canto podemos aprender.
Bonito, verdade?
Un día máis vouvos proponer algunha cousiña para que manteñades tamén a mente activa.
MATEMÁTICAS
Ya hacía unos cuantos días que no hacíamos ningún problema. Estaría bien que hiciésemos alguno en el que además repasásemos el concepto de mitad, tercio y cuarto. ¿Te acuerdas? Si no estás muy segur@ puedes ver de nuevo el vídeo que pusimos hace unos días.
Ve a la página 101 y en el ejercicio 5 encontrarás unos problemas en los que poner en práctica lo que has aprendido.
Cuando termines intenta hacer el cálculo mental que aparece debajo. ¡Te sorprenderás de lo fácil que te resulta!
Y más todavía... Pon en práctica tu rapidez calculando mentalmente pinchando en el siguiente enlace:
LENGUA CASTELLANA
¿Te encuentras con energía para un dictado? Seguro que sí. En la página 141 encontrarás uno lleno de palabras con mp y mb. Lee el texto varias veces, "fotografía" mentalmente las palabras que te resulten más difíciles y luego pídele a un adulto que te vaya dictando. Cuando acabes, será el momento de autocorregirte mirando el libro de nuevo ¡Apuesto a que no se te cuela ni una!
CIENCIAS SOCIAIS
Hoxe gustaríame que leses a páxina 96 do teu libro. Fálase dos conceptos de "poboación activa" e "poboación inactiva". Como xa comentamos noutras ocasións, non se trata de que aprendas estas cousas "de memoria", senón de que practiques a lectura de textos un pouco máis complexos e consigas comprender aquilo do que se está falando.Hoxe é martes e polo tanto tes VALORES ou RELIXIÓN. Estaría ben que vexas esta breve historia. Verás canto podemos aprender.
Bonito, verdade?
Espero solucionar pronto estes pequenos problemas informáticos para amosarvos algunas das fotos que me enviades. Gozade do bo tempo tanto como poidades!
E coma todos os martes... MÚSICA!
25/05/2020
Boísimos días!
Que tal de fin de semana? Pasástelo ben? Cando temos tantas horas de luz fai falta pouca cousa para divertirse. Só ganas de sentir a primavera e compartila cos que queremos e nos queren.
Desafortunadamente aínda non puiden solucionar os problemas informáticos dos que vos falaba o venres, polo que non vos podo ensinar algunhas fotos moi chulas que me mandastes nin podo amosarvos aquí ninguna imaxe dos exercicios 😞...
LINGUA GALEGA
Hoxe gustaríame que leas as páxinas 142 e 143 do libro, onde aparece o texto "O día que naceu o trigo". Xa sabes: primeiro le en silencio e despois en voz alta. Quizais che resulte de difícil comprensión a primeira vez, xa que se trata dun relato fantástico sobre a orixe do trigo. Se practicas a lectura do poema inicial, seguro que sorprendes á túa familia léndoo perfectamente cando esteades xuntos 😊.
Un dos autores deste texto é Jordi Sierra i Fabra, que comezou a escribir historias cando tiña oito anos e aos doce xa escribía novelas. Ademais de escritor é un experto en música rock e publicou moitos estudos sobre este tema e mesmo creou varias revistas musicais. Vosoutr@s tedes unha idade próxima á del cando empezou a escribir... Haberá algún futuro escritor ou escritora entre vós??? Polas cousiñas que escribides e me mandades, non me sorprendería 😉.
O coautor, Antonio García Teijeiro é un mestre que sempre realizou actividades no campo da divulgación do galego e a animación á lectura e realiza obradoiros sobre poesía. Ten numerosas obras literarias publicadas, a maioría dedicadas ao público infantil e xuvenil.
Despois de gozar deste texto podes facer os exercicios 1 e 2 da páxina 146. Se tes algunha dificultade co vocabulario, sempre podes recorrer ao dicionario en liña da Real Academia Galega, que é moi doado de utilizar.
LENGUA CASTELLANA
Hoy vamos a repasar un poco de ortografía, que nunca viene mal. Ve a la página 140 de tu libro y lee lo que ahí se explica sobre la necesidad de poner m antes de b y antes de p. A continuación trata de hacer los ejercicios 1, 2 y 3 de esa página.
CIENCIAS SOCIAIS
Hoxe podes realizar este sinxelo xoguiño para repasar o que viches sobre o mundo rural e o mundo urbano.
Hoxe é luns, así que recorda repasar INGLÉS. En canto á EDUCACIÓN FÍSICA, nin que decir ten que agora seguro que vos mantedes activ@s.
Sacádelle todo o proveito a esta fantástica época do ano!
Ata mañá!!!
22/05/2020
Con ganas de fin de semana?
Do que si teredes ganas é de andar por fóra, xogar, tomar o sol...
O que apetece siempre en primavera!
Ben, pois hoxe serei moi, pero que moi breve. Teño uns problemiñas técnicos (que espero solucionar pronto) que me impiden acceder debidamente ao material e amosárvolo aquí.
MATEMÁTICAS
¿Qué tal los vídeos de la prueba de la división? Si quieres puedes volver a verlos y luego hacer lo que te quedaba del ejercicio 2 de la página 99. Intenta hacer también el de "Razonamiento ", que requiere estar muy concentrad@...
LINGUA GALEGA
Na páxina 137 encontrarás un breve pero simpático relato. Le con calma e despois trata de responder adecuadamente ás preguntas que aparecen nesa páxina.
Agora has ir á páxina 138. Vas facer oralmente o exercicio 1. Nel aparecen unha serie de frases feitas moi utilizadas, aínda que é posible que ti non as coñezas todas... Le esas frases a un adulto e proba a emparellar cada frase co seu significado (a, b, c ou d). A ver cantas acertas!
CIENCIAS DA NATUREZA
Hoxe imos aprender algo de Ciencias sen cambiar de libro. Neste mesmo libro de Lingua Galega vas ir á páxina132 e nela encontrarás moita información sabre un simpático animal: o coala. Se te sentes capaz, trata de responder as preguntas. Se xa vas algo cans@, déixao para outro día.
Deséxovos a tod@s unha marabillosa fin de semana, chea de aire libre, de sol e do cariño da vosa familia...
Apertas,
apertas,
apertas...
21/05/2020
Ola nenas, ola nenos, ola SOL!
Outro día que empezamos co saúdo do astro rei: o SOL. Ver tanta luz pola mañá xa nos alegra o día e nos pon a andar.
Antes de empezar quero ensinarvos o poema ilustrado que enviou Kassandra. Fixádevos que bonito lle quedou e que lema incuíu:
Claudia tamén quixo compartir o seu. Ademais acompañouno cunha explicación, coa súa interpretación persoal: debuxou unha figura triste porque de primeiras non encontra quen lle compre tanta cousa bonita... Paréceme estupendo que intrepretedes e discurrades, aínda que pensedes cousas diferentes uns e outros.
Antes de empezar quero ensinarvos o poema ilustrado que enviou Kassandra. Fixádevos que bonito lle quedou e que lema incuíu:
Claudia tamén quixo compartir o seu. Ademais acompañouno cunha explicación, coa súa interpretación persoal: debuxou unha figura triste porque de primeiras non encontra quen lle compre tanta cousa bonita... Paréceme estupendo que intrepretedes e discurrades, aínda que pensedes cousas diferentes uns e outros.
LINGUA GALEGA
Kassandra quixo compartir con nós este precioso texto para seguir celebrando o día das nosas letras:
Kassandra quixo compartir con nós este precioso texto para seguir celebrando o día das nosas letras:
Gustouvos? A min moito...
Ben. Agora imos xogar. Hoxe terás que botar man da túa perspicacia para chegar á meta. Recorda ir anotando os números que irán aparecendo cada vez que acertes.
¿Qué tal con las divisiones? Supongo que bien, pero si estás estancad@ no te agobies.
Hoy vamos a repasar un poco cosas que hemos visto en días anteriores, pero veremos cómo comprobar si nuestra división está bien hecha. Lee con atención lo que se explica en la página 99 de tu libro y luego mira alguno de los dos vídeos explicativos que aparecen abajo (...o los dos). Ahora estás preparad@ para hacer el ejercicio 1. Si te quedan ganas puedes hacer la primera columna del ejercicio 2, pero puedes dejarlo para mañana.
Prueba de la división
División y prueba
LENGUA CASTELLANA
¿Recuerdas lo que leíste ayer sobre el artículo? Si no te acuerdas muy bien puedes mirarlo. Luego puedes hacer este juego:
Y ahora vas colocar los artículos determinados que faltan en este poema de Mª Elena Walsh. Cuando acabes ya lo podrás recitar perfectamente.
CIENCIAS SOCIAIS
Imos ler o que se nos conta neste texto. Verás que curioso.
Sorprendente, verdade? Agora le e trata de responder oralmente as seguintes preguntas, non fai falta que as escribas:
20/05/2020
Bos e espléndidos días
Cando vedes o sol pola mañanciña, verdade que apetece moito máis empezar a facer cousas?
Pois parece que a Diego tamén, porque fixo unhas preciosas flores con periódicos. Mirade que chulada!
Pois parece que a Diego tamén, porque fixo unhas preciosas flores con periódicos. Mirade que chulada!
Verdade que son orixinais? Pois estas flores son o acompañamento do poema que propoñiamos onte e que lle quedou xenial.
E así fala do seu momentiño favorito:
Andrea tamén quixo compartir o ben que lle quedou o seu poema, ilustrado cunhas bonitas flores:
E Paula colocou unha gran flor ao lado do seu poema:
Parece que sigue aprendendo moitas cousas de cociña... e gozando a topo do bo tempo que vai en Meira
MATEMÁTICAS
Hace unos cuantos días que no hacemos repartos. ¿Necesitas ver los vídeos de la división? Recuerda que solamente los tienes que buscar un poco más abajo. Después intenta realizar las actividades siguientes:
Cuando hayas acabado, tú mism@ puedes corregirte:
LENGUA CASTELLANA
Hoy vas a leer con atención esta explicación de qué son los artículos. Una vez que lo hayas hecho intenta realizar las actividades que aparecen debajo.
LINGUA GALEGA
Seguimos festexando o día das nosas letras. E para que goces de fermosas palabras, abre este enlace.
Fíxate ben no que agocha a palabra "arrolo". Hache gustar.
E agora podes probar a túa puntería acertando preguntas sobre don Ricardo Carvalho Calero.
Ridardos
CIENCIAS DA NATUREZA
Xa hai bastante tempo que vimos a clasificación dos animais en vertebrados e invertebrados. Para que non che esqueza, recórdao con este vídeo.
Animales
Sigue coidándote, pero goza da primavera...
Que teñas un bo día!
19/05/2020
Tempo de primavera...
Oístes algunha vez iso de que a primavera é a estación da poesía? Será quizais porque todo o que representa a primavera nos fai máis sensibles? Pode ser... Hoxe propóñovos seguir xogando coas palabras e ser creadores.
LENGUA CASTELLANA
Fíjate en la actividad que se propone en la página 144 de tu libro. Lo único que vas a hacer es leer con la entonación adecuada el poema "Tengo, tengo..." y después realiza la actividad 2: copia el poema cambiando los dibujos por palabras. Cuando lo hayas hecho puedes ilustrar el poema con un dibujo de tu creación. Si me lo enseñas, me encantará verlo.
Y ahora, un poco más de lectura. Primero leerás el texto en silencio y así estarás preparad@ después para hacerlo en voz alta, respetando los signos de puntuación y con una perfecta entonación.
LENGUA CASTELLANA
Fíjate en la actividad que se propone en la página 144 de tu libro. Lo único que vas a hacer es leer con la entonación adecuada el poema "Tengo, tengo..." y después realiza la actividad 2: copia el poema cambiando los dibujos por palabras. Cuando lo hayas hecho puedes ilustrar el poema con un dibujo de tu creación. Si me lo enseñas, me encantará verlo.
Y ahora, un poco más de lectura. Primero leerás el texto en silencio y así estarás preparad@ después para hacerlo en voz alta, respetando los signos de puntuación y con una perfecta entonación.
Una vez que lo hayas leído, trata de realizar las actividades de comprensión del texto que vienen a continuación. No es necesario que las escribas, puedes realizarlas oralmente y decírselas a un adulto.
Como te decía el otro día, en Matemáticas siempre hay que echar un vistazo hacia atrás y repasar para no olvidar nada de lo aprendido. ¿Te animas con estas operaciones que aparecen en el cuadernillo?
CIENCIAS SOCIAIS
Non me acordei de dicirvos que xa están postas na páxina principal as fotos dos #MOMENTIÑOS DE CORENTENA que me enviastes. Se alguén máis ten o seu momentiño e non o enviou pero quere facelo, está a tempo. Tamén quero avisarvos de que no blog da biblioteca, a partir de onte, hai unha etiqueta máis, a de REFORZA-T. Nela pódense atopar actividades variadas, xogos, etc encamiñadas a reforzar distintas competencias.
Non sei se sabías que onte foi DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS. Para conmemoralo tráioche aquí unha sorpresa. Xa que neste momento non podemos viaxar para visitalos... Que che parece se traemos algún museo á casa?
O Museo do Castro de Viladonga témolo aquí ao lado e visitámolo o curso pasado.
Espero que che gustase esta viaxe...
Déixote con outra arte... A MÚSICA
Ata mañá!
18/05/2020
Benvido, luns!
Onte o sol quixo sumarse á celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS lucindo forte e espléndido todo o día, para acariñarnos a cariña e acompañar os nosos paseos. Eu tamén o aproveitei gozando dun libro na tardiña, mentres os raios dese solciño me facían cóxegas no nariz.
Este ano foi unha celebración diferente, pero en todas as situacións hai cousas positivas. Paula quixo compartir con todos este estupendo mural que fixo con seu irmán Manuel. Quedoulle chulísimo!
E Claudia encontrou unha ficha que lle gustou, e nela expresou marabillosamente que é o que a fai sentir feliz...
😊
Gustouvos o conto "As pitas baixo a choiva"? A alguén non lle deu tempo a acabar de lelo? Non vos preocupedes, porque seguides tendo o enlace á vosa disposición, así que podedes acabalo de ler... ou lelo de novo!
Agora que o lestes, tedes aquí unhas actividades interactivas para xogar coas palabras... Pode haber termos que non vos resulten nada familiares, pero non vos preocupedes, porque cando se falla tamén se aprende 😉!
Trátase dunha actividade bastante longa, así que ide con calma 😄...
Este enlace vaivos pedir "permitir" "Flash player". Se alguén ten problema co enlace que se poña en contacto comigo e tratamos de solucionalo.
Vouvos propoñer agora que xoguemos coas palabras, que xoguemos a ser poetas...
Verdade que che quedou bonito? Agora recítao en voz alta, pero recorda que debes ler con calma e coa entoación adecuada.
LENGUA CASTELLANA
¿Estás animad@ a hacer algunhas actividades para mejorar tu vocabulario? Pues inténtalo con estos ejercicios que aparecen en la página 147 de tu libro.
CIENCIAS SOCIAIS
Na páxina 93 do teu libro aparece un texto no que se conta unha cousa ben curiosa. Cando acabes de lelo trata de responder as preguntas que aparecen a continuación, pero non é necesario que escribas, podes facelo oralmente.
E como o DÍA DAS LETRAS GALEGAS pode ser todo o ano e neste blog seguimos de celebración...
Ata mañá!
15/05/2020
Feliz venres!Imos cara a fin de semana, pero non unha calquera... O domingo, día 17, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Sabedes que cada ano se homenaxea a unha figura sobranceira das nosas letras e este ano o autor elixido é Ricardo Carvalho Calero. Se cadra non coñecedes moito del, pero iso soluciónase facilmente. Mira este vídeo.
Vida e obra de Ricardo Carvalho Calero
Agora xa sabes algo sobre a vida deste autor. Atréveste cunha actividade sobre el?
Actividades sobre Ricardo Carvalho Calero
Pero o mellor é que leas este conto que escribiu don Ricardo. Preme no enlace e accederás ao libro:
As pitas baixo a choiva
Como a historia de "As pitas baixo a choiva" che queda aquí, pódela ler comodamente e a próxima semana faremos unhas actividades sobre ela. De acordo?
E agora unha pequena sorpresa... Se pinchas nestroutro enlace poderás escoitar catro preciosas cancións!
Música-As pitas
Espero que vos gustase. A próxima semana temos máis sorpresas relacionadas con don Ricardo Carvalho Calero.
MATEMÁTICAS
Hoy vamos a dedicarnos a repasar operaciones básicas. ¡Con eso de que nos salen tan bien, no sea que dejemos de hacerlas y se nos olviden! Pincha en los enlaces y diviértete con las matemáticas:
Sumas
Restas sin llevar
Restas con llevadas
Multiplicación por una cifra
Multiplicación varias cifras
¡Seguro que te salen genial!
Acordádesvos do test de Ciencias Sociais que fixemos o outro día? Xa o corrixistes? Por se acaso quedaban dúbidas, Josito mandou o seu:
Ben, pois con tanto enlace... xa levamos un montón de actividades! Agora quero ensinarvos os "Momentiños de corentena" de Iker e de Paula. A Iker parece que lle sentou de marabilla "saír ao mundo" 😄. Mirade:
E tamén lle agradecemos a Paula que comparta o seu momento especial...
Desexo para tod@s...
14/05/2020
Bo día!
Que tal seguimos? Pois con moito ánimo, seguro! Estou moi contenta de todo o que me contades, do que estades avanzando con eses traballos que ides facendo na casa.
Hoxe apetéceme empezar cunha fábula... Veña!
LINGUA GALEGA
Acordádesvos do que era unha fábula? No cadriño azul está perfectamente resumido. Le o texto en silencio e despois estarás preparad@ para lelo en voz alta coa entoación adecuada, imitando como cres que falarían eses animais...😄. Pensa as respostas ás preguntas que veñen ao final, pero non fai falta que as escribas.
Que che parece se repasas algo de ortografía. Presta atención:
Hai unhas poucas palabras nas que a letra u necesita unha amiguiña para poder soar. Trátase da diérese, eses dous puntiños que se poñen sobre o u nuns cantos casos.
Comproba se acertaches coa diérese:
E por último, rétote a ler este trabalinguas no que aparece a letra g por todos os sitios:
Conseguiches lelo sen que se che retorcese a lingua? 😂
MATEMÁTICAS
¿Qué tal ayer con los repartos? ¿Entendiste bien como se sabe cuánto es la mitad de algo? ¿Y el tercio y el cuarto?
Anímate a hacer esta actividad. Si no te sale, dímelo.
Recuerda que puedes volver a ver el vídeo de ayer.
LENGUA CASTELLANA
Hace ya algunos días que no haces un dictado. ¿Puedes pedirle a alguien de tu familia que te dicte este texto? Ya sabes que antes de hacerlo debes leerlo varias veces y fijarte especialmente en las palabras que te resulten más difíciles. ¡A por él!
CIENCIAS SOCIAIS
Hoxe xa traballaches moito. Se che quedan ganas podes tratar de resolver algunhas partes deste xogo e se non podes deixalo para outro momento. Hai cousas un pouco difíciles, así que podes seleccionar o que máis che guste.
Que teñades un feliz día e unha..
Ata mañá a tod@s!
13/05/2020
Bo día a tod@s!
Onte tivemos un bonito día de primavera, porque en primavera tamén son bonitos os días nos que chove... Recordade que a auga trae vida!
Hoxe compartimos o"Momentiño de corentena" de Claudia, aínda que xa onte nos avanzaba algo. Que volo explique ela:
Seguro que houbo máis nen@s que por fin viron de novo ás súas familias 💗☺...
Antes de seguir teño que pedir desculpas, xa que o solucionario que incluín onte para o test de Ciencias Socias contiña varias erratas...😓. Supoño que quedariades abraiad@s con algunha das respostas que daba por válidas nese solucionario 😆...
Moitas grazas aos que me escribistes para facermo saber, porque se non me avisásedes seguirían aí esas respostas erróneas... Graciñas!
Se volvedes a miralo (na entrada de onte) veredes que xa están corrixidas, pero se algunha das preguntas vos ofrece dúbidas, contactade comigo polo medio que vos sexa máis cómodo. Isto fágoo extensivo para calquera tipo de suxestión que desexedes facer, dificultades que vos xurdan, etc. Non o dubidedes.
MATEMÁTICAS
Hoy vamos a ver cómo se llama el reparto que se hace entre 2, entre 3 y entre 4. Fíjate y piensa:
Andrea ha traído al recreo 6 galletas pero decide repartirlas con Josito, así que le da la mitad.
Antón trae 9 rosquillas que decide compartir con William y Beltrán (entre los tres), de modo que a cada uno le corresponde un tercio (la tercera parte de las rosquillas).
Diego saca 12 trocitos de bizcocho e invita a Andrea María, Aleix y Kassandra (cuatro niñ@s), de modo que a cada uno le corresponde un cuarto.
Claudia ha traído 15 fresas que comparte con Manuel e Iker (tres niñ@s), de modo que a cada uno le corresponde un tercio.
Por último, Paula ha decidido repartir en dos mitades sus empanadillas para compartirlas con Nayara.
De todos estos repartos que hacen los niños y niñas de 3º escoge uno, el que tú quieras y dibújalo (por ejemplo, dibuja los tres montoncitos de rosquillas después de repartirlas entre los tres niños). Ahora vas a ver este vídeo y a leer la página en la que se explica. El vídeo es cortito y se entiende muy bien.
¿Puedes hacer los ejercicios 1 y 2? ¡Ánimo!
LENGUA CASTELLANA
Ayer vimos los signos de interrogación y de exclamación. ¿Quieres intentar hacer los ejercicios 4 y 5?. Fíjate en la pista que te dan los colores para seleccionar lo que necesitas para cada oración...👀
LINGUA GALEGA
O último día de Lingua Galega propúxenvos compartir os vosos "Momentiños de corentena" e podedes seguir facéndoo.
Hoxe convídovos a que leades en voz alta e coa entoación axeitada este poema de Xoán Neira.
CIENCIAS DA NATUREZA
Non sei se xa vas algo cans@... Se aínda tes folgos anímate a xogar para aprender máis cousas sobre os hábitos que nos fan ter unha vida máis saudable.
Hoxe é mércores. Lembra repasar INGLÉS.
Que bonito día de sol tivemos onte!
Coñecedes a expresión "Ver o vaso medio cheo ou medio baleiro"? Cando un vaso ten líquido ata a metade dise que os pesimistas só ven a metade que está xa baleira, os optimistas só ven a metade do vaso cheo, pero os que son realistas ven o que hai e saben aproveitalo o mellor posible.
Pois nesta situación tamén temos que aproveitar as cousas positivas e vivilas ao máximo. Algúns de vós xa enviaron o seu "Momentiño de corentena" favorito...
Por exemplo Kassandra cóntanos isto:
Seguro que o pasa xenial cos gatiños!
Aleix tamén elixiu o seu momentiño do día:
Xa sabedes, pensade no voso momentiño da corentena e compartídeo...
E Claudia onte estaba super emocionada... e non era para menos! Mirade que sorpresa tivo!!!☺
Que xeito se dá co biberón!
MATEMÁTICAS
¿Te acuerdas de lo que hemos estado viendo la semana pasada? No dudes en volver a ver los vídeos sobre la división si lo necesitas, sólo tienes que buscar el enlace un poco más abajo. Vamos a seguir repasando:
Intenta realizar el ejercicio 1 y escribe cómo se llaman sus términos, pero hazlo solamente en la primera división (15:2).
Sé que me hago muy pesada, pero repasa con frecuencia las tablas de multiplicar. Es esencial para dividir bien.
LENGUA CASTELLANA
Vamos a recordar los signos de interrogación y los signos de admiración.
Ahora lee en voz alta el siguiente texto procurando hacerlo con la entonación adecuada.
CIENCIAS SOCIAIS
Acórdaste cando faciamos test para "autoavaliarnos"?. Son divertidos e aprendes cousas. Le a pregunta e elixe a opción adecuada. Podes imprimir ou simplemente ir anotando nun papel o número da pregunta e a letra da resposta axeitada.
Proba a ver que tal che sae:
Agora fai a comprobación... Non mires as solucións antes de intentalo 👀! 😄
Solucións: 1a, 2b, 3b, 4c, 5a, 6c, 7c, 8a, 9b, 10a.
Verdade que é divertido poñerse a proba?
Igual de divertido ca experimentar cos sons... Hoxe tes MÚSICA!!!
Ata mañá!
11/05/2020
Ola de novo!
Que tal tod@s! Que tal a fin de semana? Supoño que aproveitando ao máximo este tempo de primavera que temos.
Pero cónstame que tamén vos dá tempo de cociñar. Vouvos ensinar a receita de dónuts que enviou Diego:
E fixádevos que bolboretas tan chulas!
Pensade con calma e elixide ese momentiño que vos gusta e compartídeo...
Y ahora vas a repasar lo que son los aumentativos y luego haz el ejercicio que aparece a continuación. ¡Fíjate en que sólo hay dos aumentativos!
E por se alguén dubidada do resultado da receita...
A foto fai que parezan tan reais que case dan ganas de coller un tocando a pantalla do ordenador 😃!
Diego tamén fixo algunhas manualidades... Mirade que ben lle quedaron!
E fixádevos que bolboretas tan chulas!
LINGUA GALEGA
Hoxe non vos vou propoñer nada novo, porque me vou sumar á proposta que se fai desde a biblioteca de Xalín. É esta:
LENGUA CASTELLANA
La semana pasada leíste el texto titulado "La pequeña orquesta", que está en las páginas 122 y 123 de tu libro (y que puedes ver en la entrada del viernes en este blog). Bien, pues vas a leerla de nuevo para tratar de contestar oralmente las siguientes preguntas. No es necesario que respondas por escrito, pero sí que trates de expresarte lo mejor posible cuando le expliques las respuestas a alguien de tu familia.
Si no te acuerdas bien de lo que se cuenta en la historia para poder responder, no tienes más que buscar los datos que te falten en el texto.
Hoxe é luns, así que ten presente repasar INGLÉS e manterte en forma con EDUCACIÓN FÍSICA.
CIENCIAS SOCIAIS
Hoxe imos seguir co tema que tratabamos a semana pasada. Propóñoche que vaias lendo estes fragmentos do teu libro de texto coa única finalidade de que non perdas o hábito de ler textos informativos. Non se trata de que memorices nada, senón de que leas e chegues a entender o máximo posible destas informacións.
A semana pasada viches un vídeo no que se explicaba precisamente o funcionamento dos servizos municipais. Se che apetece podes volver a velo.
Servizos da localidadeQue teñas bo día!
Ata mañá!
08/05/2020
Feliz venres!
Pero tamén feliz xoves para algúen do noso grupo que precisamente onte, xoves, estivo de aniversario: cumpriu 9 anos!
A ver se vos acordades de quen cumpre anos neste mes 👀... Pensade, pensade...
Mentres pensades, podemos ir traballando un pouco...
¿Cómo ha ido con las operaciones del vídeo? Tienes los enlaces en este blog, de modo que puedes verlos todas las veces que lo necesites.
Prueba a ver si te salen estas operaciones y trata de localizar dos que no se pueden hacer... (al menos no de momento). ¿Si tienes 1 caramelo y debes repartirlo entre 2 niños, podrás hacerlo? ¿Y si tienes cero piruletas para repartir entre dos chicas?
No pierdas de vista que debes repasar las tablas de multiplicar.
Y ahora a pensar un poco, ya que te propongo un problema para el que tendrás que realizar más de una operación:
Ya me irás contando cómo te va...
LINGUA GALEGA
Imos ler este texto cheo de curiosidades:
Ben, pois despois de ler, proba a facer as actividades seguintes. Salvo a actividade 7, non é nececesario que as escribas, pero si que as penses e que as expliques ben.
CIENCIAS DA NATUREZA
Se queres podes seguir aprendendo cousas sobre os animais, en concreto sobre as aves.
Neste xogo da oca vanche facer preguntas cuxas respostas saberás e outras que probablemente non, pero non pasa nada... aproveitas para aprender máis cousas.
La oca de las aves
A ver se vos acordades de quen cumpre anos neste mes 👀... Pensade, pensade...
Mentres pensades, podemos ir traballando un pouco...
MATEMÁTICAS
Prueba a ver si te salen estas operaciones y trata de localizar dos que no se pueden hacer... (al menos no de momento). ¿Si tienes 1 caramelo y debes repartirlo entre 2 niños, podrás hacerlo? ¿Y si tienes cero piruletas para repartir entre dos chicas?
No pierdas de vista que debes repasar las tablas de multiplicar.
Y ahora a pensar un poco, ya que te propongo un problema para el que tendrás que realizar más de una operación:
Ya me irás contando cómo te va...
LINGUA GALEGA
Imos ler este texto cheo de curiosidades:
Ben, pois despois de ler, proba a facer as actividades seguintes. Salvo a actividade 7, non é nececesario que as escribas, pero si que as penses e que as expliques ben.
Tes dúbidas sobre algunha das túas respostas? Compróbaas:
CIENCIAS DA NATUREZA
Se queres podes seguir aprendendo cousas sobre os animais, en concreto sobre as aves.
Neste xogo da oca vanche facer preguntas cuxas respostas saberás e outras que probablemente non, pero non pasa nada... aproveitas para aprender máis cousas.
La oca de las aves
Os venres tamén tes EDUCACIÓN FÍSICA, e agora telo máis doado porque podes saír u pouquiño...
E se tes ganas de facer algunha manualidade, podes tratar de recordar que estamos en primavera e facer flores con rolos de papel hixiénico ou con tapas de plástico.
Queda moito máis vistoso ca o da fotografía se na base pos un papel de cor ou pintas unha paisaxe. Outra opción se tes moito tempo ou moitas ganas (ou as dúas cousas 😄) é que pintes con témperas a flor de cartón.
Foi...
Foi...
Foi...
Nayara!
Moitísimas felicidades, Nayara!
Un chuchiño virtual de parte de tod@s!
07/05/2020
Ola!
Que tal andamos? Pois eu cun ataque de "lambonitis" enorme ao ver as receitas que ides enviando, porque as ía lendo e todas parecías super apetitosas. Non me credes? Mirade, mirade...
Esta é a receita do biscoito que Andrea lle fai ao seu avó e que polo visto a el lle encanta. Non me extraña que lle guste, porque cunha cociñeira tan disposta! 😄✌
Claudia compartiu con nós a receita destas galletas que lle saen xenial. Di que nesta ocasión non lles puxo pepitas de chocolate por encima porque se lle acabaran... pero seguro que están deliciosas igualmente!
Aleix tamén nos sorprende coas súas habilidades en repostería cociñando estas medias lúas... Bueno, non sei se habilidade cociñando ou comendo 😃👍
E Paula envíanos esta receita de torta de queixo que fixo con seu pai e que...
Case non podo seguir, que se me fai a boca auga!Paula tamén quere compartir con todos o ben que o pasou a fin de semana e por iso nolo conta todo
E Nayara amósanos as flores de papel charol e a dedicatoria a súa mai o pasado domingo
LINGUA GALEGA
Imos empezar lendo un pouco. Xa sabes, primeiro en silencio e despois en voz alta.
Cando acabes de ler trata de realizar oralmente as actividades 5, 6, 7 e 8.
Por se tes dúbidas, aquí tes algún posible modo de responder:
¿Qué tal el vídeo de ayer? ¿Un poco complicado? Es posible que sí lo sea la primera vez que lo ves.
Hoy vas a probar a volver a verlo, pero con una diferencia... Vas viendo el vídeo, pero cuando llegue a la segunda operación (49:76, más o menos a los tres minutos y 25 segundos) vas a parar el vídeo y tratar de hacer tú la operación. Cuando la hagas, poner de nuevo el vídeo en marcha y compruebas...
Ve haciendo lo mismo con todas las operaciones que van apareciendo.
Si te sale bien, fenomenal, y si no sale todavía, date tiempo...
Ya ves que debajo del resto colocan una barrita, aunque nosotros solemos colocar un arquito.
¿Te sientes capaz de organizar el siguiente reparto?
Hoy vamos a leer la historia de esta pequeña orquesta. Espero que te guste.
CIENCIAS SOCIAIS
Que tal se vemos este vídeo que nos ensina cales son os servizos públicos que hai nun concello?
Ata mañá!
06/05/2020
Maio, mes das flores...
E parece que iso é literal no xardín de Claudia. Mirade que flores tan bonitas recolleu para a súa nai... Polo que conta, durante a fin de semana tamén lle deu tempo a cociñar e tamén camiñou bastante.
E Nayara colleulle gusto ás manualidades... Mirade que portalapis fixo!
E tamén me chegaron solucións para a actividade de CIENCIAS SOCIAIS. Sabedes que para resolver problemas ás veces hai máis dun modo de facelo. Beltrán enviou unha solución cun razoamento matemático estupendo. Aleix pola súa parte fíxoo seguindo unha ruta "cronolóxica" e moi, moi clariño. Repito, pódese facer de máis dun xeito. Aquí tedes un dos exercicios (é o de Aleix).
MATEMÁTICAS
Ahora necesito que leas con toda tu atención el cuadro que sigue:
¿Ves lo importante que es saberse las tablas?
Ahora vas a ver este vídeo. Ten paciencia, porque es un poco largo, pero es una gran ayuda y merece la pena verlo completo. Si se te "atraganta" puedes ver hoy hasta la mitad y mañana vuelves "a la carga"...
Ahora trata de hacer el ejercicio siguiente. No es necesario que lo escribas, simplemente piensa con calma y responde oralmente:
¿Dudas de tus respuestas? Aquí tienes las soluciones:
Trata de hacer este ejercicio. Recuerda lo que has visto en el vídeo... Por ejemplo en la primera, 7:2.
Debes empezar a decir la tabla del 2 hasta que llegues a una multiplicación que dé 7 o cerca de 7 (2x1=2, 2x2=4, 2x3=6, 2x4=8...), sin pasarte.
¿Cómo va? No dejes de consultar todo lo que necesites o indicarme si te encuentras con dificultades: anacapon@gmail.com.
Hace unos cuantos días que no te recuerdo que debemos repasar las tablas de multiplicar con frecuencia para que no se nos olviden. Piensa que para dividir bien es indispensable dominar con soltura las tablas. Si crees que te vendría bien jugar un poco con las tablas, hazlo aquí:
¿Pocos fallos? ¡Genial! Si ha habido alguno, no pasa nada, pero debes repasar a diario.
Por lo que me contáis, muchos de vosotros estáis ayudando mucho en la cocina y aprendiendo a hacer muchas cosas entre fogones. Como soy muy curiosa, me gustaría que me dieseis alguna de vuestras recetas... Pensad en alguna comida que os guste (no tiene por qué ser nada complicado) y preguntadle a un adulto cómo hacerlo (o lo buscáis en Internet). Da igual que sea un postre, un asado, una sopa... lo importante es que lo escribas con la mayor corrección posible. Y si luego me lo haces llegar... ¡estaré encantada!
LINGUA GALEGA
Le con atención o cadriño azul e a continuación o texto.
Agora vas intentar contestar oralmente as preguntas que veñen a continuación.
Xa pasou moito tempo desde que estudamos as características dos distintos grupos de animais. Se queres poñer a proba o que sabes pero tamén a túa perspicacia para esquivar as "preguntas-trampa", atrévece con este xogo:
Os mércores tes INGLÉS. Repasa un pouquiño...
05/05/2020
Ola!
Onte pola tarde houbo unha boa treboada. Xustamente fora o momento en que nós saíramos camiñar e tivemos que apurar un pouco para que non nos collera. Pasouvos iso a algún máis? 😄
Do paseo do domingo xa sei que Andrea saiu na súa bici e que o pasou moi ben ☺.
Diego contou todo o que fixera a fin de semana e fíxoo con moi boa letra
Do paseo do domingo xa sei que Andrea saiu na súa bici e que o pasou moi ben ☺.
Diego contou todo o que fixera a fin de semana e fíxoo con moi boa letra
Este é o artefacto que ideou!
E con isto demostra o ben que se lle dá isto de plantar... 😄
Realmente sodes moi polifacéticos!
Han pasado unos cuantos días desde que hicimos los últimos ejercicios. Por si necesitas ver los vídeos sobre la división que que vimos la semana pasada, aquí los tienes de nuevo para recordar las partes de una división y lo que es una división exacta y una división entera.
Para hacer los problemas del ejercicio 2 puedes hacer bolitas de plastilina, de papel, utilizar lentejas...
Haces el reparto según se indica y luego lo expresas en la ficha.
Ahora prueba a hacer esta ficha:
LENGUA CASTELLANA
Hoy te voy a hacer trabajar bastante 👀... No me refiero a que tengas que escribir mucho, pero sí a pensar mucho. Es muy importante que entiendas correctamente el contenido de lo que lees en cualquier tipo de texto. Por eso te voy a proponer que leas con atención el que viene a continuación y que aparece en la página 116 de tu libro de texto:
Ahora contesta:
Y a continuación trata de realizar un esquema con la información que aparece en el texto:
Seguro que te ha salido muy bien, pero si quieres comprobar que lo que recoges en el esquema es lo adecuado, aquí lo tienes:
CIENCIAS SOCIAIS
Imos seguir lendo cousas sobre a poboación. Recorda que non tes que memorizar nada, simplemente practica a lectura e trata de entender os conceptos que se tratan de explicar. Hoxe ademais vouche pedir que fagas unha cousa máis, para a que vas necesitar lapis e papel... Le a actividade 3 e trata de averiguar cantos habitantes haberá nesa aldea a final de ano.
A ver quen o averigua! Quen crea que ten a solución correcta pode enviarma...👌
Os martes tedes clase de Relixión e de Valores. Gustaríame moito que tod@s escoitemos esta canción e a cantemos, de modo que cando nos reunamos nos saia moi ben a tod@s xunt@s. Titúlase El rock de las emociones.
https://www.youtube.com/watch?v=hX60bIksDsU&feature=youtu.be
A que está ben esta mensaxe de solidariedade?
Hoxe estou moi musical, debe ser que como é martes e hai clase de música...
Ata mañá!
MÚSICA
Gracias profe polas túas imaxes musicais e animadas que nos deixas cada martes!!💝😀
Gracias profe polas túas imaxes musicais e animadas que nos deixas cada martes!!💝😀
Hoxe volvemos sobre o noso libro de texto. Volvo poñer todo o traballado a semana pasada porque seguimos traballando as cousiñas:
No exercicio 1 da páxina 47 imos completar o nome de cada nota por debaixo de cada nota escrita no pentagrama. As notas que aparecen xa as traballamos na clase, pero hai unha nota nova, a ver si descubrides cal é. A esa nota nova non lle poñades o nome, deixádea en branco. O próximo día descubriremos que nota era, pero ide pensando a ver cal podería ser.
No exercicio 1 da páxina 48 tamén tedes que escribir debaixo de cada nota o seu nome, e tamén pensar que nota nova aparece pero a pensamos e a descubrimos o próximo día, igual ca no exercicio anterior.
Agora imos á páxina 52, tachaaaaaan!!! Descubrimos a nota "la" para tocar coa frauta. O único que tedes que facer é fixarvos na foto da nena, ler o que pon no recadro, ver a posición da nota "la" no pentagrama, fixarnos en como se colocan os dediños na frauta para tocar a nota "la", lembrade que tamén debemos tapar o burato que hai por detrás da frauta, e lembrade tamén non encoller os dedos, man esquerda arriba, man dereita abaixo, espalda recta, brazos en posición hacia abaixo sen levantalos, colocar o dedo polgar da man dereita por detrás da frauta hacia a metade (lembrade as raias) a modo de eixe central para a correcta colocación do noso instrumento, todas as cousiñas que xa falamos na clase.
A novidade é o descubrimento da nota “fa”, escrita no primeiro espazo do pentagrama. A descubristes? Moi ben!!! Pois agora imos tocar a frauta, repasamos nota “si” e nota “la”, a ver como era!! Agora tocamos coa frauta a canción “A ritmo de samba” na páxina 52, lembrade o valor da negra (un pulso) e o valor das dúas corcheas (unha negra, é o valor da negra dividicido en dúas partes iguais). Lembrade que os dous puntos que aparecen ao final da canción son os signos de repetición, o que tedes que facer é, cando cheguedes ao final da canción volvedes a empezar ata chegar ao final da canción, é dicir, facemos a canción dúas veces.
Podedes enviar as cousiñas que vaiades facendo ao correo musicameira20@gmail.com
Ata a semana que ven!
...e comeza MAIO!
E ademais traéndonos un sol esplendoroso para acompañar ese paseo que seguro que destes onte. A natureza amósase con forza, con todas as cores, os sons... Despois de moitos días de estar na casa aproveitamos cada minuto destes paseos que damos. O sol de onte permitiunos darlle máis valor aínda ao verde da herba, o azul do ceo... Eu fun camiñar pola beira do río e pareceume que nunca gozara tanto do seu cantaruxar.
Ti que fixeches onte? Saíches na bicicleta, no patinete, simplemente a camiñar, a correr... Se che apetece compartilo cos compañeiros podes escribir cinco ou seis liñas (con boa letriña) e envíasmo: anacapon@gmail.com.
LINGUA GALEGA
En moitos lugares de Galicia a chegada da primavera e a súa explosión de cores celébrase dun xeito especial. Le esta información.
Gustouche esta poesía? Podes lela varias veces, ata que a poidas ler coa entoación adecuada. Cando o consigas podes lela para toda a familia e seguro que os sorprendes.Ti que fixeches onte? Saíches na bicicleta, no patinete, simplemente a camiñar, a correr... Se che apetece compartilo cos compañeiros podes escribir cinco ou seis liñas (con boa letriña) e envíasmo: anacapon@gmail.com.
LINGUA GALEGA
En moitos lugares de Galicia a chegada da primavera e a súa explosión de cores celébrase dun xeito especial. Le esta información.
Se non che quedou moi claro o que son os maios, podes ver esta reportaxe pinchando no enlace seguinte. É un pouco longa, así que non cómpre que a vexas toda, pero as súas imaxes axudaranche a saber como se constrúen moitos tipos de maios diferentes.
https://www.youtube.com/watch?v=P_9TyXVukLQ
E como hoxe estamos moi poéticos, tróuxenche estoutro poema que escribiu hai moitos, moitos anos un escritor chamado Curros Enríquez. Este escritor foi o mesmo que escribiu o poema "Os Pinos", que é a letra do Himno Galego.
Fixaraste en que ao lado dalgunhas palabras aparece un asterisco. Isto é un sinal de que esa palabra non sería acorde coa normativa actual (por exemplo, que hoxe non escribimos "pra", senón "para", nin "pasai", senón "pasade").
Xa temos falado de que en ocasións aos poemas se lles pon música. Queres oír esta poesía coa música que lle compuxo Luis Emilio Batallán? Pincha aquí:
Acórdaste cando estivemos vendo refráns na clase? Pois hoxe tráioche estes tres sobre o mes de maio. Pensa a ver se intúes o que quererán dicir.
LENGUA CASTELLANA
Hoy vamos a ver si recordamos lo que eran los diminutivos. Recuerda que no por acabar en -illo o -illa una palabra tiene que ser un diminutivo.
Puedes comprobar aquí si lo has hecho bien:
Ahora trata de acordarte de otras cuestiones ya vistas:
¿Algún problema? Seguro que no, pero puedes comprobarlo. Las soluciones 8 y 9 solamente son ejemplos.
Los lunes tienes INGLÉS, así que recuerda repasar un poquito.
CIENCIAS SOCIAIS
Hoxe vas tratar de ler esta páxina. Recorda que non che pido que memorices nada, tan só quero que te acostumes a ler textos informativos entendendo o seu contido.
https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/ciencias-sociales/vida-sociedad/campo-ciudad
Ben, chegamos á fin das actividades deste luns. Pero recorda non deixar de moverte; na etiqueta de EDUCACIÓN FÍSICA tes moitas ideas...
Que teñas un bonito día!
30/04/2020
E rematamos abril...
E non se me ocorre mellor maneira de despedir este mes ca recitando un anaquiño dun poema que escribiu un poeta chamado Antonio Machado, un dos máis importantes da historia da literatura española.
Proba a lelo varias veces, ata que consigas recitalo con fluidez e coa entoación adecuada... Cando a familia se reúna podes lérllelo... Vailles encantar oírte!
LINGUA GALEGA
Hoxe imos repasar un pouco de ortografía. Nunca sobra volver sobre o uso do r e do rr
Por se encontraches algunha dificultade, aquí che deixo a solución:
Sínteste preparado para un ditado? Primeiro le o texto todas as veces que o necesites e despois... adiante!
Hoxe non esqueza repasar un pouco de INGLÉS ☺
MATEMÁTICAS
Hoy vamos a dedicarnos un poco al cálculo. Fíjate mucho en los ejemplos y en el número de ceros que siguen a la unidad:
Y ahora practicaremos alguna suma y alguna resta, no se nos vayan a olvidar.
Si estás cansad@, descansa un poco o deja este otro ejercicio para mañana. Si sigues con ánimo... adelante! No es tan difícil como aparenta...
LENGUA CASTELLANA
Estos últimos días hemos hablado del género de los sustantivos. Demuestra todo lo que sabes haciendo esta ficha:
CIENCIAS SOCIAIS
Hai uns días liches moitas cousas sobre as vilas e as aldeas. Agora vas ler algo sobre as cidades. Soamente tes que ler, non se trata de que memorices nada nin que escribas os exercicios, só que te vaias acostumando a ler e captar distintas informacións dos textos.
E agora ponlle música...
https://www.youtube.com/watch?v=CMkdHX9-I2Y
Proba a lelo varias veces, ata que consigas recitalo con fluidez e coa entoación adecuada... Cando a familia se reúna podes lérllelo... Vailles encantar oírte!
LINGUA GALEGA
Hoxe imos repasar un pouco de ortografía. Nunca sobra volver sobre o uso do r e do rr
Agora pon en práctica o que sabes e realiza esta actividade.
Por se encontraches algunha dificultade, aquí che deixo a solución:
Sínteste preparado para un ditado? Primeiro le o texto todas as veces que o necesites e despois... adiante!
Hoxe non esqueza repasar un pouco de INGLÉS ☺
MATEMÁTICAS
Hoy vamos a dedicarnos un poco al cálculo. Fíjate mucho en los ejemplos y en el número de ceros que siguen a la unidad:
Y ahora practicaremos alguna suma y alguna resta, no se nos vayan a olvidar.
Si estás cansad@, descansa un poco o deja este otro ejercicio para mañana. Si sigues con ánimo... adelante! No es tan difícil como aparenta...
LENGUA CASTELLANA
Estos últimos días hemos hablado del género de los sustantivos. Demuestra todo lo que sabes haciendo esta ficha:
CIENCIAS SOCIAIS
Hai uns días liches moitas cousas sobre as vilas e as aldeas. Agora vas ler algo sobre as cidades. Soamente tes que ler, non se trata de que memorices nada nin que escribas os exercicios, só que te vaias acostumando a ler e captar distintas informacións dos textos.
E agora ponlle música...
https://www.youtube.com/watch?v=CMkdHX9-I2Y
E despedimos abril de novo cos versos de Antonio Machado
Que pasedes uns días moi felices!
29/04/2020
Que tal vai cos paseos?
Supoño que tod@s aproveitades ese anaquiño de tempo para camiñar, ir en bici, saltar á comba... En definitiva, para que vos dea o solciño na cara e a brisa vos faga cóxegas.
Tamén sei que vos dá tempo de traballar e que facedes grandes progresos. Algúns mandádesme tarefas moi ben feitas e iso faime sentir moi, pero que moi emocionada polo esforzo que estades facendo e a axuda que vos prestan na casa. Moitísimo ánimo!
MATEMÁTICAS
Tamén sei que vos dá tempo de traballar e que facedes grandes progresos. Algúns mandádesme tarefas moi ben feitas e iso faime sentir moi, pero que moi emocionada polo esforzo que estades facendo e a axuda que vos prestan na casa. Moitísimo ánimo!
MATEMÁTICAS
¿Qué tal con los vídeos de ayer? ¿Se entendían con facilidad? Para refrescar ideas, vuelve a ver este que viste ayer:
https://www.youtube.com/watch?v=cl5cDjWW8AA
Intenta hacer esta ficha (también la puedes encontrar en el enlace de los cuadernillos de actividades de MATEMÁTICAS).
Si te has fijado bien, a veces, cuando queremos repartir algo en partes iguales, puede sobrarnos algo. Por ejemplo:
-Si Andrea, Antón, Andrea María y Willi se reparten 5 bombones→cada uno se tomará un bombón y sobrará uno.
-Si Beltrán, Diego y Aleix se reparten 5 gominolas→a cada uno le toca una gominola, pero sobran dos.
-Si Iker, Kassandra, Josito y Claudia se reparten 6 pasteles→a cada uno le corresponderá un pastel y quedarán dos en la bandeja.
-Si Paula, Manuel y Nayara se reparten 3 piruletas→a cada uno le corresponde una piruleta y no sobrará ninguna.
Los dos tipos de divisiones (cuando sobra algo y cuando no sobra nada) reciben un nombre. Fíjate:
Ahora, viendo las divisiones ya hechas, trata de decir si cada una de ellas es exacta o entera. Fíjate bien en el ejemplo.
LENGUA CASTELLANA
¿Te acuerdas de lo que leímos ayer acerca del género de los sustantivos? Si quieres puedes releerlo, pero aquí te dejo este resumen:
Después de leerlo, prueba a hacer estos ejercicios para poner en práctica lo aprendido:
LINGUA GALEGA
Hoxe imos coñecer algo sobre a historia do chocolate. O texto de hoxe non é un conto, nin unha poesía... Trátase dun texto informativo, é dicir, que a súa finalidade principal é darnos algún tipo de información.
Primeiro le o texto en silencio e despois en voz alta, respectando os signos de puntuación.
Intenta a continuación realizar as actividades (podes imprimir a ficha, facela oralmente, etc.). Cando non saibas responder algo, volve a buscar esa información no texto. Este tipo de exercicio serache de moita axuda para comprender cada vez mellor calquera tipo de texto.
CIENCIAS DA NATUREZA
Algúns dixéstesme que vos gustaron moito as actividades interactivas que puxen a semana pasada. Recordade que podedes volver a elas sempre que queirades.
Como vos comentaba hai pouco, o mes pasado celebrouse o DÍA DA ÁRBORE. Se pinchas neste enlace verás un vídeo sobre cousas moi curiosas relacionadas coas árbores.
https://www.youtube.com/watch?v=GIdzNQqsr74
Gustouche?
Como todos os mércores, tes INGLÉS. Non esquezas repasar un pouquiño.
Ata mañá!
28/04/2020
Bo día a tod@s!
Xa sei como vos foi a algúns de vós durante a fin de semana porque vos animastes a escribir unha liñas para contalo (con esa boa letra que pedín).
Aquí temos o que contou Aleix
Diego tamén contou cousiñas. Para probar que era certo o que conta da súa horta, acompañou esta foto que o corrobora:
Se queredes enviar uns renglóns contando como vos foi ou ben facernos esa recomendación dun libro cunha foto dun dos que máis vos guste (Día do Libro), podedes facelo (anacapon@gmail.com).
MATEMÁTICAS
Hoy vamos a ver un vídeo que habíamos visto el curso pasado. Hace referencia al concepto de reparto. Prestad atención:
https://www.youtube.com/watch?v=SeQsKlQsD5Q
Pero como ahora ya estamos en 3ª podemos ir un poco más allá. Fíjate:
https://www.youtube.com/watch?v=cl5cDjWW8AA
Aquí temos o que contou Aleix
Diego tamén contou cousiñas. Para probar que era certo o que conta da súa horta, acompañou esta foto que o corrobora:
Nayara enviounos esta foto para demostrar que lle colleu moito gusto a isto das manualidades...
Iker tivo unha fin de semana moi activa, tivo tempo para facer un montón de cousas: saír coa bici con seu pai, xogar co patinete e facer un delicioso biscoito
Se queredes enviar uns renglóns contando como vos foi ou ben facernos esa recomendación dun libro cunha foto dun dos que máis vos guste (Día do Libro), podedes facelo (anacapon@gmail.com).
MATEMÁTICAS
Hoy vamos a ver un vídeo que habíamos visto el curso pasado. Hace referencia al concepto de reparto. Prestad atención:
https://www.youtube.com/watch?v=SeQsKlQsD5Q
Pero como ahora ya estamos en 3ª podemos ir un poco más allá. Fíjate:
https://www.youtube.com/watch?v=cl5cDjWW8AA
Ahora prueba tu:
LENGUA CASTELLANA
Esto que vamos a ver también te va a sonar. Léelo con atención y podrás hacer el ejercicio sin dificultad.
CIENCIAS SOCIAIS
Que tal a actividade de onte? A que era divertida? Xa sabes que se a queres repetir non tes máis ca volver a pinchar no enlace todas as veces que queiras.
Como debemos saber ler todo tipo de textos (contos, poesías, textos instrutivos...) vas ler en voz alta estas páxinas do teu libro de texto e de paso vas coñecendo máis cousas do mundo que nos rodea.
Os martes son moi especiais, porque lle dedicamos un anaquiño do noso tempo á MÚSICA💙😄
MÚSICA
Gracias profe polas túas imaxes musicais e animadas que nos deixas cada martes!!💝😀
Hoxe imos traballar co noso libro de texto.
No exercicio 1 da páxina 47 imos completar o nome de cada nota por debaixo de cada nota escrita no pentagrama. As notas que aparecen xa as traballamos na clase, pero hai unha nota nova, a ver si descubrides cal é. A esa nota nova non lle poñades o nome, deixádea en branco. O próximo día descubriremos que nota era, pero ide pensando a ver cal podería ser. No exercicio 1 da páxina 48 tamén tedes que escribir debaixo de cada nota o seu nome, e tamén pensar que nota nova aparece pero a pensamos e a descubrimos o próximo día, igual ca no exercicio anterior.
Agora imos á páxina 52, tachaaaaaan!!! Descubrimos a nota "la" para tocar coa frauta. O único que tedes que facer é fixarvos na foto da nena, ler o que pon no recadro, ver a posición da nota "la" no pentagrama, fixarnos en como se colocan os dediños na frauta para tocar a nota "la", lembrade que tamén debemos tapar o burato que hai por detrás da frauta, e lembrade tamén non encoller os dedos, man esquerda arriba, man dereita abaixo, espalda recta, brazos en posición hacia abaixo sen levantalos, colocar o dedo polgar da man dereita por detrás da frauta hacia a metade (lembrade as raias) a modo de eixe central para a correcta colocación do noso instrumento, todas as cousiñas que xa falamos na clase.
Podedes enviar as cousiñas que vaiades facendo ao correo musicameira20@gmail.com
Gracias profe polas túas imaxes musicais e animadas que nos deixas cada martes!!💝😀
Hoxe imos traballar co noso libro de texto.
No exercicio 1 da páxina 47 imos completar o nome de cada nota por debaixo de cada nota escrita no pentagrama. As notas que aparecen xa as traballamos na clase, pero hai unha nota nova, a ver si descubrides cal é. A esa nota nova non lle poñades o nome, deixádea en branco. O próximo día descubriremos que nota era, pero ide pensando a ver cal podería ser. No exercicio 1 da páxina 48 tamén tedes que escribir debaixo de cada nota o seu nome, e tamén pensar que nota nova aparece pero a pensamos e a descubrimos o próximo día, igual ca no exercicio anterior.
Agora imos á páxina 52, tachaaaaaan!!! Descubrimos a nota "la" para tocar coa frauta. O único que tedes que facer é fixarvos na foto da nena, ler o que pon no recadro, ver a posición da nota "la" no pentagrama, fixarnos en como se colocan os dediños na frauta para tocar a nota "la", lembrade que tamén debemos tapar o burato que hai por detrás da frauta, e lembrade tamén non encoller os dedos, man esquerda arriba, man dereita abaixo, espalda recta, brazos en posición hacia abaixo sen levantalos, colocar o dedo polgar da man dereita por detrás da frauta hacia a metade (lembrade as raias) a modo de eixe central para a correcta colocación do noso instrumento, todas as cousiñas que xa falamos na clase.
Podedes enviar as cousiñas que vaiades facendo ao correo musicameira20@gmail.com
Ata a semana que ven!
27/04/2020
Ola a tod@s...
Que tal de fin de semana? Espero que moi ben!
Seguindo coa conmemoración do DÍA DO LIBRO, podedes seguir mandando as vosas fotos.
Diego quixo compartir con tod@s "La excursión a las cataratas del Niágara", unha nova aventura de Geronimo Stilton.
Pero como o tempo lle dá para todo, mirade que carrilana montou con seu pai...
Onte puidestes saír dar unha voltiña despois de bastantes días. O tempo non axudou moito, pero foi emocionante camiñar por fóra de novo. A vós que tal vos foi?
Os luns en LINGUA GALEGA sempre contamos algo da fin de semana. Se che parece podes escribir cinco ou seis liñas con boa letra contando algo deste pasado domingo (se vives nunha casa e xa andas por fóra sempre, se vives nun piso e saíches despois de moitos días, se viches de lonxe a algún coñecido... o que ti queiras). Se queres compartilo, mándamo ao meu correo: anacapon@gmail.com.
Agora imos repasar algunha cousiña que xa sabemos. Le con atención e verás que sinxelos son estes exercicios. Fíxate na ortografía e recorda escribir m antes de p e de b. Tamén debes ter en conta que en galego a palabra móbil (tamén automóbil, mobilidade, etc.) se escribe con b; en castelán en cambio escríbese con v (móvil).
Agora imos facer un exercicio que nos axudará a ampliar o noso vocabulario:
Na aula temos dicionarios para utilizar, pero hai outras ferramentas que resultan moi prácticas cando queremos averiguar o significado dunha palabra ou buscar outras novas. Neste caso vas utilizar o dicionario en liña da Real Academia Galega da Lingua. Pincha neste enlace e despois escribe no lugar indicado o primeiro dos prefixos (semi) e verás que xa che aparece unha gran lista de palabras que empezan así. Sigue cos demais. Proba:
https://academia.gal/dicionario
Este ano non celebramos no cole o noso Día da Árbore, pero nós ímolo facer á nosa maneira. Vas ler o seguinte texto e a pequena poesía que o acompaña:
Agora imos plantar o noso carballo... Le con moita atención e numera as oracións na orde correcta para que a plantación sexa un éxito (pódelo facer oralmente):
Aquí tes outros nomes de árbores que seguramente coñezas. Léos en voz alta:
Hoxe tes INGLÉS e seguro que sempre repasas un pouquiño para que non che esqueza.
LENGUA CASTELLANA
Diego quixo compartir con tod@s "La excursión a las cataratas del Niágara", unha nova aventura de Geronimo Stilton.
Pero como o tempo lle dá para todo, mirade que carrilana montou con seu pai...
O que xa dixen máis veces, vendo o que estades facendo nestes días, de aquí van saír cociñeir@s, escritor@s, inventor@s...☺
Onte puidestes saír dar unha voltiña despois de bastantes días. O tempo non axudou moito, pero foi emocionante camiñar por fóra de novo. A vós que tal vos foi?
Os luns en LINGUA GALEGA sempre contamos algo da fin de semana. Se che parece podes escribir cinco ou seis liñas con boa letra contando algo deste pasado domingo (se vives nunha casa e xa andas por fóra sempre, se vives nun piso e saíches despois de moitos días, se viches de lonxe a algún coñecido... o que ti queiras). Se queres compartilo, mándamo ao meu correo: anacapon@gmail.com.
Agora imos repasar algunha cousiña que xa sabemos. Le con atención e verás que sinxelos son estes exercicios. Fíxate na ortografía e recorda escribir m antes de p e de b. Tamén debes ter en conta que en galego a palabra móbil (tamén automóbil, mobilidade, etc.) se escribe con b; en castelán en cambio escríbese con v (móvil).
Agora imos facer un exercicio que nos axudará a ampliar o noso vocabulario:
Na aula temos dicionarios para utilizar, pero hai outras ferramentas que resultan moi prácticas cando queremos averiguar o significado dunha palabra ou buscar outras novas. Neste caso vas utilizar o dicionario en liña da Real Academia Galega da Lingua. Pincha neste enlace e despois escribe no lugar indicado o primeiro dos prefixos (semi) e verás que xa che aparece unha gran lista de palabras que empezan así. Sigue cos demais. Proba:
https://academia.gal/dicionario
Este ano non celebramos no cole o noso Día da Árbore, pero nós ímolo facer á nosa maneira. Vas ler o seguinte texto e a pequena poesía que o acompaña:
Agora imos plantar o noso carballo... Le con moita atención e numera as oracións na orde correcta para que a plantación sexa un éxito (pódelo facer oralmente):
Aquí tes outros nomes de árbores que seguramente coñezas. Léos en voz alta:
Hoxe tes INGLÉS e seguro que sempre repasas un pouquiño para que non che esqueza.
LENGUA CASTELLANA
Hoy vas a leer este divertido texto que nos recuerda lo que ocurre cuando no cuidamos debidamente nuestros dientes.
Ya sabes los pasos: primero lee en silencio para entender lo que se cuenta y luego léelo en voz alta, respetando los signos de puntuación y con la entonación adecuada.
Ahora que puedes salir un poco es más fácil hacer un poco de ejercicio caminando, con la bici... Pero los ejercicios que se proponen en la etiqueta de EDUCACIÓN FÍSICA son muy indicados para seguir rutinas divertidas.
CIENCIAS SOCIAIS
Gustouche a actividade interactiva que fixeches o último día de CIENCIAS DA NATUREZA? Ben, pois hoxe tráioche unha similar para que repases todo o que aprendichea sobre o relevo e a paisaxe- Creo que che vai gustar.
Ata mañá!
24/04/2020
Un fantástico DÍA DO LIBRO...
Onte, xoves, celebramos en todas partes o DÍA DO LIBRO. Sabedes que sempre facemos algo especial, así que este ano non ía ser menos.
Recordades como vos gusta compartir lecturas cos compañeiros e que saiban o que estades lendo? Ben, pois agora podedes facelo doutra maneira. Non lles ides ler aos compañeiros un pedaciño, como facedes na clase, pero si podedes compartir unha fotografía dalgún libro que vos guste e podedes dicirnos aos demais que emoción vos provoca.
Xa me chegaron ao correo as primeiras fotos... Non podedes imaxinar a ilusión que me fixo velas...
Aleix compartiu con nós un dos libros da súa colección de Mini Timmy e co carteliño fíxonos chegar o que lle fai sentir.
Claudia enviounos estas preciosas imaxes dalgúns dos libros que lle gustan. Nas fotografías recoñezo algún dos que en ocasións compartiu con nós na clase 😊
E Paula tráenos La preocupación de Lucía, e dinos que ten moitas ganas de compartilo con tod@s vós.
Estas foron as primeiras, pero podedes seguir mandando as vosas fotos ao correo anacapon@gmail.com para seguir compartindo momentos neste blog,
Agora queredes que traballemos un pouquiño?
MATEMÁTICAS
Empezamos con unos problemas un poco complicados, porque se resuelven con más de una operación, así que ya sabes: leer muuuuy despacio, luego pensar, volver a leer, fijarse especialmente en qué es lo que se pregunta...
Bueno, no ha sido para tanto ¿verdad?😄 Seguimos un poco más:
Si te han quedado ganas de más matemáticas, prueba con el siguiente juego. Con él comprobarás si te acuerdas de lo que has visto esta semana sobre las potencias. Recuerda que cualquier número "al cuadrado" es ese número multiplicado por si mismo (3x3, 7x7, 5x5...).
Los viernes tienes EDUCACIÓN FÍSICA, aunque realmente el ejercicio físico es una necesidad diaria, recuérdalo.
LINGUA GALEGA.
Falando de deporte... Gustaríache practicar algo de vocabulario relacionado con ese ámbito?
Pois trata de facer oralmente o exercicio que vén a continuación.
Hoxe vouche propoñer unha actividade interactiva na que vas poñer a proba canto aprendiches sobre o mundo animal. É unha actividade un pouco longa (ten máis de 60 preguntas!), así que non pasa nada se hoxe fas unhas pouquiñas e deixas outras para outros días 😊
Recorda que andamos celebrando o DÍA DO LIBRO, así que se queres podes facer uns marcapáxinas así de chulos para non perder nunca o punto de lectura. Ten coidado de non utilizar ceras ou outro tipo de pintura que poida manchar as páxinas do libro.
E hoxe quéroche deixar un pequeno agasallo. Trátase dun pequeno conto escrito para os momentos nos que estamos e que nos di que todo vai ir ben...
Que teñades unha boa fin de semana!
23/04/2020
Hoxe é o DÍA DO LIBRO
...e desde a Biblioteca, Xalín faivos unha proposta. Mira na primeira páxina do blog e fíxate:
"#QUEDAMOSLENDONACASA"
Atréveste? Seguro que che apetece compartir con todos a túa lectura favorita. Podes mandar a foto ao meu correo, coma sempre:
anacapon@gmail.com
Cun libro viaxarás a onde queiras...
Ben, pois empezamos outro día e vouvos mostrar algo que vos vai sorprender:
Quen faría este traballo con la? Pistas: foi alguén da clase (eu non fun) e claramente trátase de alguén con moita destreza e habilidade...
Foi Antón! Quédome marabillada, porque cada día aprendedes a facer cousas novas.
LINGUA GALEGA.
Onte liches estas páxinas dun cómic:
Que tal saíu? Pois compróbao mirando as respostas:
Como todos os xoves, tes INGLÉS. Supoño que segues practicando, of course!
MATEMÁTICAS
Hace unos días estuvimos recordando cuánto era el doble y el triple de algo. Hoy te pido ir un poco más allá en este ejercicio de Lee y calcula. No te lances a hacer ninguna operación hasta que te asegures de haber leído bien...
Después haz el siguiente ejercicio para repasar lo que has visto ayer en los ejercicios de potencias.
¿Todavía nos quedan ganas de más MATEMÁTICAS? Pues venga, fíjate bien
en los ejemplos resueltos y atrévete tú a hacer el resto de multiplicaciones.
LENGUA CASTELLANA
El martes hemos hablado del diminutivo. ¿Hacemos esta ficha para repasar?
CIENCIAS SOCIAIS
...e acordeime moito dos carteis que levamos ao desfile do entroido e que temos decorando o corredor, ao lado da nosa aula. Gustaríame que leses con atención estas páxinas do teu libro de texto.
E agora verás un vídeo cunhas paisaxes tan fermosas que recalcan a necesidade de preservar os espazos naturais.
https://www.turismo.gal/que-visitar/espazos-naturais?langId=es_ES#
Felices lecturas Ata mañá!
Que tal levamos a semana?
Hoxe imos ter o día algo escuro e chuvioso, así que o ánimo temos que poñelo nós.
Onte recibín máis correos que veñen confirmar o que xa sabía: sodes uns artistas. Que me dicides deste auténtico zoo que ten Aleix montado na casa?
E que me contades das creacións de Claudia?
Onte recibín máis correos que veñen confirmar o que xa sabía: sodes uns artistas. Que me dicides deste auténtico zoo que ten Aleix montado na casa?
E que me contades das creacións de Claudia?
Dáme moito gusto saber que seguides tendo a mente activa e as mans en movemento 👌
MATEMÁTICAS
Y pocas cosas que nos hagan ejercitar tanto la mente como las MATEMÁTICAS.
¿Qué tal os fué ayer con las potencias? La mayoría de vosotros quizá tengáis unha ficha que habíamos repartido en clase para trabajar las potencias. Si no la tenéis podéis hacer esta otra:
Si lo necesitas, puedes ver de nuevo el vídeo que te propuse ayer.
Bien, pues seguimos repasando operaciones, para no perder ni un ápice de agilidad mental:
Hace ya unos cuantos días leíste esta simpática historia.
¿Te atreves a ponerte a prueba realizando las actividades que aparecen aquí abajo?
Fíjate en la ortografía.
→ Cuando preguntamos algo, escribimos así: "¿Por qué te ríes así?"
→ Cuando respondemos, lo hacemos así:"Porque me hace mucha gracia"
¡Lánzate!
¿Algún problema? Seguro que no. Puedes comprobar tus respuestas:
LINGUA GALEGA.
Hoxe xa traballaches moito, así que agora toca relaxarse cun pouco de lectura. Non sei se coñeces os cómics protagonizados por Marcopola, pero aquí vos deixo un anaquiño dun deles. Por se non coñeces estes cómics, tedes aquí algo de información:
CIENCIAS DA NATUREZA
Hai moi pouquiño estivemos vendo a pirámide dos alimentos. Estaría ben recordar algo do que falamos:
Se te fixas, o vídeo acaba recordándonos a importancia do exercicio físico. Recorda que na etiqueta de EDUCACIÓN FÍSICA podes encontrar un montón de ideas para moverte.
E hoxe é mércores, non te esquezas de INGLÉS!
Que teñas un bo e saudable día.
Ata mañá!
21/04/2020
Ola de novo!
Os martes son estupendos, porque xa collemos carreiriña pero aínda estamos super fresc@s e con moitas ganas de traballar.
Encántame recibir os vosos correos, algúns con fotos de cousiñas que facedes. Mirade o coelliño que fixo Beltrán... É que non pode ser máis mono!
Paula tamén se puxo mans á obra e enviou este grupiño de simpáticos animaliños.
Encántame recibir os vosos correos, algúns con fotos de cousiñas que facedes. Mirade o coelliño que fixo Beltrán... É que non pode ser máis mono!
Paula tamén se puxo mans á obra e enviou este grupiño de simpáticos animaliños.
Chulísimos!
MATEMÁTICAS
¿Sigues repasando las tablas de multiplicar para no olvidarlas? A ver si te acuerdas:
2x2=
3x3=
4x4=
5x5=
6x6=
👀 ¿Te has fijado? Te acabo de preguntar el producto de dos factores que son iguales (el 2 multiplicado por si mismo, el 3 multiplicado por si mismo...). Es decir, el factor 2 se repite dos veces, el factor 3 se repite dos veces, el factor 4 se repite dos veces... Ese tipo de producto se puede expresar en forma de potencia. ¿Y si el factor se repite tres veces?
2x2x2
3x3x3
4x4x4
etc.
Mira con atención el siguiente vídeo:
https://www.youtube.com/watch?v=_5uMZEUeuYE
Solamente vamos a ver cuándo un factor se repite dos veces (al cuadrado) y cuándo se repite tres veces (al cubo). Lee con calma y prueba a hacer los ejercicios:
¿Crees que te atreves con algo más?
Ahora comprueba qué tal te ha ido:
MATEMÁTICAS
¿Sigues repasando las tablas de multiplicar para no olvidarlas? A ver si te acuerdas:
2x2=
3x3=
4x4=
5x5=
6x6=
👀 ¿Te has fijado? Te acabo de preguntar el producto de dos factores que son iguales (el 2 multiplicado por si mismo, el 3 multiplicado por si mismo...). Es decir, el factor 2 se repite dos veces, el factor 3 se repite dos veces, el factor 4 se repite dos veces... Ese tipo de producto se puede expresar en forma de potencia. ¿Y si el factor se repite tres veces?
2x2x2
3x3x3
4x4x4
etc.
Mira con atención el siguiente vídeo:
https://www.youtube.com/watch?v=_5uMZEUeuYE
Solamente vamos a ver cuándo un factor se repite dos veces (al cuadrado) y cuándo se repite tres veces (al cubo). Lee con calma y prueba a hacer los ejercicios:
¿Crees que te atreves con algo más?
Ahora comprueba qué tal te ha ido:
Vamos a recordar algo que ya te sabes. ¿Recuerdas los diminutivos?
Fíjate que en el ejercicio 9 hay trampa, porque solamente dos de las palabras son diminutivos 👀😊
CIENCIAS SOCIAIS
Xa hai días que andamos a voltas coas paisaxes. Hoxe só quero que leas estas páxinas para chegar a entender que é unha paisaxe natural e unha paisaxe transformada.
Tendo en conta o que acabas de ler atréveste a identificar cal das imaxes anteriores reproduce unha paisaxe natural e cal unha paisaxe transformada?
Os martes tedes música... Beeeen!
Que teñas un día moi musical!
Ata mañá!
MÚSICA
Como ben di a vosa profe, que sempre nos ilustra o día da música con imaxes bonitas e dinámicas! Imos continuar con esa enerxía que nos transmite cada martes, traballando coa nosa frauta doce. Lembramos a posición da nota "si" a través deste enlace http://www.aprendomusica.com/swf/notasFlauta.html aquí están as posicións de cada nota. Como curiosodade, e podedes investigar, pero lembrade que a nota que nos interesa é a nota "si". No seguinte enlace traballamos unha canción interactiva coa nota "si", seguindo o compás https://www.youtube.com/watch?time_continue=31&v=Sm5F_Fbr8t0&feature=emb_logo
No seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?time_continue=3&v=sxdd_LAkiU4&feature=emb_logo tamén traballamos a nota "si", lembrade que nos silencios tocan outras notas, nós só seguimos a nota "si" como vai indicando a canción. Divertido!
Como ben di a vosa profe, que sempre nos ilustra o día da música con imaxes bonitas e dinámicas! Imos continuar con esa enerxía que nos transmite cada martes, traballando coa nosa frauta doce. Lembramos a posición da nota "si" a través deste enlace http://www.aprendomusica.com/swf/notasFlauta.html aquí están as posicións de cada nota. Como curiosodade, e podedes investigar, pero lembrade que a nota que nos interesa é a nota "si". No seguinte enlace traballamos unha canción interactiva coa nota "si", seguindo o compás https://www.youtube.com/watch?time_continue=31&v=Sm5F_Fbr8t0&feature=emb_logo
No seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?time_continue=3&v=sxdd_LAkiU4&feature=emb_logo tamén traballamos a nota "si", lembrade que nos silencios tocan outras notas, nós só seguimos a nota "si" como vai indicando a canción. Divertido!
De momento non engadimos a nota “la”.
Ata a semana que ven!
Bo día, mozos e mozas!
Primeiro día da semana, temos a batería cargada e moitas ganas de facer cousas!
Sabedes que os luns sempre nos gusta saber os uns dos outros, contar as nosas cousiñas... Xa sei que estes días non estamos facendo cousas moi extraordinarias, pero tamén é positivo valorar o "ordinario". Por exemplo, quero contarvos o marabillosos que me pareceron onte pola mañá os rechouchíos dos paxaros cando abrín a ventá pola mañá...
E ti? Se che apetece escribir unhas palabriñas sobre calquera cousa que queiras compartir cos demais, podes facelo (anacapon@gmail.com).
LINGUA GALEGA.
Cando estamos na clase de cando en vez facemos algunha proba para saber cantas cousas somos capaces de facer sen axuda. Ponte a proba realizando as actividades que se propoñen a continuación e cando remates, comproba as solucións...
Repito, cando remates 😏!
Se fixeches todo o anterior xa estarás un pouco cans@, polo que podes deixar sen facer a actividade 9, a menos que te sintas inspirad@ e con ganas. A continuación aparecen as solucións ás actividades, de modo que agora podes comprobar:
Repito, cando remates 😏!
Se fixeches todo o anterior xa estarás un pouco cans@, polo que podes deixar sen facer a actividade 9, a menos que te sintas inspirad@ e con ganas. A continuación aparecen as solucións ás actividades, de modo que agora podes comprobar:
Hoxe tamén toca INGLÉS... Non deixes que che esqueza nada!
LENGUA CASTELLANA
¿Quién recuerda lo que era una fábula? En 2º leísteis varias y en 3º también hemos leído alguna a principios de curso. Recuerda que las fábulas son historias cortas en las que los personajes son animales u objetos (...pero que hablan) y que acaban con alguna enseñanza o moraleja.
Puedes leer la siguiente:
¿Necesitas un descanso? Pues date un respiro, porque es necesario estirar las piernas un poco. Estos días las familias pasáis mucho tiempo en casa y es importante que todos pongamos de nuestra parte para que la convivencia sea agradable. Tu familia puede encontrar algunos consejos útiles para estos días en la etiqueta del Departamento de Orientación.
Sabes que todos los días te recuerdo la necesidad de que a diario hagas un poco de ejercicio, aunque no dispongas de mucho espacio. En la etiqueta de EDUCACIÓN FÍSICA encontrarás todo tipo de ejercicios para que busques lo que más se adapte a tus gustos y al espacio del que dispones. Encuentra el momento del día más conveniente para ti: por la mañana antes de comenzar la tarea o cuando la acabas, antes de comer; quizás por la tarde... Y si lo haces en familia...¡mucho más divertido!
CIENCIAS SOCIAIS
O último día estivemos vendo formas do relevo de costa (podes volve a ver a imaxe da páxina no día 16). Hoxe propóñoche un pequeno xogo de memoria visual: volve a mirar esa imaxe da que che falo (día 16) e despois mira o vídeo que aparece neste enlace.
Una vez feito isto, mira esta imaxe e intenta dicir en voz alta os nomes das formas de relevo que aparecen indicadas con cadansúa letra.
Conseguiches recordalas todas? Parabéns!!!
Recordaches algunha? Felicítote tamén!
Non hai cousa mellor ca mirar ao noso arredor para comprobar que moi pretiño de nós encontramos exemplos de todo o que aprendemos nos libros. Queres ver unha illa (diminuta, iso si)? Pois visitemos coa imaxinación o faro que se atopa en Illa Pancha, en Ribadeo...
Que teñades bo día!
Xa chegamos a venres...
E onte houbo alguén do noso grupo que estivo de aniversario...
Pensade, pensade, pensade... Quen sería? Déixovos algún tempo para que caviledes, a ver se vos acordades.
MATEMÁTICAS
¿Viendo esa maravilla de tarta no os entran ganas de hincarle el diente?
De momento vamos a entretenernos resolviendo estos dulces problemas. Recuerda: lee detenidamente y piensa que en alguno de los problemas puedes necesitar hacer más de una operación.
Os sabíais muy bien las tablas de multiplicar, pero no hay que dejar de practicar para que no se olviden.
¿Qué tal se te da pilotar coches de carreras? Demuestra tu destreza:
https://www.tablasdemultiplicar.com/carrera-de-multiplicar.html
Pero ten en cuenta que los grandes pilotos también deben estar en buena forma física. Recuerda mantenerte activ@ y dedica cada día un ratito a moverte. En la etiqueta de EDUCACIÓN FÍSICA que ha preparado Iván aparecen un montón de opciones divertidas para hacerlo.
LINGUA GALEGA.
Onte aínda seguíamos a voltas coas palabras que levaban H, pero hoxe imos ver outro grupo de palabras nas que aparece o h, pero doutra maneira.
Agora aparece formando parte do dígrafo -nh-. Vaia palabriña, eh? Xa nos queda algo lonxe, porque vimos os dígrafos aló ao comezo do curso, cando falabamos de que hai grupos de dúas letras que se pronuncian xuntas (ll, ch, rr, qu...).
Foiche doado ler o texto, verdade? Ben, pois agora bótalle unha ollada ao poema seguinte, que está cheo de ocos que debes intentar cubrir utilizando as palabras do recadro.
Isto é como encaixar as pezas dun crebacabezas... Comproba se o fixeches ben:
Agora que xa tes o poema completo podes lelo varias veces ata que che saia xenial e cando a familia se xunte a comer, pódesllelo ler. Halles encantar!
CIENCIAS DA NATUREZA
Estivemos aprendendo cousas sobre os ecosistemas. Mira agora este vídeo sobre os problemas que poden ter os distintos ecosistemas.
https://www.youtube.com/watch?v=CEQmu6wPKsA
Dá que pensar que os humanos poidamos ter tanta influencia nos ecosistemas, verdade?
PLÁSTICA
Queres que fagamos algunha manualidade con material de refugallo que teñamos pola casa? Se che apetece podes intentar facer algún destes animaliños:
https://santiago.tropaverde.org/new_campaigns/reutiliza-coa-tropaverde
Ben, xa rematamos todas as actividades, así que chegou o momento... Cantamos tod@s?
PARABÉNS, CLAUDIA!!!
E cada un de nós, todo o grupo desde as nosas casas desexámosche...
E para tod@s, que teñades unha estupenda fin de semana!
16/04/2020
Bos e deliciosos días!
Bo día a tod@s! Pois a miña intuición non me fallaba e xa puiden constatar que era certo o que eu pensaba... DESTA ETAPA SAIRÁN GRANDES COCIÑEIR@S!
Mirade logo que fotos me chegaron ao correo:
Cando abrín o correo de Paula, pareceume que ata podía ulir o
recendo das roscas acabadas de fritir... Mmmmmm!
Recorda que o meu correo electrónico é o seguinte: acapon@gmail.com
Podes enviarme o que queiras, preguntar dúbidas, comentar dificultades... o que queiras.
LINGUA GALEGA.
Lestes onte este texto cheo de palabras que se escriben con H?
Pois como é unha letra que non soa, non nos queda máis remedio ca ler e escribir esas palabras en distintas situacións e distintos contextos ata que se non vaian "quedando". Volve a lelo hoxe, con lentitude e fixándote ben na ortografía. Despois fai o que che pide o exercicio: inventa unha oración con cada unha das palabras do texto que levan h.
Agora imos ampliar vocabulario:
Foi difícil? Supoño que non, pero por se nalgún caso dubidabas, déixoche aquí as solucións... Pero non as mires antes de facer o exercicio!1. Historia→historiador, hotel→hoteleiro, habitar→habitable, horta→hortaliza (estes son algúns exemplos).
2. ola!, herba, honrado, ovo, horrible, irmán, ombro, heroe, oco, home.
Seguimos con palabriñas que levan h. Como se chama cada un dos elementos que aparecen nas imaxes?
Comprobación: 1 hórreo, 2 hiena, 3 hipopótamo, 4 harmónica, 5 cacahuete, 6 helicóptero.
MATEMÁTICAS
Ayer estuvimos recordando lo que era el doble y el triple de algo. Supongo que no has tenido ningún problema. Quieres repasar un poco más?
Estás cansad@? Pues tómate un descansito, porque ahora te voy a proponer algo para pensaaaaaar...
Recuerdas que siempre me pongo muy pesada con que hay que leer los enunciados de los problemas con mucha calma y fijarnos bien en qué es lo que nos están preguntando. Siempre te pido que imagines la situación o incluso que hagas un dibujo.¿Qué pasaría si, para tomarte el pelo, en un enunciado te cuentan cosas que no vienen al caso para poder resolverlo? Pues que te vuelven loc@ y te lías...
Vas a fijarte mucho.
En cada uno de estos tres problemas te dan un dato totalmente innecesario para poder resolverlo. Localiza cuál es ese dato. Ahora, a cada problema, añádele otra pregunta más para la cual sí sea necesario ese dato.
Comprueba las soluciones:
LENGUA CASTELLANA
Llegados a este punto, probablemente necesites un respiro... Quieres jugar un poco con palabras con g y j? Pincha en este enlace:
CIENCIAS SOCIAIS
Gústavos ver o mar? A min encántame... Mira a ilustración que aparece aquí abaixo e o texto que a acompaña. Fíxaste que formas tan variadas pode ter o relevo de costa?
Podes ver este vídeo, é curtiño pero enténdese moi ben:
https://www.youtube.com/watch?v=RLsnNvyHke4
Despídome ata mañá deixándoche esta preciosa imaxe de "O Fuciño do Porco", no Vicedo (Mariña lucense).
Os humanos temos a portentosa capacidade de emocionarnos evocando situacións vividas ou imaxinadas... Mira a fotografía, mergúllate nela, sinte a brisa, escoita o mar... Que teñas un bo día!
15/04/2020
Que xa é mércores???
A que non parece que xa vaiamos pola metade da semana? Pois si, e ademais chegando á metade do mes...
MATEMÁTICAS
Por cierto, supongo que seguís acordándoos de lo que era el doble y la mitad de algo. ¿Recordáis cuando hacíamos en clase la broma de los "Lacasitos"? Si yo le daba 5 Lacasitos a Claudia pero llegaba Paula, enseguida me dirían que tenía que poner el doble de Lacasitos (es decir, si yo le había dado 5 a Claudia, ahora tendría que poner sobre la mesa 5 x 2= 10). El doble se obtenía multiplicando por 2.
Lee y resuelve diciendo la solución en voz alta:
- Willi tiene 6 gominolas, pero Beltrán tiene el doble. Beltrán tiene_______gominolas.
- Jose tiene 9 chicles, pero Andrea María tiene el doble. Andrea María tiene_______ chicles.
- Iker tiene 7 cromos, pero Manuel tiene el doble. Manuel tiene________ cromos.
- Andrea tiene 8 piruletas, pero Nayara tiene el doble. Nayara tiene______ piruletas.
- Aleix tiene 10 bombones, pero Antón tiene el doble. Antón tiene ______ bombones.
- Diego tiene 4 pasteles, pero Kassandra tiene el doble. Kassandra tiene_______ pasteles.
¡Qué dulcemente lo has resuelto! 😄
Ahora recuerda cuánto era el triple de algo. Mira este vídeo.
https://www.youtube.com/watch?v=dKGzadbvCgM
Pues ahora, a ponerlo en práctica:
Seguimos dándole a la cabeza. Hoy he comenzado diciéndoos que habíamos alcanzado la mitad del mes... Coge una hoja de papel y dóblala por la mitad, al verlo entiendes de inmediato ese concepto. Del mismo modo que lo entenderás si por un momento te imaginas sentado en clase al lado de tu compañer@ de pupitre y pongo sobre vuestra mesa 10 caramelos. Enseguida empezaríais a repartir: uno para ti, otro para mi...
Al final tú tendrías la mitad 🍬🍬🍬🍬🍬 (5)
y tu compañer@ la otra mitad 🍬🍬🍬🍬🍬 (5).
Ahora trata de hacer la siguiente ficha. Si quieres puedes imprimirla o simplemente tratar de averiguar los resultados mentalmente. Para hacer los repartos en mitades puedes utilizar alubias, lentejas o cualquier otra cosa para hacer los dos montoncitos.
LENGUA CASTELLANA
¿Que tal la lectura de ayer? Como ya la has practicado, hoy puedes leerla de nuevo en voz alta sin prepararla (tienes el texto un poco más abajo, en el día 14). ¿Te atreves a contestar unas preguntitas?😖
LINGUA GALEGA.
Temos falado moitas veces de que a letra H non representa ningún son, polo que nos resulta moi difícil acordarnos en que palabras aparece. Para que algunhas desas palabras que se escriben con h se nos fagan máis familiares, le o seguinte texto fixándote moito na ortografía.
Mañá volvemos a ler este texto e traballamos algo sobre el. De acordo?
CIENCIAS DA NATUREZA
Hai uns días vimos uns vídeos para recordar o que eran os ecosistemas. Agora paréceme interesante que recordemos algo que vimos na área de CIENCIA SOCIAIS, pero que evidentemente se relaciona coas CIENCIAS DA NATUREZA. Trátase da presenza da auga no noso planeta e todo che vai soar moito porque o vimos hai pouco tempo na clase. Pincha aquí:
https://www.youtube.com/watch?v=CF-JVFINsws
Que teñas un bonito e soleado día...
...pero se chove pensa na riqueza tan grande que é cada unha desas pingas de auga!
Ata mañá!
14/04/2020
Bo día!
Que tal andades tod@s? Como pasastes estes días? Se cadra axudastes a facer algún doce típico da Semana Santa... Estou segura de que cando remate este tempo de estar na casa teremos neste grupo algúns cociñeiros e cociñeiras experimentados...
Falando de comer...
LENGUA CASTELLANA
Lee el cuento siguiente y mira lo que se le ocurre a la zorra protagonista. Ya sabes: primero debes leerlo en silencio para comprenderlo y poder darle la entonación adecuada, después lo leerás en voz alta. Seguro que a alguien de tu casa le encantará escucharte leer...
LECTURA:
¿Te ha gustado? Pues mañana hablaremos de esta historia y de lo astuta que era la protagonista.
MATEMÁTICAS
¡Qué ganas de jugar un poco con los números! Este juego consiste en contar elementos de 10 en 10, de 5 en 5, etc. ¿Empezamos?
https://es.ixl.com/math/3-primaria/contar-de-tanto-en-tanto-hasta-100
Pues ahora que has hecho el "calentamiento", vamos a por unas operaciones matemáticas: alguna suma, alguna resta y unas multiplicaciones. ¡A por ellas!
Es posible que ya estés un poco cansad@... Relájate imaginando paisajes con extensas llanuras, altas mesetas o nevadas montañas...
¡Pero se xa me metín en CIENCIAS SOCIAIS sen darme conta!
Hai unha semana lemos esta páxina que aparece aquí e vimos un vídeo moi bonito (o enlace está na entrada do día 2 de abril). Como se cadra non te acordas xa moi ben, podes volver a ler a páxina e seguir este enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=1SfcM3QDOCw
Agora ponte a proba...
Mira atentamente as ilustracións que aparecen a continuación e trata de identificar as seguintes formas do relevo de interior: cordilleira, meseta, depresión e serra. Atrévete a sinalar cada unha e dicir o seu nome.
Se hai uns días te invitaba a recrearte nunha fotografía da serra de Meira, hoxe pídoche que goces dese ceo sobre as planicies da Terra Chá, aquí pretiño de Meira.
Ata mañá
Unha apertiña!
MÚSICA
Estimado alumnado, volvemos coas nosas músicas despois da Semana Santa! Hoxe imos traballar coa nosa frauta doce. Lembramos a posición da nota si a través deste enlace http://www.aprendomusica.com/swf/notasFlauta.html aquí están as posicións de cada nota, como curiosodade, e podedes investigar, pero lembrade que a nota que nos interesa é a nota "si". No seguinte enlace traballamos unha canción interactiva coa nota "si", seguindo o compás https://www.youtube.com/watch?time_continue=31&v=Sm5F_Fbr8t0&feature=emb_logo
No seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?time_continue=3&v=sxdd_LAkiU4&feature=emb_logo tamén traballamos a nota "si", lembrade que nos silencios tocan outras notas, nós só seguimos a nota "si" como vai indicando a canción. Divertido! Moito ánimo!
3/04/2020
E nestas chegamos ás vacacións!
Non hai moito tempo estivemos vendo unha chea de refráns... Pois aí vai outro:
Nunca choveu que non escampara...
Podes preguntar na casa o que quere dicir 😊Empezamos con MATEMÁTICAS
Vamos con algo facilito, de calentamiento...
Ahora que ya hemos puesto el cerebro a funcionar, toca pensar... Elige el ejercicio 11 o el 12 (el que tú prefieras) y trata de resolver los problemas. Recuerda lo que decimos siempre: primero debes leerlo varias veces con muuuucha caaaaalma, luego asegúrate de saber qué es lo que te están preguntando, vuelve a fijarte en la información que te da, los datos. Piensa en el problema como una pequeña historia que tienes que contar (en la pizarra solemos hacer algún dibujo para ayudar). Estás list@?
Uffff! Isto de pensar é moi cansado... Estírate e móvete un pouco. Sempre che recordo a importancia de manterte activ@, sobre todo se vives nun piso e non tes a opción de saír fóra da casa. Lembra que podes encontrar pautas para manterte en forma na etiqueta de EDUCACIÓN FÍSICA.
LINGUA GALEGA.
Que che parece ler un pequeno conto.
Mira cantos problemas teñen coas vacacións!
Veste capaz de contestar as preguntas que acompañan o texto? Ben!
CIENCIAS DA NATUREZA
Hai pouco tempo estivemos vendo o tema do reino animal. Paréceche ben coñecer algo sobre os ecosistemas vendo estes vídeos?
https://www.youtube.com/watch?v=3y0dPYDLXPY
https://www.youtube.com/watch?v=v0skWv8OHhg
E agora ides poñer a proba avosa destreza... A ver se sodes capaces de facer estes peixiños.
https://www.youtube.com/watch?v=GjQZ9fJPCV4
Comeza unha semana para vivir sen présa. Aproveita a compaña dos teus e trata de dar e recibir moito cariño, porque ao final é o máis importante...
Ata pronto!
2/04/2020
Bo día a tod@s!
LINGUA GALEGA.
Hai uns días fixeches uns exercicios cos artigos. Hoxe vas ver o que ocorre cando se xunta algunha das formas dos artigos con estas palabras: a, con , de, en, por. Fíxate onde aparece o cadro de contraccións:
Iso ti xa o sabías, porque por exemplo nunca dis "Veño de o parque", senón "Veño do parque". Pois como é así de sinxelo, intenta facer os exercicios desa páxina. Aquí abaixo encontrarás as solucións, pero non as mires antes de acabar 😉!
Que tal saíu? Moi ben!
Os xoves sempre hai INGLÉS. Segues repasando algo para que non che esqueza?
Mira e escoita: https://www.youtube.com/watch?v=oZ1joboiXDc. Trátase dunha canción que se compuxo moito antes de naceres ti, pero mándoche esa mensaxe...
MATEMÁTICAS
Hoxe propóñoche unha cousa ben doada. Se pinchas neste enlace serás o teu propio profe...
http://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2020/03/Traballando-coa-calculadora.pdf .Non fai falta que copies, ti vai facendo...
LENGUA CASTELLANA
¿Qué te parece leer un poco?
¿Serías capaz de responder a las preguntas formuladas? Seguro que sí...
CIENCIAS SOCIAIS.
Que tal che saíu o debuxo da montaña do último día?
Pero que pasa cando hai varias montañas xuntas? E cando non hai montañas senón que todo é chan?
Averigua que nome recibe cada un deses accidentes do relevo lendo o seguinte:
Agora podes ver este vídeo cunhas fantásticas imaxes. Ten en conta que no vídeo aparecen os mesmos termos que acabas de ler, pero en castelán.
E que che parece comprobar o que é unha serra recreándote nas paisaxes da que temos ao lado?
Mira esta fotografía da serra de Meira...
Ata mañá!
1/04/2020
Abril!
Estamos de estrea! Estreamos mes...
Trinta días trae novembro, con abril, xuño e setembro , de vinte e oito só un e os demais trinta e un.
Acórdaste deste refrán que memorizaches en 2º? 😊
Veña! Empezamos con...
MATEMÁTICAS
Seguimos a vueltas con las multiplicaciones. Hoy unas facilitas:
¿Y el problema? Tampoco ha sido difícil.
Ahora, en LENGUA CASTELLANA voy a proponerte uno de esos ejercicios que cuestan un poquito, porque hay que pensar, pensar, pensar... pero que al final salen fenomenal!
Seguro que te acuerdas de cuando unos compañeros hicimos descripciones de otros. Ahora vamos a describir un paisaje (así que ahora no le preguntes al paisaje cuáles son sus gustos o si le va el fútbol 👀). Como en aquella ocasión, empezaremos por lo más general para ir luego a los detalles. Como todos estamos en casa, puedes describir lo que ves desde tu ventana, pero si lo prefieres puedes seguir las indicaciones que vienen en esta página y describir cualquier otro paisaje que te apetezca. Si quieres enviármelo, puedes hacerlo 😉.
Coma todos os mércores, imos dedicarlle un tempo a LINGUA GALEGA.
En canto vexas o texto que aparece aquí abaixo, verás que se trata dun texto teatral, é dicir, pensado para ser representado por uns actores. Proba a lelo en voz alta dándolle a entoación adecuada e cos xestos oportunos.
...Pero se na túa casa vivides varias persoas, proba a facelo máis divertido! Proponlles aos teus que cada un lea o seu papel (e alguén as anotacións) e verás que chulo queda!
CIENCIAS DA NATUREZA
Podes ver algunha árbore desde a túa ventá?... Ou se cadra vives nunha casa e tes a sorte de poder velas de cerca. En calquera caso, recorda o que vimos en CIENCIAS DA NATUREZA e tamén en CIENCIAS SOCIAIS acerca da importancia que teñen as árbores para a vida no planeta. Mira este vídeo:https://www.youtube.com/watch?v=Qol3OMRwkac
Agora se queres podes escoitar esta canción:
Hoxe quizais está algo máis anubrado e mesmo chove, pero iso non é mala cousa porque é a agua a que lle dá tanta vida aos nosos bosques.
Que pases un bo día!
31/03/2020
Que remata marzo!
Trinta e un días? Si, é posible... nun mes pasaron tantas cousas que parece que este tivo unha duración diferente.
Durmistes ben? Creo que aínda hai alguén que non lle colleu o punto ao cambio horario, pero irémolo collendo pouco a pouco (eu tamén 😉).
Non hai cousa mellor para espabilar ben ca empezar utilizando a cabeciña para as
MATEMÁTICAS
¿Cómo vas con las tablas de multiplicar? ¿Te sabes la del 0? ¡ 👀 !
¡Pues claro! Recuerda que cuando multiplicas cualquier número por 0, el resultado siempre es 0.
3x0=0; 24x0=0; 762x0=0... Fíjate ahora en el ejercicio 3 y lee con detenimiento el apartado "Hazlo así":
Intenta hacer las multiplicaciones del ejercicio 3. Si tienes problemas, dímelo.
¿Cansad@? ¿Intentamos seguir un poco jugando con las tablas?
https://www.tablasdemultiplicar.com/
Nestes días que pasamos tantas horas coa familia non sobra recordar cousiñas que aprendemos relacionadas cos VALORES:
La cumbia del buen trato https://www.youtube.com/watch?v=IkiA1n2aqUY
LENGUA CASTELLANA
¿Recuerdas el dictado que hicimos ayer? Bien, pues búscalo un poquito más abajo y vuelve a leerlo una vez más. Ahora vas a realizar la actividad propuesta al lado del texto: escribir una oración con cada una de las palabras destacadas. Recuerda que siempre hay que poner punto (.) al final de cada oración.
¿Te has cansado de escribir? Pues ahora deja el papel y simplemente lee y contesta...
http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Comprension_lectora/segundo_ciclo/2/102/index.html
CIENCIAS SOCIAIS.
Os martes temos Ciencias Sociais e hoxe imos ler este anaquiño que, se cadra, che soa. Recordas que cando facías 2º aparecía no voso libro algo similar e que fixestes uns preciosos debuxos coas partes dunha montaña? Debuxa de novo unha montaña similar á da ilustración e indica as súas partes.
Ufff! Canto traballo. Menos mal que os martes podemos relaxarnos con MÚSICA!
Ata mañá!
MÚSICA:
Que bonita imaxe! Como di a vosa profe, hoxe toca a asignatura de música, para traballala nos descansos das vosas tarefas escolares diarias.
Neste enlace: https://aprendomusica.com/const2/exp/index.html podemos xogar cos sons (agudo/grave), lembrade que na clase traballamos sol-mi, por exemplo, e diciamos cal dos dous sons soaba máis grave ou mási agudo, e fixemos algún xogo para traballalos.
Neste enlace: https://aprendomusica.com/const2/09negraysilencio/negraysilencio.html podemos traballar a negra e o seu silencio, veredes que co ritmo marcado do exercicio será fácil de comprender. Lembrade que a negra e o silencio de negra teñen a mesma duración, silencio de negra (significa que ten o mesmo valor (duración) cunha negra).
Moito ánimo! Ata a semana que ven!
30/03/2020
Comezando semana!
Pero non unha semana calquera, porque durante esta fin de semana tivemos que axustar os nosos reloxos e a nós mesmos ao horario de verán. Que tal o levas?😉 Pois gustaríame sabelo... Se che apetece podes escribirme un correo electrónico para contarme cousiñas.
Seguro que despois da fin de semana estás cargad@ de enerxía, así que imos comezar vendo os artigos en LINGUA GALEGA.
Non sei se te acordas de que cando estudamos o xénero (masculino➟o gato, un gato/feminino⟶a gata, unha gata) xa estivemos vendo os artigos. Ben, pois entón creo que che será doado realizar as seguintes actividades:
Foron doados de facer estes exercicios?
Se che quedou algunha dúbida, aquí tes as solucións... pero non as mires antes de intentar facer as actividades!
Perfecto, verdade?
Os luns tamén toca INGLÉS. Recordade ver as propostas do blog de Inglés para que non perdades o ritmo. OK?
Descansa un pouquiño, porque seguimos enredando coas palabras.
LENGUA CASTELLANA
¿Recuerdas que la semana pasada nos propusimos hacer un dictado?. Pues es el momento y para ello necesitarás que un adulto te dicte el texto. Recuerda lo importante que es que antes lo leas varias veces en silencio, tomando "fotografías" en tu cabeza de aquellas palabras más complicadas. Luego puedes leerlo en voz alta y... ¡Cuándo quieras!
Al acabar el dictado, compara y comprueba lo bien que te ha salido. Si te parece, dejamos para mañana la actividad "Hazlo así".
Normalmente al acabar de hacer un dictado solíamos realizar un dibujo relacionado con el tema del texto. ¿Te animas?
Si te quedan ganas de leer un poquito, entra aquí y luego contesta: http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Comprension_lectora/segundo_ciclo/1/101/index.html
¿Te das cuenta de que, con la práctica, cada vez te quedas con más detalles de lo que lees? 😃
Os luns non temos MATEMÁTICAS, pero se che queda tempo estaría ben que dedicases un momentiño para comprobar se te acordas das multiplicacións: https://www.tablasdemultiplicar.com/tabla-del-3.html
Os luns toca EDUCACIÓN FÍSICA, pero recorda que nas actuales circunstancias é moi importante que te manteñas activ@ todos os días, sobre todo se vives nun piso e non tes opción de saír xogar ao exterior. Recorda que podes seguir as indicacións que aparencen na pestana de Educación Física.
O que si hai os luns é CIENCIAS SOCIAIS.
Hoxe comezamos falando do cambio horario. Podes ver este vídeo para recordar como entender o funcionamento do reloxo: https://www.youtube.com/watch?v=3BJeYFcx0iU.
Queres saber algo máis sobre a medida do tempo? Pois podes ver estoutro vídeo de Eduteca: https://www.youtube.com/watch?v=bOcP2YOeH94.
...Pois que todas as horas, os minutos e os segundos deste día sexan moi felices!
Ata mañá!
27/03/2020
Bo día!
É venres, así que vai rematando esta semana de "cole na casa". Coma todos os venres, imos empezar con algo de MATEMÁTICAS . En canto vexas a imaxe que vén a continuación vas recordar os exercicios que temos feito no encerado varias veces. Fíxate...
Veña, anímate a facelo...
Era doado, verdade? Pois agora vas ler estes problemas. Xa sabes o que dicimos sempre: le con calma e varias veces...
Ben... Toma un respiro porque sei perfectamente que cavilar é divertido pero cansado.
Os venres temos Educación Física... Recorda que tes moitos modos de seguir activ@, por exemplo neste blog podes buscar as actividades que propuxo o profe. É moi divertido se o fas acompañad@!
LINGUA GALEGA
Volve ler con atención o cadriño azul que aparecía onte no que se daban indicacións sobre como escribir un diálogo. Pois vouche propoñer que saques o teu lado creativo e realices a actividade 2 que se propón aquí, partindo do fragmento do conto que lemos hai uns días. Inténtao:
Que ganas de ler a túa creación!
CIENCIAS DA NATUREZA
Chegou a primavera e as plantas xa se despreguizan para aproveitar o sol ao máximo. Recordas por que as plantas necesitaban a luz do sol? Isto vímolo xa a comezo de curso, pero seguro que te acordas se volves ver este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=ru6rZNQg3eM
Ti non pertences ao reino vexetal, pero tamén necesitas a luz do sol porque, entre outros beneficios, fainos sentir máis optimistas.
Aproveita a súa enerxía, aínda que sexa coa puntiña do nariz... Boa finde! Ata luns!
26/03/2020
Ola de novo!
Hoxe é xoves, esta semana xa vai indo...
Que tal vas? Segues mantendo o ritmo e facendo cousas diferentes ao longo do día?
Vale, pois imos empezar lendo un pequeno texto de LINGUA GALEGA-
Se te fixas, trátase dun diálogo. Hai alguén que pregunta algo e hai alguén que responde. Que tal se lle pides a alguén que o lea canda ti e que un pregunte e outro responda?
Agora mira o que se propón a continuación... Xa sei que pode parecer difícil, pero proba a ver se che sae:
...Xa me contarás como che saíu.
MATEMÁTICAS
Xa sabes que é importante practicar un pouco todos os días. Hoxe propóñoche volver a repasar algo xa sabido. Acórdaste disto? Proba a facelo:
LINGUA CASTELÁ
Ayer estuviste viendo las palabras acabadas en -y. En el vídeo lo explica muy bien, verdad? Hoy trata de realizar los ejercicios 4 y 5 de la página 103. Cada vez te resultará más fácil.
Estaría bien que leas el texto del dictado, de modo que mañana lo leas de nuevo y le pidas a alguien que te lo dicte.
Si te apetece puedes practicar un poco más con el juego que encontrarás en este enlace:
https://maestrosanblas.blogspot.com/2016/05/palabras-terminadas-en-y.html
CIENCIAS SOCIAIS.
Sempre é interesante ler sobre lugares afastados. Vai á páxina 62 e le o texto que aparece nela. Na páxina 63 aparecen unha serie de preguntas relacionadas co que acabas de ler. Trata de explicarllas oralmente a algún adulto.
Recorda manterte activ@ física e mentalmente e aproveitar o tempo en familia-
Ata pronto!
25/03/2020
Bo día!
Xa estamos a mércores... imos pola metade da semana!
MATEMÁTICAS
Sigues entrenando todos os días a túa axilidade matemática? Hoxe podes facer series contando de 5 en 5 e de 10 en 10 con rapidez, primeiro "subindo" e despois "baixando". Na clase imos dicindo un número cada un de nós, pero agora tes que encargarte ti de ilos dicindo todos. Tamén podes entrenar neste enlace. http://www.aprendiendomates.com/matematicas/presentacion_series.php
Se vas á páxina 83 do libro encontrarás un exercicio de CÁLCULO MENTAL. Recordas como se facía? Proba a ver se che sae.
Agora imos seguir repasando cousas que xa sabemos facer: irás á páxina 107 e tratarás de realizar os exercicios 1, 2, 3 e 4.
LINGUA CASTELÁ
Que tal te fue ayer con el recitado de "Flores"? Le gustó a vuestra familia? Seguro que sí!
Hoy puedes hacer lo mismo con el poema "Don Diego" (pág. 143). Ya sabes, debes leerlo varias veces hasta asegurarte de que lo haces con la fluidez y la entonación necesarias... Repetirás éxito!
Si todavía te quedas con ganas de hacer algo más, puedes poner a prueba tu comprensión lectora con un texto sencillito:
Un descanso? Vale.
LINGUA GALEGA
Vai á páxina 101, onde fala de personaxes reais (coma ti, coma min, coma o panadeiro, coma a pediatra...) e de personaxes fantásticos (unha galleta que fala, unha mesa que sabe bailar, unha formiga que dá clases de matemáticas...). Despois de ler as indicacións, trata de realizar o exercicio 1 (le en voz alta o texto).
CIENCIAS DA NATUREZA
Como todos os mércores, temos ciencias da natureza.
Sabedes que xa comezou a primavera hai uns días? Sabes que día foi? Podes ver este vídeo para recordar por que se producen os cambios de estación: https://www.youtube.com/watch?v=th79sDCAh0Q
Deséxovos moi bo día a tod@s. Recordade facer algo de exercicio (podedes ir á pestana de Educación Física) e asomar o nariciño pola ventá para tomar algo o sol... É PRIMAVERA!
24/03/2020
Ola, mozas e mozos de 3º!
Como empezamos o día? Con ganas de manterse activos?
MATEMÁTICAS
Pois nada mellor ca un pouco de exercicio mental facendo uns exercicios de repaso de matemáticas. Vai á páxina 93 e realiza o exercicio 2, pero recorda utilizar o signo correspondente: > ou <. Lembras o truco do peixe pequeno que come o grande?
Agora vas facer o exercicio 3, para non esquecer operacións básicas. E como xa colliches carreiriña... trata de resolver os problemas 7 e 8. Xa sei que hai que pensar un pouco, pero.. por algo lles chaman problemas!!!
LINGUA CASTELÁ
Que tal che foi onte cos substantivos? Seguro que sen problema. Trata agora de facer os exercicios 5, 6 e 7 da páxina 101.
A que estaba xenial cando recitabamos poemas na clase? Saía moi ben, verdade? Pois podes facerlle un agasallo á túa familia... Vai á páxina 142 e le varias veces o poema "Flores", ata que che saia coa entoación e o ritmo adecuados. Cando vos reunades (á hora de comer, por exemplo) podes lelo para todos... Seguro que ata che aplauden!
Os martes tamén temos CIENCIAS SOCIAIS. Le en voz alta a páxina 58 e fala coa túa familia sobre esas propostas para aforrar auga no fogar. Tamén podes ver este vídeo (Ahorro de agua en casa-MAPFRE) https://www.youtube.com/watch?v=yFTli3ZSlTg)
Ata mañá!
23/03/2020
Bo día a tod@s de novo!
Que tal andades?
Sodes persoas moi optimistas, así que seguro que axudades moito na casa a manter o ánimo da familia mentres dure esta situación.
LINGUA GALEGA
Hoxe é luns e comezamos a semana. Os luns sempre adicamos un anaquiño a contarlles aos compañeir@s a nosa fin de semana... e pronto volveremos a facelo. Mentres non volvemos á clase, se queres, podes escribirme un correo electrónico poñendo nunhas liñas como é o teu día a día (recordas que vimos na clase as partes que debería ter un correo?). Encantarame recibir noticias túas!
Agora xoguemos a formar palabras... Vai á páxina 95 do teu libro e completa as actividades 4 e 6. Realiza tamén a actividade "Uso o dicionario" (podes utilizar o dicionario en liña da RAG).
Na segunda hora do voso horario teriades Inglés e estou segura que encontraredes actividades que vos permitan progresar tanto que poidades sorprender á profe cando volvades.
LINGUA CASTELÁ
Fixestes un pequeno descanso? Vale.
Ímonos poñer a proba e ver se somos capaces de recordar o que vimos sobre o substantivo (vímolo na materia de Lingua Galega). Lede con calma todo o que di ao respecto na páxina 100 e tamén podedes buscar o vídeo "El sustantivo", de Happy Learning. Creo que agora xa es capaz de facer os exercicios 1, 2, 3 e 4 (PP. 100-101). Que tal se lle les a alguén o texto "Haciendo amigos" (páx.101)?
Lembra o importante que é ler todos os días un pouco. Na pestana de PT/AL deste blog has encontrar moitos textos breves de diferentes niveis... Anímate a exploralos!
CIENCIAS SOCIAIS
Os luns tamén adoitamos traballar a materia de Ciencias Sociais. Que che parece repasar algo do aprendido? Ponte a proba e realiza oralmente o test que aparece na páxina 44. Algunhas das cuestións refírense a cousas que xa vimos hai bastante tempo, así que... xa me contarás que tal!
Tamén lle podes ler a alguén o texto informativo da páxina 45.
No noso horario non temos MATEMÁTICAS os luns, pero pode apetecerche xogar algo cos números. Podes ir a https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/multiplicacion-llevadas-1
Seguimos en contacto. Unha aperta para tod@s!
MÚSICA:
Repasar as notas mi, sol, la. Dado que o noso material de música está na aula, plantexamos a forma de traballar esta canción: si non tes un caderno de papel pautado (partitura), podes copiar cada pentagrama, tal cual está (un debaixo doutro) nun folio ou papel cuadriculado (para facilitar o trazado das liñas). A continuación copiamos a clave de sol, o compás e por último, o ritmo coas notas, despois escribimos debaixo de cada nota o seu nome. Cando remates podes practicar a canción cantándoa, a ver si lembras como soaban as notas!
Bo día a tod@s!
Para que todos os días poidamos traballar un pouco desde a casa, vouvos propoñer a realización dalgunhas tarefas para seguir manténdonos activos.
Empezas con MATEMÁTICAS?
Lembra que para que as multiplicacións che saian xenial debes repasar todos os días as táboas de multiplicar.
Na páxina 83 do teu libro encontrarás o exercicio 4 (que fixemos a semana pasada). Seguindo o modelo proposto, trata de realizar o exercicio 2 da páx. 90. Se che quedan ganas de xogar cos números, podes facelo no teu ordenador...
LINGUA CASTELÁ
Recordades a Fadel, o protagonista da historia "El agua del desierto"? Como xa lemos esta historia na clase, agora podedes lela para a vosa familia... Seguro que lles encanta escoitala! (PP. 96-97).
En ocasións temos xogado coas palabras compostas. Para recordalo podes ver o vídeo "Palabras simples y palabras compuestas" de Eduteca. Intenta realizar os exercicios 8, 9 e 10 da páx.99.
LINGUA GALEGA
Podes volver a ler o texto que xa traballamos na clase (PP. 90-91) e despois realizar a actividade 4 da páx. 92.
Na páxina 94 encontrarás as actividades 1, 2 e 3 que iamos realizar na clase por equipos... Poderías realizalas ti só/soa? Seguro que si!
Se tes algún problema co vocabulario, podes consultar o Dicionario on-line da RAG.
Pode serche de utilidade botar unha ollada á pirámide dos alimentos que aparece na páx. 58 do libro de CIENCIAS DA NATUREZA. Na páxina 59 tamén aparecen algunhas indicacións de interese.
Ánimo!!! Unha apertiña para tod@s!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario