viernes, 13 de marzo de 2020

Primeiro

1ºB
                                    XOVES 30 DE ABRIL DE 2020
Música: 
No día de hoxe imos traballar os sons dos instrumentos e ademais, igual coñecer algún instrumento novo. Trátase dun xogo no que primeiro vemos e escoitamos e despois escoitamos e adiviñamos, no seguinte enlace:
Agora imos traballar cunha audición moi divertida que se chama “El reloj sincopado” de Leroy Anderson, podedes acompañar ao muñeco que aparece, que se chama Musizón, combinando o pé dereito co pé esquerdo, como fai el, para acompañar o pulso da canción/audición. Aquí deixo o enlace:
Por último, escoitamos e visualizamos o seu musicograma, onde nos van explicando a estrutura da audición, os instrumentos que aparecen… No seguinte enlace:
Deixo tamén a canción “Indo eu” https://www.youtube.com/watch?v=FXKWBzJF9cc
para que practiquedes coas vosas familias, bueno, ou tamén sós, botándolle imaxinación. A versión é instrumental, a ver que instrumentos soan, e a ver si sabedes a letra. Desfrutádea!!
Deixo o correo para que poidades enviarme as cousiñas que vaiades facendo, aínda que hoxe non haxa actividades de escribir, o deixo igualmente por si necesitades enviar alguna cousiña anterior: musicameira20@gmail.com
Ata a semana que ven!!

1º A
                                  VENRES 24 DE ABRIL DE 2020
Música: 
No día de hoxe imos traballar co noso libro de texto facendo o exercicio 2 e 3 da páxina 27. No exercicio 2: lembrade os circuliños grandes e pequenos. Os círculos grandes eran para os sons fortes, os circuliños pequenos para os sons suaves; neste exercicio hai que pensar nos sons do pandeiro, o triángulo e a gaita, e neste caso, debuxaremos un circuliño pequeno arriba no recadro si o instrumento soa agudo, e un circuliño pequeno no recadro abaixo si o instrumento soa grave. 
No exercicio 3: imos completando as series de recadros (completando cada recadro) pero esta vez indicando si son sons fortes (círculo grande) ou suaves (círculo pequeno), podedes escribilos tomando como referencia os acentos das palabras que están escritas debaixo de cada recadro, si a palabra leva acento, podemos debuxar un círculo grande de son forte para destacar o acento, lembrade tamén o silencio que se escribía desta forma (Z), podemos escribir o silencio onde non aparecen as sílabas das palabras. A ver como vos vai!!
Deixo tamén a canción “Indo eu” https://www.youtube.com/watch?v=FXKWBzJF9cc
para que practiquedes coas vosas familias, bueno, ou tamén sós, botándolle imaxinación. A versión é instrumental, a ver que instrumentos soan, e a ver si sabedes a letra. Desfrutádea!!
Ata a semana que ven!!

1º B
                                     XOVES 23 DE ABRIL DE 2020

                                    VENRES 17 DE ABRIL DE 2020
Música: 
No noso horario escolar de hoxe, seguimos traballando cos xogos do enlace http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/a/05/a_ba05_01vf.html que marcamos antes das vacacións de Semana Santa. Tamén vos deixo unha canción dun animal da selva que axiña ides identificar https://www.youtube.com/watch?v=E9HAy9QW_sE podedes facer os xestos corporais como fan eles, e por suposto, cantala! Ademais traballamos o ritmo de dúas corcheas e negra cando di “hu-hu ha, hu-hu ha”. Imos familiarizándonos coa melodía, o ritmo, as figuras e os silencios. Espero que vos guste! Ata a semana que ven!

1º B
                                     XOVES 16 DE ABRIL DE 2020

                                      VENRES 3 DE ABRIL DE 2020
Música: 
No seguinte enlace http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/a/05/a_ba05_01vf.html aparece un xogo sobre os sons curtos e longos que traballamos varias veces na clase. Para comezar a xogar primeiro aparece unha pantalla en branco que pon Adobe Flash Player, pinchades no centro e despois aparece unha mini pestaña que pon bloquear/permitir, pinchades en permitir e xa aparece o xogo. Si non vos aparece a pantalla que pon Adobe Flash Player, e vos aparece o xogo directamente pois comezades a xogar e listo. A ver si vos gusta! Lembrade que a Semana que ven xa estamos na Semana Santa! Moito ánimo!

1º B
                                       XOVES 2 DE ABRIL DE 2020                                         

1ºA
                                       VENRES 27 DE MARZO DE 2020
Música: No día de hoxe, igual que marcamos no día de onte, para os vosos compañeiros e compañeiras de 1ºB, podemos traballar a expresión corporal a través desta canción que xa coñecedes, repasando os pasos con este vídeo https://www.youtube.com/watch?v=as5X5w4cIeQ

1ºB
                                         XOVES 26 DE MARZO DE 2020
Música: Hoxe podemos traballar a expresión corporal a través desta canción que xa coñecedes, repasando os pasos con este vídeo https://www.youtube.com/watch?v=as5X5w4cIeQ

1º EP
                                                Luns 16 de marzo de 2020
Música:
No seguinte enlace podedes repasar algunhas cousiñas traballadas na clase. Hai diferentes xogos, exercicios de ritmo, exercicios de linguaxe musical, audición dos diferentes instrumentos...
https://aprendomusica.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LECTURA E FAMILIAS - MOCHILAS VIAXEIRAS

  MOCHILAS VIAXEIRAS Familia é escola debemos remar xuntas porque viaxamos  no mesmo barco. Un nexo de unión é, sen dúbida, a lectura. Pouco...