Bo día nenos, nenas, dende aquí tamén.
Xa vin por outros medios todo o que traballastes estes días.
Hoxe vamos animarnos e, xa que o vindeiro venres non podemos levar o libro da biblioteca, lembraremos algúns dos xa lidos.
O conto sobre o que traballaremos esta semana é Frederick
Todos e todas coñecedes a historia, pero se non vos lembrades podedes escoitala neste audiolibro: https://youtu.be/r4oIesfeYHA
Este mes que acaba de rematar foi o mes da poesía, na biblioteca íamos facer actividades relacionadas coa poesía.
Como non foi posible, e como xa sabedes que Frederick era un poeta; imos tamén nos convertirnos en poetas.
Cada un/unha de vos escribirá un poema, dúas lineas, (se queredes máis) coma xa fixemos na clase; rimas, lembrades?
Poden ser sobre a Primavera, a amizade, os ratiños, as cores, as flores ou calquera outra temática que se trate no conto.
Tamén podedes ilustralo .
Ánimo que seguro que sae moi chulo.!!!!
Podedes enviar fotos dos traballiños como xa estais facendo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario