jueves, 24 de noviembre de 2022
VOLVE A CIENCIA AO COLE!
martes, 25 de octubre de 2022
Celebrando o Día das Bibliotecas
O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e dende o cole non quixemos perder a oportunidade de celebralo.
Durante os últimos días en cada aula traballamos os contos clásicos dun xeito pouco tradicional. Todos coñecemos o título, argumento e final de contos como Os tres porquiños, O traxe do emperador, Cincenta..., mais...E se non fose así? Puxémos o maxín a funcionar e decidimos cambiar todos os contos. Polo momento estamos rematando os nosos traballos, pero pronto teredes novas.
martes, 18 de octubre de 2022
A IMPORTANCIA DA LECTURA
lunes, 17 de octubre de 2022
BENVIDAS E BENVIDOS UN ANO MÁIS!
Disque nunca é tarde para comezar unha vez máis e, aínda que ata o momento non subimos nada ao blogue, Xalín xa leva algunha que outra actividade rematada.
Comezamos un ano máis cun novo lema "Escribir a biblioteca escolar", polo que día a día darémoslle superpoderes ás palabras. Durante o curso colleremos papel e lapis e deixaremos a nosa imaxinación voar. Queredes acompañarnos?
sábado, 25 de junio de 2022
RECOÑECEMENTO AO COMPROMISO DO VOLUNTARIADO
Chegou xuño e con el chegou o momento de facer balance do curso, de agradecer a colaboración e o compromiso do alumnado voluntario de 5º e 6 º coa Biblioteca Escolar e con todas as súas actividades.
GRAZAS RAPACES E RAPAZAS!
E, con esta fermosa imaxe despedímonos por este ano! FELIZ VERÁN A TOD@S!
martes, 14 de junio de 2022
XIV XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA
Este pasado venres 10 de xuño estivemos presentes, a través dunha integrante do Equipo da Biblioteca, nos encontros organizados en Santiago de Compostela arredor dos Clubs de Lectura. Nesta xornada puidemos recoller moitas ideas e iniciativas postas en marcha con éxito noutros centros de Galicia que seguro nos serven para enriquecer a andaina comezada este ano coa participación de 4 clubs de Lectura no noso colexio.
Ademais coñecemos as autoras máis lidas nos Clubs de Lectura dos centros educativos de Galicia.
Sen dúbida, un día para memorar!
OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON PABLO OTERO
O alumnado de 3º e 5º de Ed. Primaria compartíu un obradoiro de ilustración con Pablo Otero; autor do cartel das bibliotecas escolares deste curso. A actividade desenvolveuse dentro do programa Lectura e familias, e non puido ser máis proveitoso. Empregando a imaxinación, e facendo acopio da súa creatividade, os nenos e nenas elaboraron uns "libros" do mais orixinais, baixo a atenta mirada de Pablo.
sábado, 28 de mayo de 2022
VISITAS CON ENCANTO: SOLEDAD FELLOZA E CHARO PITA
Dentro do programa Lectura e Familias, esta semana sentímonos uns privilexiados/as porque tivemos a oportunidade de coñecer e gozar de dúas excepcionais contacontos: Soledad Felloza e Charo Pita.
Soledad, co alumnado de 6º Educación Primaria, e Charo Pita, co alumnado de Ed. Infantil, promoveron o amor polos relatos e pola lectura regalándonos momentos para gozar. Pequenos e maiores participaron activamente nas actividades de expresión oral e corporal e, non nos cabe dúbida, de que con iniciativas así o único que poden é aumentar o interese pola lectura e pola maxia que a envolve.
Moitísimas grazas. Esperamos volvervos a ver moi pronto!
OS NOSOS MAIORES TEÑEN A PALABRA
Dentro do programa Lectura e Familias Xalín propuxo aos nenos/as que fixesen unha recompilación dos refráns, ditos, adiviñas.... dos seus maiaores (avós, avoas, bisavós...)Nesas palabras hai tesouros esquecidos, palabras que caeron en desuso e que poden e deben recuperarse xa que teñen un valor incalculable.
Actividades como estas convídannos a reflexionar sobre todo o que os nosos maiores nos poden aportar; unhas vidas cargadas de sabedoría e experiencia das que temos moito que aprender.
Comparte tempo con eles e escóitaos coa máxima atención,porque hoxe máis que nunca...eles teñen a palabra!
viernes, 13 de mayo de 2022
jueves, 12 de mayo de 2022
UNHA VISITA MOI ESPERADA: PAULA CARBALLEIRA.
Cando en xaneiro os nenos e as nenas de 4º comezaban a andaina no Club de Lectura, a través da obra "Pan con chocolate", non se imaxinaban que ademais de: ler, imaxinar, crear, xogar, escribir e merendar pan con chocolate😋, ían poder coñecer en persoa e "entrevistar" a súa fabulosa autora!!!
Pero sí, por fin, chegou o día, o 9 de maio! Paula Carballeira, brillante escritora, actriz e contacontos, cun dominio espectacular da arte de narrar historias, transportounos a todos ao mundo da imaxinación, da creación e da creatividade nun ambiente distentido de ledicia e sorriso permanente.
A obra, "Pan con chocolate" é unha orixinal homenaxe ao irrepetible Gianni Rodari, pedágogo e escritor italiano namorado da fantasía e creador do xogo de imaxinación "binomio fantástico" . E, despois do descubrimento deste libro de mil e unha historias, concluímos que " Paula Carballeira" e "maxia" son, tamén, un binomio fantástico.
Grazas por todo, grazas por tanto.
Esperamos verte moi pronto de novo! As portas do CEIP PLURILINGÜE POETA AVELINO DÍAZ estarán sempre abertas.
Deixamos aquí un vídeo con algúns momentos da visita.
lunes, 25 de abril de 2022
23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO
A lectura é unha ventá aberta ao mundo e para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro
( Emily Dickinson)
O 23 de abril é unha data moi especial no ámbito literario porque este mesmo día en 1616 falecían Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos escritores máis coñecidos da historia. Así, a Conferencia Xeral da UNESCO estableceu, dende 1995, este día como data simbólica para rendir homenaxe á literatura e alentar á poboación a gozar da lectura.
Para conmemoralo todo o alumnado do centro implicouse na creación dun conto colaborativo que tivo como protagonista a Avelino Díaz, o noso poeta. No libro " As viaxes de Avelino" podemos "cruzar o charco" da súa man e embarcarnos con el nas súas mil e unha aventuras.
Nos vos podedes perder o seguinte vídeo:
e tamén vos deixamos unhas fotos do libro:
Grazas a todos/as participantes!
Finalmente, queremos trasladar o noso agradecemento á Librería Pedregal polo magnífico agasallo no día do Libro. Foi unha sorpresa moi emotiva tanto para nenos/as como para mestres/as. Moitísimas grazas!
jueves, 7 de abril de 2022
LECTURA E FAMILIAS
Dentro do programa "Lectura e familias", hoxe 7 de abril, levouse a cabo unha fabulosa actividade para o alumnado de 1º e 2º e as súas respectivas familias. Todos eles estaban convidados a coñecer á escritora, guionista, presentadora....Yolanda Castaño!
O encontro tivo lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Meira e, durante o mesmo, os nenos e as nenas puideron interaccionar coa autora de libros coma " Coller as rendas".
Foi unha xornada sen dúbida moi, moi especial!
sábado, 26 de marzo de 2022
ENCONTROS PLAMBE
Aproveitamos este medio para contarvos que estivemos presentes o día 25/3/2022, a través dunha integrante do Equipo da Biblioteca, nos encontros organizados en Santiago de Compostela dentro do PLAMBE! Alí atopamos na exposición o noso cartel.
Un cartel que abre ao mundo a vida do noso centro.
Sen vós esto non sería posible. Grazas por tanto.
21 DE MARZO- DÍA DA POESÍA
"POESÍA EN FAMILIA"
Este ano para celebrar o día DÍA da POESÍA, pensamos que crear poemas en familia sería un fermoso momento para compartir e xogar coas palabras, cos versos, coas rimas, coas estrofas...
Un tempo para deixar voar a imaxinación e converterse en grandes poetas e poetisas. E, así, foi como xurdiu a actividade "Poesía en familia" dentro do Programa Lectura e Familias.
A nosa iniciativa tivo unha gran acollida e pronto comezaron a chegar moitos e diversos poemas, poemas moi creativos e cargados de sentimento. Por tanto, e como non podía ser doutro xeito, despois de valorar toda a implicación e adicación das familias participantes, organizamos un acto para facer entrega conxunta dos merecidos agasallos. Foi unha cerimonia preciosa e para nós un verdadeiro pracer poder contar con vós. Aquí vos deixamos unhas fotos, testemuña do valor deste momento.

II ENCONTRO INTERXERACIONAL
O pasado martes, 18 de Marzo tivemos a sorte e o pracer de poder levar a cabo o II Encontro Interxeracional, dentro da actividade " C...
