sábado, 28 de mayo de 2022

VISITAS CON ENCANTO: SOLEDAD FELLOZA E CHARO PITA

Dentro do programa Lectura e Familias, esta semana sentímonos uns privilexiados/as porque tivemos a oportunidade de coñecer e gozar de dúas excepcionais contacontos: Soledad Felloza e Charo Pita. 

Soledad, co alumnado de 6º Educación Primaria, e Charo Pita, co alumnado de Ed.  Infantil, promoveron o amor polos relatos e pola lectura regalándonos momentos para gozar. Pequenos e maiores participaron activamente nas actividades de expresión oral e corporal e, non nos cabe dúbida, de que con iniciativas así  o único que poden é aumentar o interese pola lectura e pola maxia que a envolve. 

Moitísimas grazas. Esperamos volvervos a ver moi pronto!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

BENVIDOS/AS A UNHA NOVA VIAXE 2025-2026!!

XALÍN CONVÍDANOS A UNHA NOVA VIAXE NESTE 2025-2026! C ada vez que viaxamos e coñecemos un sitio novo un anaquiño dese lugar queda impregnado...