martes, 28 de noviembre de 2023

LECTURA E FAMILIAS - OBRADOIRO PLANTAS AUTÓCTONAS

   OBRADOIRO PLANTAS AUTÓCTONAS

 Entroncado co programa Lectura e Familias da biblioteca escolar e co proxecto de Voz Natura que versa sobre a fauna e flora autóctona, onte tivo lugar un enriquecedor obradoiro sobre as plantas da nosa contorna. Durante a xornada, dirixida ao alumnado e familias de 5º e 6º de Educación Primaria, Alba e Óscar,  axentes do territorio  (XELDA) achegáronnos unha valiosísima información para o estudo e coñecemento das plantas autóctonas. Así, afondaron arredor das súas partes, da importancia  das mesmas para o planeta, dos  tipos e usos que lles damos, así coma chaves dicotómicas para facilitar a  súa clasificación. 


 





 

Proximamente toda esta aprendizaxe culminará cunha práctica real, noutra sesión deste obradoiro, na que se fará fincapé na identificación e clasificación das diferentes especies da flora que medran arredor do  centro educativo. Non hai mellor experiencia que vivenciar en primeira persoa o estudado.  

Moitísimas grazas a todas as partes pola implicación e colaboración. 

Estade moi atentos/as, a ver que plantas nos acompañan día a día...Pensades que as coñecedes todas?

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

REVISTA PETISCOS CURSO 2024/2025

 REVISTA PETISCOS  2024/2025 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca e nada mellor que degustar o menú elaborado polos  e  polas grandes ...