ÁRBORES, AUGA E POESÍA
O 21 de Marzo é o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración promovida pola Unesco en 1999 ten como obxectivo apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética.
Non obstante, en todo o mundo o 21 de Marzo celébrase tamén o Día Internacional dos Bosques. Un evento proposto pola ONU nunha convención sobre o Cambio Climático que busca concienciar sobre a necesidade da conservación dos bosques e ecosistemas destacando cómo estes axudan a mitigar o cambio climático ao actuar como sumidoiros de dióxido de carbono. De feito, o lema para este ano 2024 é " Bosques e innovación. Novas solucións para un mundo mellor".
E o 22 de Marzo é o Día Mundial da Auga, unha iniciativa global respaldada pola ONU dende 1993 para destacar a importancia da auga doce para o noso planeta e chamar así a atención sobre a necesidade dunha xestión sostible da mesma.
Para levar a cabo unha celebración conxunta os nenos/as escribiron e recitaron poemas adicados a árbores autóctonas de Galicia. Trala lectura dos mesmos, plantouse unha xesta en honra ao poema de Avelino Díaz, As Xestas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario