O 5 de decembro celébrase día do Voluntariado; unha data proclamada pola Organización de Nacións Unidas en 1985 para pór en valor e recoñecer o traballo altruísta das persoas voluntarias que adican o seu tempo e enerxía para mellorar a comunidade e vida dos demais.
Este día tan significativo aproveitamos para reinvidicar e agradecer a labor que levan desenvolvendo os nosos 37 voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de Ed. Primaria dende o 24 de novembro dentro do programa de Bibliotecas Solidarias no noso centro.
Durante este curso 2025-2026 colaborarán en tarefas relacionadas coa Biblioteca Escolar e coa lectura compartida.
Así axudarán na xestión de préstamos e colocación de fondos na biblioteca escolar e no apoio a todos os usuarios/as que precisen algo (buscar información, un libro, funcionamento dalgún recurso, interpretar normas dalgún xogo...)
Tamén participarán na gravación de podcast na Radio Escolar para o goce de todos/as oíntes, así como en apadriñamentos lectores tanto con nenos/as máis pequenos do colexio como fóra do centro, preparando un contiño para os nenos/as da Escola Infantil, O Vermiño. E, finalmente, como non podía ser doutro xeito compartirán tempo coas persoas maiores da Residencia da nosa vila mentres desenvolven actividades culturais e de lecer.
Os pequenos xestos sempre serán os que máis nos engrandecen. .
Grazas polo voso traballo e esforzo, voluntarios e voluntarias.


No hay comentarios:
Publicar un comentario