BIBLIOART
Co transcurso dos meses foron chegando os retos de BIBLIO-ART e os nenos/as estiveron dispostos a afrontalos con valentía, experimentando e investigando sobre o xenial mundo da arte.
Así, en decembro, adentráronse un pouquiño na historia do enigmático artista que emprega como seudónimo Bansky, quen a pesares de ser famosísimo pouco en realidade sabemos del. Así de creativas quedaron algunhas das representacións das súas obras.
O mes de xaneiro adicámosllo a Pablo Picasso coincindo coa conmemoración, o día 30, do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, por ser un dos pintores e escultores máis representativos do cubismo, movemento artístico desenvolto a comezos do S. XX. A pomba da paz símbolo piccasiano por excelencia forma parte así da iconografía máis coñecida deste xenio malagueño.
Os alumnos/as crearon orixinais versións das súas obras, dignas de exposición.
En febreiro, a investigación e a creación plástica xirou arredor da artista galega, Maruja Mallo. De entre todas as obras desta pintora surrealista pertencente a xeración dos 27 os nenos/as traballaron sobre a obra Naturaleza viva con rosa.
Velaquí tedes as súas obras artísticas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario