DÍA MUNDIAL DA RADIO
Hoxe, 13 de febreiro, como non podía ser doutro xeito para conmemorar o DÍA MUNDIAL DA RADIO, compartimos podcasts gravados na nosa radio escolar, unha actividade que os nenos/as acollen como moitísimo entusiamo e ledicia, xa que iso de convertirse en locutores/as por un día é tan, tan gratificante...!
Temos propostas de radio moi diversas e enriquecedoras: Audiocontos con Xalín, Os venres musicais, Podcasts de presentación de Instrumentos Tradicionais Galegos, un obradoiro de Ponte nas Ondas!
Algúns deles podedes escoitalos a continuación.... A ver se sodes capaces de recoñecer as voces! Estade moi atentos/as que nas vindeiras semana teremos novos podcasts!
No hay comentarios:
Publicar un comentario