martes, 18 de febrero de 2025

UN ENCONTRO INTERXERACIONAL MOI ESPECIAL

 

      ENCONTRO ESPECIAL

Xuntar varias xeracións so pode enriquecer a ambas, tanto a nivel cognitivo como a nivel emocional.   Hoxe  algún dos nenos/as que participan como Voluntarios/as no programa de Bibliotecas Solidarias tiveron o privilexio de coñecer a Mª Carmen, unha persoa fabulosa, moi xenerosa, loitadora, chea de viviencias, moi sabia e cun don inigualable para a pintura. 

A súa acollida no centro Residencial Santa María de Meira foi moi familiar e cálida. Neste encontro contounos como foi a súa infancia especialmente no ámbito escolar,   momentos que lle marcaron e que xamais esqueceu, cales foron os seus contos e libros preferidos... Tamén nos describiu a estupenda familia que creou, como foi a súa vida laboral e  a súa gran paixón: a pintura.  

Este foi o 1º encontro dunha actividade que titulamos " Códices Vivos", onde os nenos/as a partir destas xuntanzas reflexionarán sobre a evolución dos tempos e farán unha análise de todo o aprendido. 

Infinitas grazas a Mª Carmen por brindarnos a oportunidade de aprender dende a experiencia e a emoción;  e a Laura e Tania, pola organización e colaboración en todo, sen elas tampouco sería posible. 







O vindeiro mes volveremos a xuntarnos para coñecer máis mulleres cheas de bondade e sabedoría !




No hay comentarios:

Publicar un comentario

AGASALLO LECTOR!

Nada como voltar destas curtas, pero intensas, vacacións de Entroido e recibir este marabilloso agasallo lector que nos fai Ana Meilán"...