lunes, 10 de febrero de 2025

LECTURA E FAMILIAS DE 5º E 6º: E-LBE.2

                                                                               E-LBE.2 

LECTURA  E FAMILIAS DE 5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA 

           As bibliotecas escolares dos centros educativos de titularidade da Consellería, integrados no PLAMBE, como é o caso do noso centro,  contan cun novo servizo, E-LBE. 2.  

       Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais dispoñibles para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (computador e distintos móbiles) en calquera momento e lugar.   O alumnado de 5º e 6ºde Ed. Primaria , xa ten as súas  credenciais  persoais e xa están facendo uso deste recurso máis que complementa á biblioteca física do centro. 

Mañá, 11 de febreiro de 18:00 a 18:45 a Consellería ofrece unha formación on-line para as familias. Se podedes non perdades a ocasión e inscribídevos!


Proximamente estará dispoñible para outros niveis e grupos do centro. 

Feliz lectura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

AGASALLO LECTOR!

Nada como voltar destas curtas, pero intensas, vacacións de Entroido e recibir este marabilloso agasallo lector que nos fai Ana Meilán"...