23 FEBREIRO
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Rosalía de Castro naceu o 23 de Febreiro de 1837. Foi unha poeta e novelista galega moi importante porque, nunha época na que estaba mal visto falar galego, ela seguiu escribindo neste idioma conseguindo rescatalo como lingua oficial de Galicia.
Entre as súas grandes obras destacan" Cantares Galegos", "Follas Novas" e " En las orillas del Sar".
Cabe sinalar que os seus poemas son tan famosos que ata se coñecen en países coma Rusia, Uruguay e Venezuela. Sabíadelo?
De feito, están traducidos ao francés, ao ruso, ao alemán....e ata ao xaponés!!!!
Todos os nenos/as do cole participaron hoxe nunha fermosa homenaxe á escritora para conmemorar o seu día.
Partindo do libro, Uxía, Rosalía pequeniña, (que, por certo, tedes a vosa disposición na biblioteca)
cantaron poemas musicados recollidos nel e que podedes escoitar a continuación. So tedes que premer en cada un dos enlaces. A gozar!
4º, 5º e 6º de Ed. Infantil: Has de cantar!
1º Ed. Primaria: No bico un cantar.
2º B. Ed. Primaria: Maio longo
6º Ed. Primaria: Falares de amor.
Xenial, rapaces e rapazas!! Moitas grazas a tod@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario