jueves, 13 de febrero de 2025

LECTURA E FAMILIAS

 

UN DÍA ESPECIAL CON ANA MEILÁN


 "Pensa, cre, soña, atrévete...." hoxe,  Ana Meilán, conseguiu que  nenos/as e adultos/as gozaramos a través da lectura dos seus propios contos. 

Con Bágoas debaixo da cama, vivenciamos a necesidade de expresar  libremente os sentimentos e comprender as dos demais con empatía. O que a serea esqueceu permitiunos  soñar e mirar cara o futuro con ilusión, construíndo a nosa propia cápsula do tempo, e  con Xerturdis busca traballo adentrámonos no misterioso mundo das bruxas; aínda que xa nos quedou claro que as bruxas e os nenos/as nunca se levaron ben...

Pero... agora estamos intrigadísimos/as de cómo continuará a 2º parte....!

Mil graciñas á autora e tamén graciñas  a todas as familias que nos acompañastes neste día de conto. A lectura sempre é un planazo e, en familia mellor!

Aquí vos deixamos unhas fotos do día... UN PLANAZO, non sí?

 











































Un pracer!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

AGASALLO LECTOR!

Nada como voltar destas curtas, pero intensas, vacacións de Entroido e recibir este marabilloso agasallo lector que nos fai Ana Meilán"...