lunes, 12 de abril de 2021

 

VOLUNTARIADO

En Marzo, comezou a súa andaina o alumnado de 5º Ed. Primaria como voluntariado da Biblioteca Escolar. O obxectivo é estimular a cultura  en relación coa lectura, favorecendo a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado.  

Aquí os tedes en plena acción: participando activamente na montaxe e deseño dun mural para conmemorar o DÍA DA POESÍA.

Mil grazas, rapaces e rapazas, polo voso impecable traballo!!



 


        ESPAZO MAKER

      O 1 de Febreiro inaugurabamos, na casiña de Xalín, un novo recuncho, O ESPAZO MAKER. Un lugar para a creación, a imaxinación, o xogo....

    Desde ese día moitos nenos/as non faltaron a súa inesquecible cita, medrando mentres resolvían puzzles individualmente,imaxinando novas figuras construindo legos, aprendendo habilidades sociais grazas a xogos en parellas (sempre respectando a norma de ser compañeiros/as de aula)...

    Xalín non pode resistirse a sorrir cada día un pouquiño máis e xa está pensando en novos recursos para que os seus visitantes asistan con ilusións e motivacións renovadas... Se tes algunha suxerencia non deixes de escribirlle unha nota ou unha carta!! Seguro que estará encantado de ler as túas palabras!!






martes, 9 de marzo de 2021

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 24 DE FEBREIRO-  DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO                                                                                                                                                                                                                       Cada ano, o 24 de Febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal cuxa obra segue mantendo intacta a súa viveza e forza, así como a súa universalidade.                                                                                                                                                                                                                                                                                                 O noso alumnado rendiulle unha fermosa homenaxe a través dun emotivo recitado dos seus poemas, coa mirada cargada de ilusión e o corazón de bos sentimentos e sensacións. Un verdadeiro agasallo para os sentidos!!!



 


lunes, 8 de marzo de 2021

 8M- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de Marzo, no Día Internacional da Muller, conmemórase no mundo a loita pola igualdade efectiva dos dereitos entre homes e mulleres. 

Todos os nenos/as do Ceip Plurilingüe Poeta Avelino Díaz participaron na elaboración dun gran mural para rendirlle unha fermosa homenaxe a todas as mulleres loitadoras e traballadoras que teñen nas súas vidas e que os inspiran no día a día. Sen dúbida, son as que mellor representan o espírito do 8M.  

Aportando as súas fotos, e como non podía ser doutro xeito moi orgullos@s das súas BISAVOAS, AVOAS, NAIS, IRMÁS, TÍAS, MADRIÑAS, CURMÁS... reivindicaron a necesidade dun mundo máis igualitario, onde homes e mulleres, nenos e nenas, teñan as mesmas oportunidades. 





lunes, 15 de febrero de 2021

 

 RECEITAS DE ENTROIDO

No Entroido a comida complementa á parte lúdica dos disfraces e á festa e temos  como protagonistas principais "As Laconadas" e "Os cocidos" acompañados de todo tipo de doces: filloas, orellas, rosquillas, chulas, bicas....

Os nosos nenos/as, axudados polas súas familias, decidiron facer unha magnífica recompilación de receitas típicas de entre o amplo abano que nos ofrece a gastronomía galega. A verdade é que Xalín, non sabe por cal decantarse, todas lle parecen tan apetitosas e saborosas... e vós? Deixámosvos unha pequena selección delas. 

Animádesvos a preparar algunha na vosa casiña? 

Se é así.... BO PROVEITO!!!

















sábado, 6 de febrero de 2021

 

   Xalín consciente da importancia do xogo no desenvolvemento cognitivo e social dos nenos/as pensou en habilitar un novo espazo na súa casiña. Así, esta semana inauguramos ese novo recuncho, un espazo maker, un espazo para o xogo e a construción. Un lugar onde crear, imaxinar, soñar e medrar.

 A acollida por parte do alumnado do centro foi formidable.... Se ti aínda non puideches vir, anímate!!! Non podes perder esta oportunidade!!!


Deixámosvos algunhas fotos desta inesquecible estrea!!!






domingo, 31 de enero de 2021

 

              30 de XANEIRO - DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

"Debuxando un mundo en paz", así é como titulamos o mural de todo o centro educativo co que conmemoramos o Día da Ilustración e o Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Baixo este lema, e aproveitando a obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, pretendemos reflexionar sobre a necesidade de abrir a nosa mente, baleirala de prexuízos e enchela só de comprensión, empatía, respecto, diversidade e liberdade. 

Construír un mundo mellor baixo as regras da tolerancia, solidariedade, altruísmo e amor é posible, non obstante, soamente o acadaremos co compromiso colectivo e a aceptación da responsabilidade individual na súa consecución.

GRAZAS A TOD@S POLO VOSO COMPROMISO! 

Aquí vos deixamos algunhas fotiños...








sábado, 23 de enero de 2021

     


        O prometido é débeda, así que hoxe imos presentarvos a actividade que preparou Xalín para a conmemoración do mes da Ciencia: "ELABORACIÓN DE XABÓN". Imaxinades por que escolleu este experimento? 

    Seguro que nuns segundos atopades a resposta. So tedes que pensar na práctica cotiá que tod@s levamos a cabo para protexernos do coronavirus e que tanta importancia ten hoxe en día, máis que nunca. 

    Non obstante, dicirvos que todo este proceso foi posible grazas á familia de dúas alumnas do cole, Angela e Belén Basanta Rivas, quenes se brindaron a colaborar co centro dándonos a coñecer o segredo para a súa elaboración. Aproveitamos, de feito, dende este medio, para trasladarlle o noso reiterado agradecemento. 

    E sen máis deixámosvos coas fotos e vídeos que amosan o moito que gozaron os nen@s desta    proposta, por, se ademais, vos queredes animar a probar na casiña!!!





           


 Decontado traeremos máis novidades!!! 






martes, 12 de enero de 2021

Inglés 6º primaria

Inglés 5º primaria

Inglés 4º primaria

Inglés 3º primaria

Inglés 2º

 Hello with Gogo

What is your name?

Clap your hands song


Inglés 2º B

Inglés 1º primaria


Hello Song

Hello with Gogo

 How are you

Numbers 1-5 song

Numbers 1-10 song

What´s your name? Song



Inglés 3 anos

Inglés 5 anos

Inglés 4 anos

lunes, 11 de enero de 2021

 

     UN RATIÑO CON XALÍN. UN SORBO DE LECTURA NO PATIO.

 Non hai mellor maneira de darlle a benvida a este 2021 que deixarse aloumiñar pola lectura nos tempos de lecer e mais, se cabe,  hoxe no noso sollío patio. Grazas os voluntari@s de 6º por brindarse a participar nesta fermosa actividade e permitirnos a tod@s os oíntes soñar e viaxar con el@s.  


A lectura é, sen dúbida, a chave universal que abre todas as portas... a auga capaz de mitigar a máis insaciable sede. 



Deixádevos empapar deste sorbos tan fresquiños....




martes, 22 de diciembre de 2020

 

ABRÍMOSLLE A PORTA AO NADAL!!!

E así, nun abrir e pechar de ollos  chegou o NADAL!! Unha época máxica de ilusión, esperanza , sentimentos e... cargadiña de AGASALLOS!!
Este ano os alumnos e alumnas de 6º quixeron debuxarnos a tod@s un sorriso cun fermosísimo  agasallo lector que nos deixa unha mensaxe chea de positivismo para comezar o 2021 cos mellores desexos que nos poidamos imaxinar. 
 


 
 
 
FELICES FESTAS!!

REVISTA PETISCOS 2025-2026

  REVISTA PETISCOS  2025 /2026 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca despois dunha intensa viaxe dentro e fóra das aulas. Nestes dez me...